(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Juan Ginés Sánchez Romero - Wikipedia, a enciclopedia libre

Juan Ginés Sánchez Romero

futbolista español

Juan Ginés Sánchez Romero, nado o 15 de maio de 1972 en Aldaia (Valencia) é un exfutbolista que xogaba na demarcación de dianteiro centro, que destacaba polo seu oportunismo.

Infotaula de personaJuan Ginés Sánchez Romero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Aldaia, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl Romario d'Aldaia Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1991-1993 Valencia Club de Fútbol Mestalla 20(5)
1992-1994 Valencia CF 17(3)
1993-1994cesión RCD Mallorca 37(16)
1994-1999 Celta de Vigo 159(38)
1999-2004 Valencia CF 125(27)
2004-2006 Celta de Vigo 23(5) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1992-1993   España sub-21 5(0)
1998-1998   España 1(0) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formouse nas categorías inferiores do Valencia CF, debutou co primeiro equipo na tempada 1992/93. Para ter a oportunidade de xogar máis minutos marchou cedido ao RCD Mallorca na Segunda División, onde completou unha gran tempada. O que non lle valeu para ter un sitio no Valencia pero si para que o Celta de Vigo o fichase como parte do traspaso do defensa Xurxo Otero ao Valencia.

Militou no Celta cinco tempadas a moi bo nivel, sobre todo a última na que disputou a Copa da UEFA e anotou 13 goles en Liga, o que lle valeu a convocatoria para disputar un encontro amigábel coa Selección de fútbol de España e que o Valencia o fichase por un traspaso millonario.

No Valencia comezou contando coa confianza do técnico, Héctor Cuper. Foi un home importante no segundo subcampionato da Copa de Europa consecutivo no ano 2001, ao anotar dous goles nas semifinais ante o Leeds United que foron decisivos. Tamén se proclamou campión da Copa da UEFA no ano 2004 e dúas veces campión de Liga (2001/02 e 2003/04).

Coa chegada de Rafael Benítez foi perdendo protagonismo ata que volveu a Vigo na tempada 2004/05 buscando minutos, o Celta acababa de descender a Segunda División e Sánchez colaborou ao ascenso con cinco goles. A tempada seguinte foi a última do xogador como profesional.

Trala súa retirada formou parte do equipo técnico do Valencia CF ata o ano 2008. No ano 2009 asumiu o cargo de Director Deportivo do RE Mouscron[1], ata a desaparición do club, compartindo o cargo con Amedeo Carboni[2].

No verán de 2011 volve ao organigrama do Valencia, formando parte da estrutura de captación e secretaría técnica da Escola do club.

Ao mesmo tempo xoga cos veteranos do Valencia CF e participa na Liga de Fútbol Indoor co mesmo club.