Hells Angels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hells Angels
Tipobanda de motociclistas
Data de fundación17 de marzo de 1948
Organización subsidiariaHells Angels
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.hells-angels.com/
editar datos en Wikidata ]

Hells Angels Motorcycle Club (HAMC polas súas siglas en inglés) (Club de motocicletas Anxos do Inferno) é un club de moteiros de orixe estadounidense. As motocicletas máis típicas do club son as Harley-Davidson. Nos Estados Unidos e no Canadá, os Hells Angels son sociedades coñecidas como Hells Angels Motorcycle Corporation. Alcumes habituais do club son "H.A.", "Red & White", "HAMC" e "81".[1][2]

O club foi fundado en Fontana (California) en 1948.[3] Ao cabo duns anos adheríronse outras cuadrillas e clubs da área e actualmente crese que ten entre 2000 e 3600 membros repartidos por todo o mundo.[4][5]

En maio de 2019, un tribunal de Utrecht emitiu un veredicto que fixo dos Países Baixos o primeiro país en prohibir completamente os Hells Angels; outros países como Alemaña prohibira capítulos locais, mais nunca o club completo.[6][7][8][9] O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos considera o club unha organización criminal.[10][11][12][13]

Historia[editar | editar a fonte]

Este B-17F, con número de cola 41-24577, foi chamado Hell's Angels polo filme de 1930 de Howard Hughes Hell's Angels sobre os pilotos de caza da I Guerra Mundial.[14][15]

Os Hells Angels fundáronse o 17 de marzo de 1948, pola familia Bishop, veteranos estadounidenses de guerra en Fontana, California,[16] aos que seguiu unha amálgama de antigos membros de diversos clubs de motocicletas, tales como o Pissed Off Bastards de Bloomington.[17][18] A páxina web dos Hells Angels nega a insinuación de que calquera inadaptado ou tropas descontentas estean conectados co club.[19] Tamén sinala que o nome foi suxerido por Arvid Olsen, un dos fundadores, que servira no escuadrón dos "Anxos do Inferno" dos Tigres Voadores na China durante a segunda guerra mundial.[20] O nome de "Anxos do Inferno" inspirouse na denominación típica dos escuadróns estadounidenses ou outros grupos de loita, cun título feroz e desafiante da morte na primeira e segunda guerra mundial, por exemplo, os Flying Tigers (grupo de voluntarios estadounidenses) en Birmania e na China colocaron tres escuadróns de P-40 e o terceiro foi chamado "Anxos do Inferno".[21] En 1930, o filme de Howard Hughes Hell's Angels mostrou as fazañas extraordinarias e perigosas da aviación, e crese que os grupos da segunda guerra mundial que utilizaron ese nome baseárono no filme.

Parte da historia temperá da HAMC non está clara, e as versións difiren. Segundo Ralph 'Sonny' Barger, fundador do capítulo de Oakland, os primeiros capítulos do club fundáronse en San Francisco, Gardena, Fontana e Oakland, todos en California, e os membros non eran conscientes de que xa existían outros clubs de motos. Un dos clubs menos coñecidos existiu en North Chino, Pomona, a finais dos anos sesenta. Outras fontes afirman que os Hells Angels de San Francisco foron organizados en 1953 por Rocky Graves, un membro do club Anxo do Inferno de San Bernardino ("Berdoo") o que implicaba que os Anxos dos Infernos de San Francisco eran conscientes dos seus antecedentes. Os Hells Angels de "Frisco" foron reorganizados en 1955 con trece socios fundadores, con Frank Sadilek como presidente, e empregando un logotipo máis pequeno e orixinal. O capítulo de Oakland, dirixido entón por Barger, usou unha versión maior do remendo da "Cabeza da Morte" alcumado o "Barger máis grande", que foi empregado por primeira vez en 1959. Posteriormente converteuse no logo estándar do club.

Hells Angels de Karlsruhe, Alemaña.

Os Hells Angels adoitan ser representados de forma semimítica e romántica: libres de espírito e ligados pola fraternidade e a lealdade. Noutras ocasións, como no filme de Roger Corman de 1966, Os anxos do inferno, son descritos como violentos e nihilistas, pouco máis que unha banda criminal violenta e un azoute da sociedade.

O club fíxose prominente e estableceu a súa notoriedade como parte do movemento da contracultura dos anos 60 na escena de Haight-Ashbury de San Francisco, tendo un papel en moitos dos acontecementos do movemento. Os membros estaban conectados con moitos dos líderes da contracultura, como Ken Kesey e os Merry Pranksters, Allen Ginsberg, Jerry Garcia e os Grateful Dead, Timothy Leary, os Beatles, os Rolling Stones, Mick Farren e Tom Wolfe. O club lanzou a carreira do xornalista "gonzo" Hunter S. Thompson.

Incidentes e actividades criminais[editar | editar a fonte]

Numerosas policías e axencias de intelixencia internacionais clasifican os Hells Angels como unha das "catro grandes" bandas de motociclistas estadounidenses, xunto cos Pagans, Outlaws e Bandidos, e sosteñen que os membros levan a cabo crimes violentos xeneralizados, incluídos o tráfico de drogas, o tráfico de bens roubados e a extorsión e que están involucrados na prostitución. Os membros da organización afirman continuamente que son só un grupo de entusiastas das motocicletas que se uniron para montar xuntos, para organizar eventos sociais como viaxes en grupo, recadacións de fondos, festas e manifestacións de motocicletas e que calquera crime é responsabilidade dos individuos que os levaron a cabo e non do club no seu conxunto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "81" é unha metonimia. O 'H' e o 'A' son a oitava e a primeira letra do alfabeto.
  2. "Hells Angels MC World FAQ". Hells-angels.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2012. 
  3. "3 Skulls, Wings & Outlaws – Motorcycle Club Insignia & Cultural Identity" (PDF) 3. Spring 2003. ISSN 1445-1190. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de setembro de 2006. Consultado o 6 de setembro de 2006. 
  4. History Channel episode, [Ligazón morta]
  5. «Hells Angels MC World»
  6. "Netherlands first country to ban the Hells Angels; Violence called "systemic", "common"". NL Times. 29 de maio de 2019. 
  7. "Hells Angels bikers banned by Dutch court". 29 de maio de 2019 – vía www.bbc.com. 
  8. France-Presse, Agence (29 de maio de 2019). "Hells Angels banned by Dutch court in biker gang crackdown" – vía www.theguardian.com. 
  9. "Dutch court bans 'violent' Hells Angels motorcycle club". 29 de maio de 2019 – vía www.reuters.com. 
  10. "Motorcycle gang". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2010. 
  11. Lockyer, Bill (2003). "ORGANIZED CRIME IN CALIFORNIA" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de xaneiro de 2010. 
  12. "ORGANIZED CRIME IN OREGON" (PDF). setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2010. 
  13. "ASIAN ORGANIZED CRIME AND TERRORIST ACTIVITY IN CANADA, 1999–2002" (PDF). Library of Congress. xullo de 2003. Consultado o 23 de xaneiro de 2010. 
  14. Bishop, Cliff T. (1986). Fortresses of the Big Triangle First, East Anglia Books. ISBN 1-869987-00-4, pp.160, 236.
  15. "Hells Angels vs. Memphis Belle, Historical Information" (PDF). 303rd Bomb Group Association. Consultado o 11 de agosto de 2008. 
  16. Drewery, George (Spring 2003). "3 Skulls, Wings & Outlaws – Motorcycle Club Insignia & Cultural Identity" (PDF). Inter-Cultural Studies; A Forum on Social Change & Cultural Diversity. 3 (2). p. 29. ISSN 1445-1190. Arquivado do orixinal (PDF) o 6 de setembro de 2006.
  17. History Channel episode, Hell's Angels Ligazón dispoñible en Internet Archive; véxase o historial e a última versión).
  18. History Documentary Hell's Angels Time Index approximately 00.05 minutes into the program
  19. "Hels Angels Motorcycle Club World". hells-angels.com. Consultado o 30 de novembro de 2014.
  20. "Hells Angels MC World""Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2014. Consultado o 2 de marzo de 2014. . Hells-angels.com. Consultado o 15 de febreiro de 2011.
  21. Rossi, J.R. "Flying Tiger Association Unit Rosters". The Flying Tigers - American Volunteer Group - Chinese Air Force

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]