Roystonea
Roystonea Rango fósil: Mioceno - Actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Roystonea regia | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Roystonea oleracea (H.B.K.) O.F.Cook | |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
Roystonea é un xénero de plantas da división das anxiospermas, clase das liliópsidas, orde das arecales e familia das arecáceas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1900 polo botánico e entomólogo estadounidense Orator F. Cook.[1][2]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]
- Gorgasia O.F.Cook
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Roystonea, é unha homenaxe a Roy Stone, un enxeñeiro do Exército dos Estados Unidos .
Especies
[editar | editar a fonte]No xénero recoñécense as seguintes especies:[1][2]
- Roystonea altissima (Mill.) H.E.Moore
- Roystonea borinquena O.F.Cook
- Roystonea dunlapiana P.H.Allen
- Roystonea lenis León
- Roystonea maisiana (L.H.Bailey) Zona
- Roystonea oleracea (Jacq.) O.F.Cook
- Roystonea princeps (Becc.) Burret
- Roystonea regia (Kunth) O.F.Cook
- Roystonea stellata León
- Roystonea violacea León
Características
[editar | editar a fonte]Son palmeiras grandes, con tronco solitario de 20 a 30 m de altura e follas pinnadas. A súa grande altura e a aparencia chamativa destas palmeiras convértens nun aspecto notábel da paisaxe. Os troncos, que Louis Agassiz e Elizabeth Agassiz compararon con columnas de pedra en 1868, son lisos e columnares, aínda que os troncos de R. altissima e R. maisiana son máis delgados que os das palmas reais típicas.[3]
Os troncos a miúdo están inchados e avultados en varias partes da súa lonxitude, o que pode refectir anos nos que as condicións de crecemento foron mellores ou peores que o promedio.[3]
As cicatrices das follas a miúdo son prominentes ao longo do caule, especialmente en individuos xoves de rápido crecemento. A cor do tronco varía de branca agrisada a parda agrisada, excepto en R. violacea, que ten troncos de cor parda violeta ou malva.[3]
R. oleracea alcanza alturas de 42 m, pero a maioría das especies encóntranse no rango de 15 a 20 m.[3]
O espécime máis grande de R. oleracea encóntrase na Floresta Estadual Edmundo Navarro de Andrade en Río Claro, São Paulo, Brasil, e alcanza os 42,4 m de altura.
Distribución
[editar | editar a fonte]As súas especies están distribuídas por toda a zona do Caribe, tanto nas Antillas, desde Cuba até Trinidad, como nos países centroamericanos, no estado de Florida, en Colombia e en Venezuela.[4][5][6]
O xénero comprende algunas das palmeiras máis coñecidas e comunmente cultivadas nas rexións tropicais e subtropicais.
Cuba contén a maior diversidade de especies.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Roystonea borinquena no Xardín Botánico da Universidade de San Juan, Puerto Rico.
-
Roystonea dunlapiana.
-
Copa de Roystonea dunlapiana.
-
Detalle da base do tronco de Roystonea dunlapiana.
-
Avenida de palmeiras da especie Roystonea oleracea no Xardín Botánico de Río de Janeiro.
-
Vista desde o chan duna Roystonea regia madura.
-
Roystonea regia var. maisiana no Fairchild Tropical Botanic Garden de Miami.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Roystonea O.F.Cook no GBIF. Consultado o 29 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Roystonea O.F.Cook na BioLib. Consultada o 29 de outubro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Scott Zona (1996). "Roystonea (Arecaceae: Arecoideae)". Flora Neotropica 71: 1–35.
- ↑ "Kew World Checklist of Selected Plant Families". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2022.
- ↑ Flora of North America, Roystonea O. F. Cook, Science. ser. 2, 12:479. 1900.
- ↑ Govaerts, R. & Dransfield, J. (2005): World Checklist of Palms: 1-223. The Board of Trustees of the Royal Botanic Gardens, Kew.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roystonea |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Roystonea |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Riffle, Robert L. & Craft, Paul (2003): An Encyclopedia of Cultivated Palms. Portland: Timber Press. ISBN 978-0-8819-2558-6.