Amador Barcia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1917 Regoela, España |
Morte | 23 de febreiro de 2007 (89/90 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Cronoloxía | |
13 de decembro de 1946-20 de decembro de 1946 | evasión do Santa Teresa |
Amador Barcia Fernández, coñecido como Xicos, nado en Regoela (Cabanas)[1] en 1917 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 2007, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no grupo que intentou cortar o paso do exército sublevado que desde Ferrol se dirixía cara a Pontedeume. Detido o 4 de setembro de 1936 con varios compañeiros, conseguiu saltar do camión que os conducía ao cemiterio de Sillobre (Fene), onde ían ser fusilados. Formou con familiares e veciños da súa parroquia un dos primeiros grupos guerrilleiros antifranquistas, actuando na zona de Pontedeume ata 1946. O seu grupo axustizou un confidente e dous falanxistas en Cabanas en 1937.[2] O 13 de decembro de 1946 logrou marchar, dende O Vicedo, rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Volveu a Galicia en 1972 por pouco tempo e retornou definitivamente en 1982. Finou na Coruña o 23 de febreiro de 2007.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Vilar Pereira e foi pai de Libertad Barcia Vilar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Máiz, Bernardo; op.cit. páx.167
- ↑ "A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 04 de agosto de 2020.
- ↑ La Voz de Galicia, 24-2-2007, p. 47.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Xerais, 1988.
- Vázquez Arias, Juan Carlos (2017). "Fuxidos de Soaserra y Regoela (Cabanas)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (24): 7–47. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A evasión guerrilleira no “Santa Teresa” Arquivado 20 de marzo de 2017 en Wayback Machine.