(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Notice: Undefined variable: totalRows_rs_galeriaImaxes in /var/www/html/cultura/html/avg/index.php on line 184 ||| AVG ||| AudioVisual Galego

NOTICIAS

A XIRA DE PRESENTACIóN DO FILME SOBRE XELA ARIAS COMPRENDE NOVE PROXECCIóNS

07/11/2024

A sala NUMAX, en Santiago de Compostela, acollía este 6 de novembro a estrea comercial de Os espazos en branco. O documental que Bruno Arias realizou sobre figura da súa tía, Xela Arias, inicia agora unha xira de presentación que o levará por oito salas máis do país, en cada unha das cales realizará unha única proxección.

Amplía a nova

O FESTIVAL COMEZA ESTE XOVES E OFRECERá MáIS DE 130 PROXECCIóNS ATA O DíA 24 DE NOVEMBRO

05/11/2024

Do 7 ao 24 de novembro Cineuropa celebrará en Santiago a súa 38ª edición, a cuarta como certame competitivo. O programa inclúe máis de 130 filmes alén de concertos, debates, encontros con cineastas e actividades formativas. Baixo o lema 'O corazón do cinema é a liberdade' e con Abraham Lincoln no cartel o festival presenta unha manchea de filmes que conectan pasado co presente de máis actualidade e conforman a sección temática da que devén o lema da edición: 'Henry Fonda for President. O corazón do cinema é a liberdade', un percorrido sobre un actor-mito que prestou corpo e voz á historia estadounidense en múltiples películas, encarnando os ideais da súa sociedade, ideais sobre os que xirarán numerosas proxeccións e actividades paralelas do festival. Na súa presentación, o director de Cineuropa, José Luís Losa, anunciou a entrega das distincións honoríficas deste ano a traxectoria ao director ferrolán Alberto Gracia, a actriz hispano-sueca Ingrid Garcia-Jonsson, e o a realizadora brasileira Flávia Castro.

Amplía a nova

O PLAN DE INFRAESTRUTURAS OU UN MAIOR APOIO á LINGUA PRESéNTASE COMO ALGUNHAS DAS PRINCIPAIS NOVIDADES

30/10/2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contará cun orzamento de 146 millóns de euros para 2025, un 7,5% máis do que no anterior exercicio. En canto aos fondos específicos dedicados á cultura, a suba é dun 5,5%. Así o asegurou José López, titular deste departamento, este 30 de outubro, na súa comparecencia ante a Comisión 3ª do Parlamento para presentar estas contas.

Amplía a nova

O FILME CHEGARá áS SALAS DE CINE O VINDEIRO 22 DE NOVEMBRO

30/10/2024

O Festival de Cine Europeo de Sevilla acollerá o vindeiro día 9 de novembro a estrea mundial ao público do filme 'Prefiro condenarme' (Nós PCG, 2024), o novo traballo da cineasta Margarita Ledo Andíon (Castro de Rei, 1951). A película entrará en competición dentro da sección Las Nuevas Olas do festival hispalense e terá o seu primeiro pase ao público o sábado, 9 de novembro, ás 19:00 horas, repetindo o seguinte luns, día 11, ás 21:45 horas. Previamente o venres 8 habéra un pase para prensa e profesionais acreditados. 'Prefiro condenarme' chegará ás salas comerciais o vindeiro día 22 de novembro, en datas previas ao Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro).

Amplía a nova

O FILME 'LA PARRA' RODADO EN FERROL ACADA O GALARDóN DA SECCIóN DEDICADA A LINGUAXES ANOVADORES

28/10/2024

A película 'La Parra' de Alberto Gracia (Ferrol, 1978) ven de saír da 69ª Semana Internacional del Cine de Valladolid (Seminici) distinguida con premio da sección Alquimias, o espazo que o festival dedica ás obras de ficción que manexan unha linguaxe cinematográfica máis anovadora. O filme de Gracia, ambientado e rodado no seu Ferrol natal foi o elixido por un xurado conformado polo cineasta Gabe Klinger, o escritor e guionista Álex Mendíbil e a cineasta Helena Wittmann. O xurado considerou ao filme merecedor deste recoñecemento "por guiarnos cega e libremente por lugares pechados e incómodos a través das personaxes que elixen non responder".

Amplía a nova

FILA 1. BUTACA G ADAPTA á TELEVISIóN OBRAS DE COMPAñíAS DO PAíS

28/10/2024

Este 24 de outubro o web Agalega.gal, espazo en liña da Televisión de Galicia, estreaba unha nova proposta teatral. Fila 1. Butaca G presenta adaptacións á linguaxe televisiva de oito montaxes teatrais de compañías galegas, dispoñibles baixo demanda para todo o público. Tamboura Films correu con esta produción pioneira no audiovisual e no teatro do país.

Amplía a nova

VIDEOS

PRODUCIÓNS

PROFESIONAIS

GALERÍAs

DOCUMENTOS

  1. Dossier | Pacios. As fotos da memoria Ficha abreviada, en portugués, desta obra-retrato dos viciños dun lugar galego

  2. Dossier | A paixón de María Soliña Ficha técnico-artística completa e notas de produción deste traballo sobre a figura histórica.

  3. Dossier | Anacos

  4. Máis documentos

ZONA FAN