Filipe I de Tarento
Filipe I de Tarento (en italiano: Filippo I di Taranto, francés: Philippe Iº de Tarente, grego: Φίλιππος
Á morte do seu sogro Nicéforo asumiu tamén o título de «déspota de Romania». A revolta contra os anxevinos en Sicilia conduciu á guerra das Vésperas sicilianas, na que Filipe foi derrotado en 1299 por Frederico II de Sicilia, quen o mantivo prisioneiro até 1302. Co fin de adquirir novos territorios, en 1309 repudiou á súa esposa por cargos de adulterio e casou con Catarina de Valois-Courtenay, emperatriz titular latina, aínda que estaba comprometida con Hugo V de Borgoña, rei titular de Tesalónica. Á súa morte en 1332 todos os seus títulos pasaron a Roberto de Tarento, o fillo máis vello do seu segundo matrimonio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Príncipe de Tarento
[editar | editar a fonte]Filipe naceu en Nápoles, fillo máis novo de Carlos II de Nápoles e María de Hungría, filla do rei Estevo V de Hungría.[1] O 4 de febreiro de 1294, o seu pai nomeouno príncipe de Tarento en Aix-en-Provence, e o 12 de xullo de 1294 foi ascendido a Vigairo Xeral do Reino de Sicilia.[1] Estas honras foron o preludio do plan de Carlos para crear un suposto imperio no Adriático para Filipe. O día en que foi investido como Vigairo Xeral, casou por poder con Tamar Anxelina Comnena, filla de Nicéforo I Comneno Ducas, déspota de Epiro[2]. Ameazado polo Imperio bizantino, Nicéforo decidira buscar a protección dos anxevinos, e acordou o matrimonio entre Tamar e Filipe. Os dous casaron o 13 de agosto de 1294 en L'Aquila. Despois do seu matrimonio, Carlos cedeu a Filipe a soberanía sobre Acaia e o Reino de Albania, así como todos os seus dereitos ao Imperio latino e o Señorío de Vlaquia[3]. Pola súa banda, Nicéforo cedeu como dote da súa filla as fortalezas de Vonitsa, Vrachova, Gjirokastra e Naupacto, situadas en Etolia, ademais de aceptar a sucesión deste por enriba do lexítimo herdeiro, o seu fillo Tomé. Á morte de Nicéforo (c. 1297), Filipe tomou o título de «déspota de Romania», reclamando Epiro, Etolia, Acarnania, e Vlaquia[4]. Con todo, a viúva de Nicéforo, Ana Cantacucena, proclamou ao seu fillo Tomé como lexítimo déspota de Epiro e asumiu a rexencia.
Guerra de Sicilia
[editar | editar a fonte]Como Vigairo Xeral do Reino de Sicilia, preparou a invasión da illa en novembro de 1299. Cun exército formado por cincuenta galeras, numerosas tropas e nobres, cercou Trapani[5]. Frederico II, rei de Sicilia da casa de Aragón, reuniu as súas tropas en Castrogiovanni e marchou para levantar o sitio de Trapani, atopándose co exército de Filipe en Falconara. Na batalla de Falconara, Frederico II e os comandantes Blasco de Alagón o Vello, Ramón III de Moncada, cos almogávares de Berenguer de Entenza e de Montcada, derrotaron a Filipe e fixérono prisioneiro. Non foi liberado até 1302, cando se asinou o Tratado de Caltabellotta.
Príncipe de Acaia
[editar | editar a fonte]En 1306, Filipe de Savoia e Isabel de Villehardouin, o príncipe e a princesa de Acaia, visitaron a corte de Carlos en Nápoles. Filipe de Savoia foi acusado de deslealdade e falta de apoio a Carlos nunha campaña contra Epiro[6]. Xa que Isabel non solicitara o consentimento do seu señor feudal antes de casar con el, Carlos desposuíunos do Principado de Acaia e outorgouno directamente a Filipe de Tarento o 5 de maio de 1306[7]. Filipe fixo unha única visita persoal a Acaia pouco despois de aceptar a homenaxe dos seus vasalos en Glarentza e emprender unha campaña sen éxito contra o Despotado de Epiro. Deixou a Guido II de la Roche, duque de Atenas, como o seu bailío en Acaia[8]. Pola súa banda, o 11 de maio de 1307, Filipe de Piemonte renunciou formalmente ás súas pretensións sobre o territorio.
Emperador titular latino de Constantinopla
[editar | editar a fonte]En 1309, acusou de adulterio a Tamar, o que probabelmente foi unha acusación falsa. Isto liberouno para tomar parte nun complexo pacto matrimonial[9]. Catarina de Valois-Courtenay, que retiña os dereitos sobre o derrocado Imperio latino estaba comprometida con Hugo V de Borgoña, que retiña os dereitos do Reino de Tesalónica.[10]. Este compromiso rompeu, e Catarina casou con Filipe en Fontainebleau o 29 de xullo de 1313[11]. A cambio, as súas terras maternas en Courtenay e outras propiedades no continente foron cedidas a Xoana de Borgoña, a irmá de Hugo V, que casou co medio irmán de Catarina, Filipe de Valois. Hugo V comprometeuse con Xoana de Francia, despois condesa de Borgoña e Artois. Filipe de Tarento cedeu o Principado de Acaia a Matilde de Hainaut, que casou co irmán de Hugo V de Borgoña, Lois, o 29 de xullo de 1313[12]. Esta doazón, con todo, foi restrinxida: se a parella morría sen herdeiros, o principado tería que volver á Casa de Borgoña mentres que Matilde gozaría do usufructo polo resto da súa vida, sempre que non volvese a casar novamente sen o permiso do seu señor Filipe. Para completar a separación de dereitos entre Oriente e Occidente, Hugo V de Borgoña cedeu os seus dereitos no Reino de Tesalónica en favor do seu irmán Lois, mentres que este renunciaba aos seus dereitos sobre a herdanza dos seus pais en favor do seu irmán Hugo. O compromiso do fillo máis vello de Filipe de Tarento, Carlos, con Matilde de Hainaut rompeu e comprometeuse con Xoana de Valois-Courtenay, a irmá máis nova de Catarina[13]. Filipe tamén cedeu ao seu fillo Carlos o título de déspota de Romania e outros dereitos.
Guerra entre güelfos e xibelinos
[editar | editar a fonte]En 1315, Filipe foi enviado polo seu irmán Roberto I de Nápoles para comandar un exército que auxiliase aos florentinos, que estaban a ser ameazados polos pisanos de Uguccione della Faggiola[14]. O exército florentino-napolitano foi derrotado seriamente na batalla de Montecatini o 29 de agosto de 1315. O irmán máis novo de Filipe, Pedro de Gravina, e o seu fillo Carlos de Tarento, foron asasinados.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]A morte sen herdeiros de Lois de Borgoña en 1316 alterou os plans anxevinos para Acaia[15]. Roberto de Nápoles persuadiu a Matilde para casar con Xoán de Gravina, o seu irmán e tamén irmán de Filipe, pero cando Matilde se negou, foi secuestrada e levada a Nápoles[16]. Tras longas persuasións e ameazas, foi obrigada en 1318 a dar o seu consentimento para o matrimonio mentres que Federico Trogisio foi enviado a Acaia como novo bailío do principado[17].
En 1320, Odón IV de Borgoña, despois de varias protestas, aceptou vender os seus dereitos sobre o Principado de Acaia e o Reino de Tesalónica a Lois de Clermont por 40 000 libras[18]. Con todo, Filipe, financiado por Filipe V de Francia, comprou os dereitos sobre Acaia pola mesma suma en 1321[19]. Mentres tanto, Matilde de Hainaut protestou ante a corte papal en Aviñón, onde revelou que casara en segredo co cabaleiro borgoñés Hugo de La Palice[20]. Como resultado diso, o seu matrimonio con Xoán de Gravina foi anulado, pero de paso daba a outra serie de argumentos aos anxevinos para a confiscación do Principado de Acaia[21]. Esta, por suposto, foi concedida directamente a Xoán de Gravina, a cambio de 40 000 libras, o prezo pago ao duque de Borgoña, mentres que Matilde pasou o resto dos seus días encarcerada en Aversa para evitar novas reclamacións[22][23].
Consolidado o Principado de Acaia en mans do seu irmán máis novo, Filipe de Tarento continuou planeando a recuperación do Imperio latino.[24] En 1318 fixo unha alianza co seu sobriño Carlos I de Hungría, pero en 1330 o último dos fillos do seu primeiro matrimonio, Carlos de Tarento, morreu sen descendencia, devolvéndolle o título de déspota de Romania.[24] Todos os seus dereitos e títulos pasaron á súa morte, dous anos despois, ao fillo máis vello do seu segundo matrimonio, Roberto de Tarento.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Os fillos do seu primeiro matrimonio (1296), con Tamar Anxelina Comnena, que terminou cun divorcio (1309):
- Carlos (1296-1315, morto na batalla de Montecatini), príncipe de Acaia, Vigairo de Romania.
- Filipe (1297-1330), déspota de Romania. casou con Violante, filla de Xaime II de Aragón.
- Xoana (1297-1317), casada con Oshin I de Armenia e logo con Oshin de Coricos.
- Margarida (1298-1340), casada con Gutierre VI de Brienne, duque titular de Atenas.
- Branca (1309-1337), casada con Ramón Berenguer de Aragón.
Os fillos do seu segundo matrimonio (1313), con Catarina de Valois-Courtenay:
- Roberto (1319-1364), príncipe de Tarento, emperador titular de Constantinopla (como Roberto II).
- Lois (1320-1362), príncipe de Tarento e rei de Nápoles por dereito da súa esposa.
- Margarida (aprox. 1325-1380), casada primeiro con Eduardo de Balliol, rei de Escocia, e logo con Francisco de Baux, duque de Andria. Deste último foi a nai de Jaime de Baux, príncipe de Acaia e emperador titular de Constantinopla.
- María (1327 -?, morreu mozo).
- Filipe II (1329-1374), príncipe de Tarento e Acaia, emperador titular de Constantinopla (como Filipe III).
Devanceiros
[editar | editar a fonte]16. Filipe II de Francia | ||||||||||||||||
8. Lois VIII de Francia | ||||||||||||||||
17. Isabel de Hainaut | ||||||||||||||||
4. Carlos I de Nápoles | ||||||||||||||||
18. Afonso VIII de Castela | ||||||||||||||||
9. Branca de Castela | ||||||||||||||||
19. Leonor Plantagenet | ||||||||||||||||
2. Carlos II de Nápoles | ||||||||||||||||
20. Afonso II da Provenza | ||||||||||||||||
10. Ramón Berenguer V da Provenza | ||||||||||||||||
21. Xersenda de Sabran | ||||||||||||||||
5. Beatriz I da Provenza | ||||||||||||||||
22. Tomé I de Savoia | ||||||||||||||||
11. Beatriz de Savoia | ||||||||||||||||
23. Margarida de Xenebra | ||||||||||||||||
1. Filipe I de Tarento | ||||||||||||||||
24. André II de Hungría | ||||||||||||||||
12. Bela IV de Hungría | ||||||||||||||||
25. Xertrude de Merania | ||||||||||||||||
6. Estevo V de Hungría | ||||||||||||||||
26. Teodoro I Láscaris | ||||||||||||||||
13. María Láscarina | ||||||||||||||||
27. Ana Comnena Anxelina | ||||||||||||||||
3. María de Hungría | ||||||||||||||||
28. Suthoi de Cumania | ||||||||||||||||
14. Köten de Cumania | ||||||||||||||||
7. Isabel a Cumana | ||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "SICILY". fmg.ac. Consultado o 2019-02-13.
- ↑ Kerrebrouck 2000, p. 283
- ↑ Setton 1975, p. 106
- ↑ Sturdza 1999
- ↑ Setton 1976, p. 152
- ↑ Setton 1975, p. 107
- ↑ Fine 1994, p. 219
- ↑ Finlay 2009, p. 165
- ↑ Sturdza 1999, p. 499
- ↑ RHGF XX, Continuatio Chronici Guillelmi de Nangiaco, p. 607.
- ↑ Finlay 2009, p. 254
- ↑ Sturdza 1999, p. 498
- ↑ Miller 1908, p. 251
- ↑ Annales Senenses MGH SS XIX, p. 232.
- ↑ Miller 1908, p. 256
- ↑ Fine 1994, p. 241
- ↑ Setton 1975, p. 115
- ↑ RHGF XX, Continuatio Chronici Guillelmi de Nangiaco, p. 613.
- ↑ Setton 1975
- ↑ Finlay 2009, p. 257
- ↑ Finlay 2009, p. 258
- ↑ Setton 1975, p. 116
- ↑ Setton 1975, p. 117
- ↑ 24,0 24,1 Setton 1975, p. 47
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filipe I de Tarento |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fine, John Van Antwerp (1994). The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest (en inglés). University of Michigan Press. ISBN 978-0472082605.
- Finlay, George (2009) [1851]. The history of Greece from its conquest by the Crusaders to its conquest by the Turks, and of the empire of Trebizond, 1204-1461 (en inglés). University of Michigan Press. ISBN 1150606843.
- Kerrebrouck, Patrick van (2000). Les Capétiens, 987-1328 (en francés). Villeneuve d'Asq. ISBN 2950150942.
- Miller, W. (1908). The Latins in the Levant. A History of Frankish Greece (1204-1566) (en inglés).
- Setton, Kenneth M. (1975). A History of the Crusades: Volumen III — The Fourteenth and Fifteenth Centuries (en inglés). Madison: University of Wisconsin Press.
- Setton, Kenneth M. (1976). The Papacy and the Levant (1204-1571), Volume I: The Thirteenth and Fourteenth Centuries (en inglés). The American Philosophical Society. ISBN 0-87169-114-0.
- Sturdza, M. D. (1999). Dictionnaire Historique et Généalogique des Grandes Familles de Grèce, d'Albanie et de Constantinople (en francés) (2 ed.). París.