(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Xabón - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xabón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xabrón»)
Xabón de Marsella.

O xabón[1] ou xabrón[2] é un produto que se utiliza para a hixiene persoal e para lavar determinados obxectos,[3] inclusive utilizado para decorar. Encontrámolo en forma de pastillas, po ou cremas. En sentido estrito, existe unha grande diferenza entre xabón, un deterxente e un xampú. Hai tamén o xabón de lavandería, usado para lavar roupas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xabón xeralmente é o resultado da reacción química entre unha base (xeralmente hidróxido de sodio ou hidróxido de potasio) e algún ácido graxo. Esta reacción é denominada saponificación. O ácido graxo pode ser por exemplo: graxa de porco, aceite de coco ou de oliva e tamén de glicerina. O xabón é solúbel en auga e, polas súas propiedades deterxentes , é usado para lavar.

Conta coas variantes dialectais xabrón, sabrón e xabonete[4].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xabón.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xabrón.
  3. Badía Vila, María Amparo; García Miranda, Enriqueta (2012-06). Cosmetologia aplicada a la estetica decorativa (en castelán). Editorial Paraninfo. ISBN 9788497321013. Consultado o 13 de decembro do 2019. 
  4. Referencia en varios dicionarios galegos. A RAG recolle no seu dicionario xabrón como variedade. O termo xabonete utilizábase soamente para o xabón de mans (coma no portugués: sabonete). "xabón" no Dicionario de Dicionarios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]