(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Arao romeiro - Wikipedia, a enciclopedia libre
Arao romeiro

Na península de Westfjords, Islandia


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Lari
Familia: Alcidae
Xénero: Alca
Linnaeus, 1758
Especie: A. torda
Nome binomial
'Alca torda'
Linnaeus, 1758

O arao romeiro[2] (Alca torda) é unha ave palmípede, tamén coñecida como carolo[3] ou aro ñopo[4].

Características

editar

É unha ave grande, 38–43 cm de lonxitude e 60–69 cm de envergadura; o peteiro, ancho e escuro, ten manchas brancas. Os exemplares adultos teñen a plumaxe negra co peito e ventre branco. Aliméntanse de peixes, e tamén de crustáceos e vermes mariños. Habita nas illas e buratos protexidos dos cantís do Atlántico Norte ata Maine e o norte de Francia polo sur. Cría en colonias, moitas veces asociado ao arao dos cons, e deixan os seus ovos nas rochas. Os norteamericanos migran de Terra Nova a Nova Inglaterra, mentres os eurasiáticos pasan o inverno no mar; algúns mesmo chegan ao Mediterráneo Occidental.

En Galicia é bastante común como ave invernante, procedente de Gales e Escocia.

Galería

editar
  1. BirdLife International (2012). "Alca torda". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carolo.
  4. Ñopo=curto de vista. M. do Carme Ríos Panisse (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago [1]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lavers, J.L.; Hipfner, M.J.; Chapdelaine, G.C. (2009). The Birds of North America 16. Philadelphia, PA: The Birds of North America, Inc. </ref>