(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Machine Head - Wikipedia, a enciclopedia libre

Machine Head é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Oakland (California).[1][2] Formada o 12 de outubro de 1991, o grupo foi fundado polo guitarrista e vocalista Robb Flynn e o baixista Adam Duce. A día de hoxe está composta por Flynn, o batería Dave McClain, o guitarrista Phil Demmel e o baixista Jared MacEachern. Machine Head é unha das bandas pioneiras da new wave of American heavy metal.

Machine Head
OrixeOakland (California), Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1991 - presente
Xénero(s)heavy metal, thrash metal, groove metal, nu metal
Selo(s) discográfico(s)Roadrunner, Nuclear Blast
MembrosRobb Flynn
Dave McClain
Phil Demmel
Jared MacEachern
Antigos membrosLogan Mader
Adam Duce
Tony Costanza
Chris Kontos
Walter Ryan
Ahrue Luster
Artistas relacionadosVio-lence
Na rede
machinehead1.com
IMDB: nm1573324 Facebook: MachineHead Twitter: MfnH Instagram: machine_head Tumblr: machinehead MySpace: machinehead Youtube: UC5mX9jQdmMRzCLfOJmeyhsg Souncloud: machinehead1 Spotify: 0lVlNsuGaOr9vMHCZIAKMt iTunes: 16638695 Last fm: Machine+Head Musicbrainz: 22a1f4d7-81ff-4216-ac06-3387da6bc118 Songkick: 211247 Discogs: 251684 Allmusic: mn0000221445 Deezer: 536 Genius: Machine-head Editar o valor en Wikidata

Machine Head naceu cando Flynn se sentiu musicalmente insatisfeito coas súas bandas Forbidden e Vio-lence e pediu comezar un proxecto paralelo. Cando lle negaron esta petición, deixou os grupos e formou Machine Head en 1991 con Duce, Logan Mader e Tony Constanza. O primeiro álbum da banda, Burn My Eyes, foi un grande éxito en Europa onde chamaron a atención do programa Headbangers Ball da MTV. Nos Estados Unidos (onde o programa foi retirado durante o movemento grunge) Machine Head non tería éxito ata álbums posteriores.

O grupo estivo a piques de separarse en 2002 despois de que fallasen as negociacións co seu selo, Roadrunner Records, no medio da controversia que rodeu ao seu cuarto álbum Supercharger (editado tres semanas despois dos atentados do 11 de setembro de 2001) fixo que o tema "Crashing Around You", que tiña un vídeo no que saían edificios ardendo, fose retirado de todos os medios de comunicación. A banda volveu a asinar con Roadrunner pouco despois e editou catro álbums dende entón, Through the Ashes of Empires en 2003, The Blackening (co que a banda conseguiu a súa primeira nomeación aos Grammy) en 2007, Unto the Locust en 2011 e Bloodstone & Diamonds en 2014.

Discografía

editar
Álbum Ano Selo
Burn My Eyes 1994 Roadrunner Records
The More Things Change... 1997 Roadrunner Records
The Burning Red 1999 Roadrunner Records
Supercharger 2001 Roadrunner Records
Through the Ashes of Empires 2003 Roadrunner Records
The Blackening 2007 Roadrunner Records
Unto the Locust 2011 Roadrunner Records
Bloodstone & Diamonds 2014 Nuclear Blast
Catharsis 2018 Nuclear Blast
  1. Strong, Martin C (1998). Crown Publishing, ed. The Great Rock Discography. p. 16. ISBN 0-8129-3111-4. 
  2. Larkin, Colin (1995). Guinness Publishing, ed. The Guinness Encyclopedia of Popular Music. p. 2655. ISBN 1-56159-237-4. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar