do Galizionario, dicionario galego na Internet.
- Pronuncia: /θu.'ɤaɾ/ ou /su.'ɤaɾ/ (AFI)
Verbo transitivo
zugar
- Sacar un líquido absorbéndoo coa boca.
- Exemplo: As samesugas zugan o sangue. As bolboretas zugan o néctar das flores.
- Absorber as plantas a auga do solo.
- Exemplo: Os eucaliptos zugan moita auga.
Véxase tamén
absorber, chuchar, chupar, succionar.