2020
ano
2020 (MMXX) foi un ano bisesto comezado en mércores no calendario gregoriano, dentro do século XXI.
2020 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 2020 MMXX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2773 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1469 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4716 – 4717 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5780 – 5781 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2075 – 2076 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1942 – 1943 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5121 – 5122 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1398 – 1399 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1442 – 1443 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2270 | ||||||||||||||||||
|
O ano caracterizouse pola pandemia de COVID-19, un virus que foi atopado e designado como unha nova enfermidade na cidade chinesa de Wuhan a finais de 2019, propagouse polo resto da China e noutros países do resto do mundo durante 2020 provocando un forte impacto socioeconómico.
Acontecementos
editarXaneiro
editar- 2 de xaneiro: Sae do prelo o primeiro número do xornal galego Nós Diario.
- 3 de xaneiro: un ataque dos Estados Unidos con drons no aeroporto internacional de Bagdad acaba coa vida do xeneral militar iraniano Qasem Soleimani e o líder paramilitar Abu Mahdi al-Muhandis.[1]
- 7 de xaneiro: Pedro Sánchez é investido presidente de España, conformándose o primeiro goberno de coalición dende a Segunda República.
- 8 de xaneiro:
- Irán ataca simultaneamente, con decenas de mísiles, as bases aéreas de Al Asad e Erbil, operadas polos Estados Unidos e Iraq.
- en Teherán, o voo 752 de Ukraine International Airlines é derrubado por un mísil iraniano, deixando 176 persoas mortas.[2]
- 11 de xaneiro: morre a primeira persoa pola COVID-19 en Wuhan, na China.
- 31 de xaneiro:
- o Reino Unido deixa oficialmente de ser parte da Unión Europea.
- primeiro caso de COVID-19 en España.
Febreiro
editar- 4 de febreiro: no porto de Iocoama, no Xapón, o cruceiro Diamond Princess é posto en corentena, despois de que se confirmasen varios casos de COVID-19. En total infectáronse máis de 700 persoas e morreron 12.
- 9 de febreiro: o filme surcoreano Gisaengchung convírtese no primeiro de fala non inglesa en gañar o Oscar ao mellor filme.
- 13 de febreiro: en Valencia falece a primeira persoa en España por COVID-19.
- 19 de febreiro: dous tiroteos na cidade alemá de Hanau deixan 10 persoas mortas.
- 24 de febreiro: O primeiro ministro de Malaisia, Mahathir bin Mohamad, anuncia a súa dimisión.
Marzo
editar- 8 de marzo: o goberno de Italia pon a 16 millóns de persoas, unha cuarta parte da súa poboación, en corentena co fin de deter o avance da COVID-19. Dous días despois esténdese a todo o país.
- 11 de marzo: a Organización Mundial da Saúde declara a crise da COVID-19 como pandemia.
- 13 de marzo: o goberno de España decreta o estado de alarma como medida excepcional para a contención da pandemia pola COVID-19.
- 24 de marzo: debido á pandemia pola COVID-19 o COI e o goberno do Xapón anuncian o aprazamento dos Xogos de Toquio para o verán de 2021.
Abril
editar- 2 de abril: o número de casos de COVID-19 en todo o mundo supera o millón, ese mesmo día superouse tamén a cifra de 50.000 mortos.
Maio
editar- 25 de maio: en Minneapolis, un policía asfixia ata a morte a George Floyd, o que provoca o inicio dunha serie de protestas e disturbios en varias cidades dos EEUU.
- 30 de maio: lanzamento da misión aeroespacial Crew Dragon Demo-2.
Xuño
editarXullo
editar- 19 de xullo: lanzamento da misión aeroespacial Hope Mars Mission emiratí, a primeira feita por un país árabe. O seu obxectivo é estudar a atmosfera de Marte.[3]
Agosto
editar- 4 de agosto: dúas explosións no porto de Beirut causa máis de 150 mortos e milleiros de feridos.
Setembro
editar- 27 de setembro: a pandemia pola COVID-19 acada o millón de vítimas mortais.
Outubro
editarNovembro
editarDecembro
editarMortes
editar- Artigo principal: Finados en 2020.
- 7 de xaneiro: Domingo Pellicer, arquitecto galego.[4]
Festas e celebracións
editar- Ano internacional da Sanidade Vexetal, proclamado pola Organización das Nacións Unidas en decembro de 2018, co obxectivo de concienciar ás persoas sobre a importancia de protexer a saúde das plantas e previr a propagación de enfermedades nos vexetais [1] Arquivado 06 de xuño de 2020 en Wayback Machine..
Notas
editar- ↑ "Iraq Militia Officials, Iran's QUDS Force Head Killed in U.S. Drone Strike". Newsweek (en inglés).
- ↑ "Mueren los 176 pasajeros de un avión de Ucrania que se estrella en Irán". El País (en castelán). 9 de xaneiro de 2019.
- ↑ FRANCISCO CARRIÓN (20 de xullo de 2020). "Emiratos Árabes Unidos lanza con éxito la primera misión árabe a Marte". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 21 de xullo de 2020.
- ↑ N., G. (9 de xaneiro de 2020). "Fallece el arquitecto gallego Domingo Pellicer, docente de referencia en Navarra y reputado investigador sobre el hormigón". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 2020 |