Troia
Troia (grego antigo: Τροία, Troia ou Τροίας, Troias e Ἴ
(grc) Τροία | |||||
Tipo | xacemento arqueolóxico | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Mitoloxía grega | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Provincia de Çanakkale, Turquía e Çanakkale, Turquía | ||||
Localización | Hisarlik | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Superficie | 158 ha | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | ||||
Data | 1998 (22ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (vi) | ||||
Identificador | 849 | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 3000 a. C. | ||||
Data de disolución, retirada ou demolición | 500 | ||||
Cronoloxía | |||||
Guerra de Troia | |||||
Páxina web | muze.gov.tr… | ||||
A Troia histórica estaba situada no estreito dos Dardánelos (Helesponto), entre os ríos Escamandro (ou Xanto) e Simois, e ocupaba unha posición estratéxica no acceso ao Mar Negro (Ponto Euxino).
Historia
editarTroia (Ílion), cidade que, de acordo coa lenda grega, na narrativa de Homero na Ilíada, foi capturada polos gregos que tiñan por rei e xefe a Agamenón, despois dun sitio de dez anos. A Troia histórica foi descuberta por Heinrich Schliemann (1822-1890), en Hissarlik, no noroeste da Asia Menor, poucas millas no interiro do continente, a partir do mar Exeo. Schliemann era un comerciante alemán rico que dedicou os últimos 20 anos de vida á busca da cidade lendaria. As escavacións que dirixiu el entre 1870 e 1890, e por outros, posteriormente, revelaron nove períodos de ocupación. Os primeiros cinco pertencen á Idade de Bronce, entre 3000 e 2000 a. C. Troia II, en particular, foi unha comunidade que floreceu, con magníficas fortificacións e construcións domésticas, mais acabou sendo destruída por un grande incendio. Troia VI foi palco do influxo de novos colonizadores, que trouxeron cabalos, porén un terremoto arrasou a cidade, por volta do ano 1700 a. C.
Seguiu Troia VII, que se identifica coa Troia de Homero, e que enfrontou a esta cidade coa grega de Micenas, por volta do ano 1000 a. C. Tivo unha fase curta, pois a cidade logo foi destruída por un incendio. As indicacións son de que ese non foi un desastre accidental e de que estaba vinculado á captura da cidade por inimigos. Permaneceu desocupada probabelmente durante 400 anos, até o xurdimento de Troia VIII. Troia IX foi estabelecida no período romano.
Cine
editarA historia da guerra de Troia foi levada ao cine en varias ocasións.
Notas
editar- ↑ Trōia is the typical Latin name for the city. Ilium is a more poetic term: Lewis, Charlton T.; Short, Charles. "Ilium". A Latin Dictionary. Tufts University: The Perseus Digital Library. Consultado o 2018-04-22.
- ↑ Korfmann, Manfred O. (2007). Winkler, Martin M, ed. Troy: From Homer's Iliad to Hollywood Epic. Oxford, England: Blackwell Publishing Limited. p. 25. ISBN 978-1-4051-3183-4.
Troy or Ilios (or Wilios) is most probably identical with Wilusa or Truwisa ... mentioned in the Hittite sources
- ↑ Burney, Charles (2004). "Wilusa". Historical dictionary of the Hittites. Metuchen, N.J: Scarecrow Press. p. 311. ISBN 978-0-8108-4936-5.