Río Irtysh
Irtysh | |
---|---|
O río Irtysh preto de Pavlodar (Kazakhstán) | |
País | China, Kazakhstán, Rusia |
Nacemento | preto do paso Mang-tai-ch’ia-ta-fan, montañas Altai |
Lonxitude | 4248 km |
Conca | 1 643 000 km2 |
Caudal medio | 2150 m3/s |
Desembocadura | Río Obi |
O río Irtysh (en ruso: 'Иртыш'; en casaco: 'Ертіс'; en tártaro İrteş / Иртеш) é un río da Asia Central, o maior afluente do río Obi. O seu nome significa Río Branco. Na verdade o Irtysh é mais longo que o río Ob, se se considera só a distancia dende o nacemento ata a confluencia. O principal afluente do Irtysh é o río Tobol. Os ríos Obi e Irtysh forman unha das maiores bacías hidrográficas de Asia, que conta con gran parte da Siberia Occidental e dos Montes Altai.[1]
Case todo o río é navegábel entre abril e outubro, cando a superficie non se atopa conxelada e polo río navegan barcos de pasaxeiros e de carga. A cidade de Omsk posúe o maior porto fluvial da Siberia Occidental. As importantes centrais hidroeléctricas en Öskemen (1952) e en Bakhtarminsk (1959), preto da fronteira entre Casaquistán e a China, empregan as augas do Irtysh.
O río alimenta o canal Irtysh-Karaganda que irriga as áridas estepas do Kazakhstán.
Historia
[editar | editar a fonte]Varios pobos mongois e turcos ocuparon as ribeiras do río durante séculos. Nos séculos XV e XVI, os cursos medio e baixo do Irtysh estaban dentro do kanato tártaro de Sibir, conquistado polos rusos na década de 1580. No século XVII, o kanato de Zungaria, formado polo pobo mongol dos oirat, converteuse no estado veciño do sur de Rusia, e controlou a parte alta do Irtysh. Mentres tanto, fundáronse as cidades rusas de Omsk (1716), Semipalatinsk (1718), Ust-Kamenogorsk (1720) e Petropavlovsk (1752).
O Imperio Qing conquistou o estado de Zungaria na década de 1750. A fronteira entre o Imperio Ruso e os Qing (actual fronteira entre Rusia e Casaquistán no norte e entre Mongolia e a China no sur) estableceuse no século XIX.
Referencia cultural
[editar | editar a fonte]O río Irtysh serve de fondo ao epílogo da novela de 1866 de Fiódor Dostoievski Crime e castigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Abramof, A. (1865). The lake Nor-Zaysan and its neighborhood. Journal of the Royal Geographical Society of London 35. traducido por John Michell. pp. 58–69. JSTOR 3698078. doi:10.2307/3698078.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Irtysh |