(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Artemisia - Wikipedia, a enciclopedia libre

Artemisia

xénero botánico

  • Este artigo trata sobre un xénero botánico, para a personaxe da mitoloxía grega véxase Artemisa.
xénero Artemisia

Artemisia alba
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Anthemideae
Subtribo: Artemisiinae
Xénero: Artemisia
L. 1753
Especies

Véxase no texo

Sinonimia
  • Absinthium Mill.
  • Chamartemisia Rydb.
  • Elachanthemum Y. Ling & Y. R. Ling
  • Hydrophytum Eschweiler
  • Oligosporus Cass.
  • Picrothamnus Nutt.
  • Seriphidium (Besser ex Hook.) Fourr.

Artemisia é un extenso xénero de plantas herbáceas ou arbustivas da familia das compostas ou asteráceas (Asteraceae). Comporta 1449 especies descritas, das que se aceptaron 474 até a data.[1] A este xénero pertencen distintas plantas medicinais ben coñecidas coma o estragón, o asente, a artemisa, o abrótano, a madroa ou a santónica.

Descrición

editar

Son gamallos, xeralmente aromáticos, anemófilos. Posúen follas de subenteiras a divididas. Capítulos pequenos, con 3-7 flores, sentados ou subsentados, axilares formando inflorescencias parciais espiciformes. Involucro de menos de 6x4 mm. Brácteas involucrais en 2-3 fileiras, con marxe escarioso. Receptáculo xeralmente convexo. Capítulos discoideos e homógamos, con todas as flores flosculosas e hermafroditas ou disciformes e heterógamas, coas flores máis externas filiformes e femininas e as internas flosculosas e masculinas. Aquenios ovoides ou piriformes, con pericarpo membranoso, finamente estriados, ás veces con 2 costelas membranosas. Tarrelo formado por unha corona miúda e escariosa, ou ausente.[2]

Taxonomía

editar

O xénero Artemisia foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 845–850. 1753.[2] A especie tipo é Artemisia vulgaris L. (Herba de Nosa Señora.

Especies

editar

O xénero Artemisia comprende 1449 especies descritas, das que se aceptaron 474 até a data.[3]

Especies máis comúns en Galiza

editar

A seguir figuran as especies que teñen nome vulgar en galego por atoparse bravas ou ser usadas medicinalmente:

  • Herba de Nosa Señora (Artemisia vulgaris), tamén chamada herba de Santa María, herba do rato, artemexón ou simplemente artemisa. Planta herbácea moi aromática, de follas recortadas de cor verde na face e agrisada no envés, e flores brancas ou avermelladas en panículas, moi aromáticas, da que se utilizan principalmente as follas desecadas como condimento.
  • Asente (Artemisia absinthium), tamén chamada de asento ou absintio, planta aromática da que se empregan as flores como tónico e estimulante, febrífugo, antihelmíntico e emenagogo. Adminístrase en po, en infusión, en cocemento, en forma de viño e de auga destilada.
  • Abrótano macho (Artemisia abrotanum), tamén chamada simplemente de abrótano. Planta arbustiva de talo erecto, follas lineares, dispostas en espiral e de cor verde clara, e flores amarelas en capítulos, estas últimas utilizadas en infusión.
  • Estragón (Artemisia dracunculus), planta herbácea de talo delgado e avermellado, follas estreitas e lanceoladas de cor verde clara e flores amarelas, da que se utilizan as follas como condimento ou en infusión.
  • Santónica (Artemisia cina). Planta recendente e amarga, coas flores en cabezolo que contenen unha substancia vermífuga.
  • Madroa (Artemisia campestris), planta con diferentes propiedades medicinais. Tamén chamada de madroa das praias.
 
Artemisia abrotanum
 
Artemisia absinthium
 
Artemisia alba
 
Artemisia californica - folla
 
Artemisia campestris
 
Artemisia glacialis
 
Artemisia maritima
 
Artemisia mauiensis
 
Artemisia pontica
 
Artemisia pycnocephala - Inflorescencia
 
Artemisia schmidtiana
 
Artemisia tridentata
 
Artemisia vulgaris

Artemisia: nome xenérico dedicado a Artemisia, dona de Mausolo, rei de Caria, e tamén, segundo outras etimoloxías, pode derivarse da deusa da caza (Artemis),[4] ou dunha palabra do grego artemes (= san) en alusión ás propiedades medicinais das plantas do xénero Artemisa.[5]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  1. Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
  2. Davidse, G., M. Sousa-Peña, S. Knapp e F. Chiang Cabrera. (editores xerais) 2012. Asteraceae. Fl. Mesoamer. 5(2): ined.
  3. Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 20–21: 1–992. Science Press e Missouri Botanical Garden Press, Pequín e S. Louis.
  4. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, parte 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. En Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  5. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  6. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  7. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistán Univ. de Karachi, Karachi.
  8. Turner, B. L. 1996. The Comps of Mexico: A systematic account of the family Asteraceae, vol. 6. Tageteae and Athemideae. Phytologia Mem. 10: i–ii, 1–93.