(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Rafael Estrada Arnaiz no Álbum da ciencia
culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Rafael Estrada Arnaiz

Militar, científico e escritor

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Bugallo, Ánxela
  • Data de alta: 16/11/2012

Galeria


Retrato de Rafael Estrada Arnaiz. Museo Naval de Madrid.

Como citar esta páxina:

  • Bugallo, Ánxela ([2012], “Rafael Estrada Arnaiz”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 27/09/2024] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=375
Untitled Document

Retrato de Rafael Estrada Arnaiz. Museo Naval de Madrid.

Datos biográficos:

  • Nacemento: Ferrol (A Coruña) 1884
  • Falecemento: Madrid 1956
Fillo de Ramón Estrada Catoira, xeneral da Mariña e coñecido escritor –“Estrada, marino e hijo de marino, escritor e hijo de escritor...”, que describiría Cela (1957)-, ingresou na Escuela Naval Flotante (fragata Asturias) en 1899, obtendo o grao de garda mariña en 1902 e abandonando a Escuela, como alférez de navío, seis anos despois. Participou en numerosos feitos militares (co cruceiro Extremadura en Inglaterra, Alemaña e Rusia e nos sucesos de Casablanca) que lle valeron abondosas condecoracións e varios ascensos. Xa como tenente de navío, cursou estudos da especialidade de hidrografía e embarcado no iate real Giralda, participou nas primeiras probas da telegrafía sen fíos, sendo ascendido a capitán de corveta en 1920.

Dedicouse con especial interese ao estudo da Hidrografía e da Astronomía náutica, participando activamente, a bordo do buque Urania, nos levantamentos hidrográficos das rías galegas e da costa de Marrocos. Foi o representante gobernamental na primeira Conferencia Hidrográfica Internacional Extraordinaria, celebrada en 1929 en Mónaco, e na Conferencia Internacional de Balizamento e Alumeado de Costas, que tivo lugar en Lisboa no ano 1931, escribindo sobre ambas citas monografías informativas na Revista General de la Marina. Asistiu ao Congreso da Unión Xeodésica e Xeofísica Internacional reunido en Lisboa en 1933, como comisionado para representar a España, e ao regresar desta comisión realizou o curso da Escuela de Guerra Naval.

Elixido presidente (Santiago, 1934) da Sección de Astronomía, Xeodesia, Xeofísica e Xeografía da Asociación Española para el progreso de las Ciencias, que chegaría a presidir, participou en reunións posteriores desta asociación, presentando comunicacións e lendo discursos sobre temas históricos ou relacionados co progreso da náutica. Tras participar na Guerra Civil no bando franquista, ascendeu a contraalmirante en 1938. A partir desa data ocupou varios cargos na administración pública: subsecretario xeral do Ministerio de Mariña, ascendendo en 1939 a secretario xeral; vogal do Consejo Superior de Investigaciones Científicas; presidente delegado do Instituto Nacional de Industria en el Sector Naval; vogal do Consejo Ordenador de la Marina Mercante e presidente delegado do Instituto Social de la Marina. Paralelamente ao desempeño destes cargos, acadará os postos de Comandante xeral de Escuadra e Almirante xefe do Estado Maior da Armada, pasando en 1954 á reserva.

A navegación e a súa relación coa Xeofísica

Segundo recollen Palau e Ponce (1943), Estrada publicou en colaboración con Eugenio Agacino un Tratado de Navegación en 1919. Ao ano seguinte, apareceu a terceira edición de Colección de tablas para los usos de Navegación y Astronomía Náutica, da que é coautor xunto con José Mendoza. O gran peso da súa produción científica aparece recollido na Revista General de la Marina. Tratábanse a miúdo de comentarios de actualidade sobre novos avances dos temas que lle interesaban, como “Nuevo aparato para hallar la dirección del meridiano magnético” (Estrada, 1923b), onde da a coñecer o aparello presentado por Jorge Espinosa de los Monteros no congreso de 1921 da Asociación Española para el progreso de las Ciencias; ou “La Oficina Hidrográfica Internacional” (Estrada, 1923c), na que describe a historia e funcións da institución. Posteriormente, publica unha serie de artigos baixo o título “La nueva navegación astronómica” (Estrada, 1924), que é un extracto do traballo do italiano Alberto Alessio, no que recolle a historia da navegación astronómica e analiza o novo procedemento de cálculo do punto aproximado, e a súa xeneralización. Na parte final, Estrada fai algunhas consideracións sobre a nova navegación astronómica, con exposición dalgún exemplo en táboas e cunha defensa férrea das novas especializacións técnicas dos tripulantes. Nos anos seguintes continuará tratando o tema con novos artigos como “La moderna navegación astronómica” ou “De náutica astronómica”.

Cómpre citar o traballo “Aplicaciones de la acústica submarina” (1923a), no que Rafael Estrada se refire ao novo sistema de sondar polo procedemento de eco e onde describe os hidrófonos biauriculares e compensados e o sondador acústico de Mr. H. Hayter. Volveu a tratar este tema, dando conta de novos avances, noutro artigo titulado “Los sondadores acústicos y los ultraacústicos” (1925), no que analiza os distintos tipos de sondadores acústicos segundo se baseen no método do ángulo de reflexión, de medida directa do tempo, de disco xiratorio Fessenden,... e describe, entre outras, a sonda ultra acústica Langevin-Chilowsqui-Florisson.

Un dos temas polos que sentiu unha especial vocación foi a Historia da navegación en xeral, e da Armada en particular, que trataba en artigos como “Medio siglo a través de la Revista General de Marina” ou “La carta náutica más antigua que España conserva”. Mais tamén en completas biografías sobre determinadas figuras célebres polos seus combates, como o almirante Antonio de Oquendo, ou por que conxuntan, ao igual que el, unha carreira na Armada e unha vocación científica, como Martín Fernández de Navarrete.

Na súa conferencia Jorge Juan y Antonio de Ulloa en el Perú, lida na Escuela Naval Militar e publicada en 1931, repasa o problema que sobre a forma e dimensións da Terra se deu na Academia de Ciencias de París, e as circunstancias históricas que fixeron que estes dous mariños participaran na expedición ao Perú, facendo unha recompilación dos logros científicos acadados. Outra parte da súa obra céntrase nas viaxes: “Una visita a las islas de la Madera, Azores” e Un crucero por Argelia y Túnez achégannos ao escritor viaxeiro.

Estrada pertenceu a numerosas asociacións científicas e culturais: Real Academia Hispano-Americana de Ciencias y de Artes de Cádiz, Real Academia Galega, Xunta de investigacións histórico-bibliográficas da Real Academia de Ciencias e Real Academia Española. No seu ingreso nesta última, o 24 de maio de 1945, dálle a réplica José María Pemán Pemán (1945) quen o describe como un home vivaz, “sus ojos puntiagudos y vivos, detrás del cristal de sus gafas están prestos a todo”.

O almirante Estrada Arnaiz finou en Madrid en 1956, o mesmo ano no que fora nomeado presidente, entre 1956 e 1958, do Ano Xeofísico Internacional, cargo no que foi ratiticado a pesar do seu falecemento, en honra ao seu gran labor e como recoñecemento unánime e internacional da súa figura. Un ano despois da súa morte, ocupa a súa cadeira (Q) na Real Academia Española outro galego, Camilo José Cela, quen no seu discurso de ingreso falou de Estrada Arnaiz como “arquetipo de la cálida fusión, del siempre soñado y cantado maridaje de las armas y las letras...esa aparente antítesis”. A estas habería que engadirlle unha terceira, as ciencias, a súa vocación unida a súa profesión.



Bibliografía:




Fontes mecanoscritas:

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1900): Un crucero por Argelia y Túnez. Texto mecanografiado, s.n. Biblioteca Nacional.

Fontes impresas:

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1923a): Aplicaciones de la acústica submarina, Revista General de la Marina, I: 437-579.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1923b): Nuevo aparato para hallar la dirección del meridiano magnético, Revista General de la Marina, II: 339-348.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1923c): Nuevo La Oficina Hidrográfica Internacional, Revista General de la Marina, II: 587-604.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1924): La nueva navegación astronómica, Revista General de la Marina, I: 27-45, 195-213, 471-490, 629-651, 754-768, 785-807.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1925): Los sondadores acústicos y los ultraacústicos, Revista General de la Marina, I: 478-498, 615-638, 745-770.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1925): Los sondadores acústicos y los ultraacústicos, Revista General de la Marina, II: 47-61, 195-201.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1926): La moderna navegación astronómica, marítima y aérea. Los faros ultraacústicos, Revista General de la Marina, XCIX.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1927a): De Náutica Astronómica. El «Nautical Magazine» y Mr. Goodwin. Breve comentario [al estudio sobre navegación moderna del contralmirante D. Luis Ribera].

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1927b): Medio siglo a través de la Revista General de Marina, Revista General de la Marina, C.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1927c): A propósito de la biografía del Almirante Lobo, Revista General de la Marina, C.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1928a): De Náutica Astronómica, Revista General de la Marina, CI.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1928b): La educación técnica de los náuticos,Boletín Náutico, Barcelona.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1929a): Epistolario interesante, Revista General de la Marina, CII.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1929b): La Conferencia Hidrográfica Internacional de 1929, Revista General de la Marina, CII.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1929c): Centenario del sabio e ilustre marino D. Gabriel Ciscar, Revista General de la Marina, CII.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1930a): La carta náutica más antigua que España conserva, Revista General de la Marina.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1930b): El viaje de 1as corbetas «Descubierta» y «Atrevida», y los artistas de la expedición 178911794. (Conferencia en el Museo de Arte Moderno. Publicada en la Revista General de la Marina, Madrid.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1931): Figura marítima que desaparece, Revista General de la Marina.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1931): Jorge Juan y Antonio de Ulloa en el Perú, San Fernando: Imp. de la Escuela Naval Militar.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1932): Una visita a la isla de la Madera y Azores, Revista General de la Marina.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1934): Traducción de la Victoria en el mar, obra del Almirante William Sowden Sims, Madrid.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1935): Panorama Náutico Astronómico, Las Ciencias, II, 1.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1941): El progreso de la Náutica. XVI Congreso de la Asociación Española para el Progreso de las Ciencias, 1940, Zaragoza: Asociación Española para el Progreso de las Ciencias.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1942): Las conquistas geográficas portuguesas, Las Ciencias, VIII, 1.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1943): El Almirante Don Antonio de Oquendo, Madrid: Espasa Calpe.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1944): Don Martín Fernández de Navarrete: gran geógrafo, erudito investigador histórico e ilustre marino, Las Ciencias, IX, 4.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1945): Sobre la mar, Discurso leido ante la Real Academia Española en la recepción pública del Excmo. Sr... D. Rafael Estrada Arnaiz el dia 24 de Mayo de 1945, San Fernando: Dpto. De Cádiz- Sección Tipográfica.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1946): Guipúzcoa en la mar, XIX Congreso de la Asociación Española para el progreso de las ciencias, Madrid: Asociación Española para el Progreso de las Ciencias.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1950a): La influencia del mar en la Historia de España, Zaragoza: Institución “Fernando el Católico” (C.S.I.C.) de la Diputación Provincial de Zaragoza.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1950): El eco y los perfiles oceánicos, Las Ciencias, XV, 4.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1951): El progreso científico a bordo de los buques, Zaragoza: Asociación Española para el Progreso de las Ciencias.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1951): El progreso científico a bordo de los buques, Madrid: Asociación Española para el Progreso de las Ciencias.

ESTRADA ARNAIZ, Rafael (1951): Discurso de contestación al de ingreso en la Real Academia Hispano-Americana de Cádiz del Ilmo. Sr. D. Joaquín Cantero Ortega, Cádiz: Dpto. Cádiz.

MARTÍNEZ DE CAMPOS Y SERRANO, C. (1950): Discurso leído en el acto de su recepción el día 29 de enero de 1950 / por el Excelentísimo Señor General de División Carlos Martínez de Campos y Serrano; y contestación del Excelentísimo Señor Almirante Rafael Estrada y Arnaiz, Madrid: Real Academia Española.

PALACIOS MARTÍNEZ, J. (1953): El Lenguaje de la física y su peculiar filosofía: discurso de recepción del Excmo. Sr. D. Julio Palacios Martínez leído el 13 de diciembre de 1953, y contestación del Excmo. Sr. D. Rafael Estrada Arnáiz. Madrid: Real Academia Española.


Bibliografía secundaria:

ANÓNIMO (1956): Necrológica. 19 octubre 1956. Edición de la mañana ABC, p.44.

CELA, Camilo José. (1957): La obra literaria del pintor Solana: discurso leído ante la Real Academia Española el 26 de mayo de 1957, Madrid: Alfaguara.

FERNÁNDEZ FLÓREZ, W. (1956): El Almirante Estrada, Boletín de la Real Academia Española, XLV, XXXVI, CXLIX: 338.

PALAU CLAVERAS, E.; PONCE (1943): Ensayo de Bibliografía Marítima española, Barcelona: Casa Provincial de Caridad.

PEMÁN, José María (1945): Discursos leídos ante la Real Academia Española en la recepción pública del Excmo. Sr. Almirante Rafael Estrada, San Fernando: Dep. De Cádiz-Sección Tipográfica.