Neymar
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Neymar da Silva Santos Júnior (coñecido popularmente como Neymar), nado en Mogi das Cruzes (São Paulo) o 5 de febreiro de 1992 é un futbolista brasileiro. Xoga de centrocampista ou dianteiro e o seu actual equipo é o Paris Saint-Germain.
Neymar | |||
---|---|---|---|
Neymar co Brasil 2018. | |||
Información persoal | |||
Nome | Neymar da Silva Santos Júnior | ||
Nacemento | 5 de febreiro de 1992 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | Mogi das Cruzes | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | Dianteiro / Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Barcelona | ||
Número | 11 | ||
Carreira xuvenil | |||
1999–2003 | Portuguesa Santista | ||
2003–2009 | Santos | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2009–2013 | Santos | 103 | (54) |
2013– | Barcelona | 102 | (59) |
Selección nacional | |||
2009 | Brasil sub-17 | 3 | (1) |
2011 | Brasil sub-20 | 7 | (9) |
2012 | Brasil sub-23 | 7 | (4) |
2010– | Brasil | 73 | (49) |
Na rede | |||
https://www.neymarjr.com/ | |||
| |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 6 de novembro de 2016. Selección: actualizado a 7 de outubro de 2016.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
En 2003 entrou nas categorías inferiores do Santos Futebol Clube. Debutou no primeiro equipo fronte ó Oeste FC en 2009, con só 17 anos, e marcou o seu primeiro gol á semana seguinte fronte ó Mogi Mirim EC. Ese ano o equipo chegou á final do Campionato Paulista grazas a un gol de Neymar nas semifinais, aínda que despois foi o SE Palmeiras o equipo que venceu nesa final. Ese mesmo ano o Santos rematou 12º no Brasileirao, con 10 goles de Neymar en 33 encontros.
Ó ano seguinte Neymar saltou á fama coas súas actuacións no Campionato Paulista e na Copa do Brasil. No Campionato Paulista marcou 14 goles en 19 encontros, moitos deles espectaculares, axudando a que o Santos gañase o torneo. No encontro de oitavos da Copa de Colombia fronte ó EC Santo André no que o Santos venceu por 8 goles a 1, Neymar anotou 5 deses goles. O Santos tamén gañou ese torneo, no que Neymar anotou 11 goles en 8 encontros. Grazas a esa vitoria o Santos acadou o dereito a participar na edición 2011 da Copa Libertadores.
O seleccionador brasileiro, Dunga, non quixo contar con Neymar para formar parte da selección canariña no Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010, a pesar da presión popular. Tralos malos resultados que a selección obtivo en Suráfrica, Dunga foi despedido, e o novo seleccionador, Mano Menezes, chamou por vez primeira a Neymar para xogar coa canariña fronte ós Estados Unidos o 10 de agosto de 2010, conseguindo marcar un gol.
Por esas datas comezaron a chegar as primeiras ofertas dende Europa para conseguir asinar a Neymar, como foi o caso do West Ham United, que ofrecía 12 millóns de libras esterlinas.
No Brasileirao 2010, Neymar marcou 17 goles en 31 encontros, e o Santos rematou na 8ª posición.
En 2011 o Santos reeditou o título do Campionato Paulista, con 4 goles de Neymar en 11 encontros. O equipo non participou na Copa do Brasil ó ter que competir na Copa Libertadores. Foi na máxima competición continental de Suramérica onde Neymar e o Santos tiveron unha actuación mais salientable, acadando o título que o Santos non gañaba dende a época de Pelé, cun gran Neymar que marcou o gol decisivo na final fronte ó Club Atlético Peñarol. Foi entón cando equipos do talle do Real Madrid fixeron as súas ofertas multimillonarias polo xogador, que foron ignoradas polo club e mais polo propio Neymar. Nese verán a xove estrela disputou a Copa América 2011 coa súa selección, facendo un torneo discreto, no cal Brasil foi eliminado antes do previsto. No Brasileirão o equipo fixo unha actuación discreta, en parte debido ás ausencias de Neymar e outros xogadores do equipo que estaban disputando a Copa América. O Santos rematou 10º, e Neymar só disputou 21 dos 38 encontros, acadando 13 goles.
En decembro de 2011 o Santos viaxou a Xapón para disputar a Copa Mundial de Clubs da FIFA 2011.