(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Notice: Undefined variable: totalRows_rs_galeriaImaxes in /var/www/html/cultura/html/avg/index.php on line 184 ||| AVG ||| AudioVisual Galego

NOTICIAS

O FILME PODERASE VER NUNHA SECCIóN EXCLUSIVA PARA PROFESIONAIS DIRIXIDA A TRABALLOS EN FASE DE POST-PRODUCIóN

09/08/2024

O Festival de Cine de Locarno, que está estes días a celebrar a súa 13ª edición na localidade suíza, acollerá o primeiro pase mundial da nova longametraxe da cineasta Margarita Ledo Andión. O filme 'Prefiro condenarme', que inicia deste xeito o seu percorrido no circuíto de festivais, poderase ver dentro da sección First look, un apartado dentro do programa para profesionais que ofrece o festival e que está dedicado a filmes en proceso de post-produción. O feito de que este ano sexa a cinematografía española a que centre este espazo con seis proxecto, permite que a longametraxe de Ledo Andión sexa unha delas, grazas aos organismos estatais ICAA e ICEX. Os filmes de First Look presentaranse ante un público profesional internacional de programadores , axentes comerciais e representantes de fondos de investimento para a post-produción. Esta sección ten tamén os seus propios galardóns, fora da competición oficial do festival, decididos por un xurado de directores e comisarios de varios festivais.

Amplía a nova

O VII FESTIVAL DE CURTAMETRAXES DE COMEDIA CELéBRASE ENTRE OS VINDEIROS 1 E 7 DE SETEMBRO

06/08/2024

A nova edición do premio RiR Contigo, que recoñece traxectorias profesionais vinculadas á comedia no noso país foi para Miguel de Lira. O actor e cómico ve recoñecido o seu labor de anos neste campo no marco do VII Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiR de Allariz, que se celebra na Vila do Arnoia entre os vindeiros 1 e 7 de setembro.

Amplía a nova

A COORDINADORA PROXECTA ORGANIZA ESTA ACTIVIDADE O VINDEIRO 7 DE AGOSTO

05/08/2024

A vila de Zas convértese este sete de agosto na capital do audiovisual galego. A Coordinadora Galega de Festivais de Cinema Proxecta organiza nesta localidade o I Encontro Atlántico de Festivais de Cinema, unha cita que pretende "crear un espazo relacional que inclúa outras áreas do sector audiovisual, facilitando o debate e a reflexión conxunta entre representantes de festivais de cinema, cineastas e profesionais da industria".

Amplía a nova

A CONVOCATORIA, ABERTA ATA O VINDEIRO 2 DE SETEMBRO CONTA CUN ORZAMENTO TOTAL DE 300.000 EUROS

02/08/2024

Desde este 2 de agosto e ata o vindeiro 2 de setembro, as produtoras independentes poden solicitar o apoio das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais. Cun orzamento de 300.000 euros, ao igual que en 2023, esta liña apoia as tarefas previas á produción de proxectos galegos de longametraxes e series tanto de ficción, como de animación ou documentais.

Amplía a nova

PROXECCIóNS, OBRADOIROS E ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE COMPOñEN A PROGRAMACIóN ENTRE O 4 E O 10 DE AGOSTO

02/08/2024

O son e o silencio preséntanse como os eixes da nova xeira da Semana do Cine que acolle Vilagarcía de Arousa entre o 4 e o 10 de agosto. O programa que coordina o Cineclub Ádega co apoio do Concello contará o vindeiro día 7 cun obradoiro sobre o silencio a cargo de Juan Quintáns e cunha proxección do filme mudo Safety last!, de 1923 con música ao vivo a cargo de Fuzzo.

Amplía a nova

A CASA DA GALERíA TERá COMO EIXES DE TRABALLO "CINEMA, CULTURA E COMUNICACIóN"

01/08/2024

Castro de Rei, en Lugo, conta desde este 31 de xullo cun novo espazo cultural. A Fundación Margarita Ledo Andión inauguraba nesta localidade A Casa da Galería coa presentación da antoloxía poética Prefiro condenarme e mais coa apertura da mostra de debuxos Paisaxe interior [debuxos que escriben versos] que Luís Moscardó realizou a partir dos versos da autora.

Amplía a nova

VIDEOS

PRODUCIÓNS

PROFESIONAIS

GALERÍAs

DOCUMENTOS

  1. Dossier | Pacios. As fotos da memoria Ficha abreviada, en portugués, desta obra-retrato dos viciños dun lugar galego

  2. Dossier | A paixón de María Soliña Ficha técnico-artística completa e notas de produción deste traballo sobre a figura histórica.

  3. Dossier | Anacos

  4. Máis documentos

ZONA FAN