Úmero
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
O úmero[1] (do latín umĕru)[2] é un óso pertencente ao membro superior.
Úmero | ||
---|---|---|
Membro superior | ||
Estrutura
editarEpífise superior
editarNa epífise superior achamos varias estruturas óseas:
- Cabeza umeral: ten unha forma esférica e serve para artellarse coa escápula, constiuíndo a articulación externa do ombreiro.
- Pescozo umeral anatómico: nel insírese a cápsula da articulación glenoumeral.
- Troquíter: é unha zona de inserción externa, con tres facetas: superior, media e inferior, nas que se insiren respectivamente os músculo supraespiñal, músculo infraespiñal e redondo menor.
- Troquino: é unha estrutura interna na que se insire o músculo preescapular.
- Canle bicipital: queda entre o troquíter e troquino. Consta dunha zona afundida e dous beizos, un a cada lado. Pola zona afundida discorre o tendón curto do músculo bíceps braquial. No beizo interno insírese o tendón do músculo pectoral maior e no beizo externo o tendón do redondo maior.
Diáfise
editarPresenta unha cara interna, unha externa e unha posterior.
- Cara interna: na zona superior insírese o músculo coracobraquial. Na zona inferior, o braquial anterior.
- Cara externa: na zona superior insírese o músculo deltoide formando un uve (uve deltoideo). Na zona inferior insírese o braquial anterior.
- Cara posterior: atópase atravesado pola canle radial, pola que discorre o nervio radial común, arteria umeral fonda e dúas veas satélite. A canle separa dúas superficies, nas que se insiren dúas das tres porcións do tríceps.
- Bordo anterior: é o bordo máis afiado dos tres. Nel áchanse febras de inserción do braquial anterior.
- Bordo externo: insírese o tabique osteofibrótico externo e, na parte máis caudal, os músculos supinador longo e primeiro radial externo.
- Bordo interno: insírese o tabique osteofibrótico interno.
Epífise inferior
editarPresenta varias estruturas, unhas articulares e outras non articulares. De dentro a fóra son:
Epicóndilo lateral ou epicóndilo
editar- Artigo principal: Epicóndilo lateral.
É un lugar de inserción de varios músculos:
- Músculo segundo radial externo.
- Músculo supinador curto.
- Músculo extensor dos dedos.
- Músculo extensor do dedo maimiño.
- Músculo cubital posterior.
- Músculo ancóneo.
Cóndilo
editarArtéllase coa epífise superior radial.
Canle condilotroclear
editarPor el desprázase o rebordo da cavidade glegnoidea do radio.
Tróclea
editar- Artigo principal: Tróclea umeral.
Artéllase coa epífise superior do cúbito.
Epicóndilo medial ou epitróclea
editar- Artigo principal: Epicóndilo medial.
Ao igual có epicóndilo, é un lugar de inserción muscular. Nel atoparemos as insercións craniais de:
- Músculo pronador redondo.
- Músculo palmar longo.
- Músculo palmar curto.
- Músculo cubital anterior.
- Músculo flexor común superficial dos dedos da man.
- Músculo flexor común fondo dos dedos da man.
Pola parte posterior áchase a fosa olecraniana, mentres que pola parte anterior áchanse a fosa radial e a fosa coronoide.
Articulacións
editar- Craniais: articulación glenoumeral.
- Caudais: cóbado.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para úmero.
- ↑ "Úmero". DIGALEGO. Consultado o 30 de abril do 2016.