(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Auriga - Wikipedia, a enciclopedia libre

Auriga, no contexto da antigüidade clásica, refírese a un condutor dun carro de guerra cuxo traballo é guiar á cabalería que tira da biga ou da cuadriga.[1][2] Na Roma da antigüidade clásica, os aurigas conducían carros no circo, durante as carreiras de carros. O cocheiro máis experimentado que pode conducir o carro recibe o título de agitator.[3]

Representación de auriga romano.

Etimoloxía

editar

Auriga deriva do termo latino auri'ga , e este de aurea (bridas ou rédeas dos cabalos) +‎ agō +‎ -a (nome de axente). Atópase nas súas aparicións máis antigas até Varrón no século I a. C. coa forma origa.

Considerase que é un composto de oreae / auriae (bridas) e o verbo agere (conducir) con apofonía. Sería un derivado de os, oris (boca), influenciada por auris (orellas). Polo tanto, un 'auriga' era literalmente alguén que dirixía coas bridas a boca e orellas dos cabalos.[4]

Historia

editar

Ao transportar algúns dos romanos máis influentes, especialmente os mandos militares, os aurigas tiñan o deber de conducir o carro de guerra (biga, e normalmente eran elixidos entre os escravos máis fiables. Máis tarde, nas carreiras de carros, os nobres do Estado comezaron a participar nas competicións.

Son xeralmente retratados vestidos cunha túnica curta, a súa cabeza normalmente protexida por un casco de coiro, un pequeno chicote , látego ou rebenque que se suxeita na man e que leva ao redor da cintura e atada ás costas (unha técnica etrusca readoptada polos romanos) para evitar que se solten, facendo uso dun chaleco protector feito de tiras de coiro que protexen o peito contra o rozamento das rédeas.[5]

A máis famosa de todas é a Auriga de Delfos, unha estatua de bronce descuberta no santuario de Delfos a finais século XIX, conservada no Museo Arqueolóxico de Delfos. Esta é unha peza honorífica dun condutor de carros gañador dos Xogos Píticos de 478 a. C. Os ollos están incrustados con pedras de cores e esmalte.[Cómpre referencia]

Caio Apuleyo Diocles (104-146) é un dos aurigas máis coñecidos da antigüidade clásica. Ao remate da súa brillante carreira que durou 24 anos, segundo unha inscrición dedicada a el, atribúenselle 4257 carreiras e 1426 vitorias; con isto, recibiu o título de mellor auriga da historia. Os seus beneficios financeiros foron tales que se fixo máis rico que o propio emperador (Diocles viviu no período dos Cinco bos emperadores) e, segundo os estudos clásicos da Universidade de Pensilvania, segue sendo o atleta mellor pagado de todos os tempos.[6] [7] [8]

Constelación

editar
 
Debuxo da constelación de auriga por Johann Elert Bode.
Artigo principal: Auriga (constelación).

Auriga ou Cocheiro[9] é unha constelación do hemisferio norte nomeada por representar un condutor de carros. Componse dun pentágono de estrelas brillantes, entre as que destaca Capella (αあるふぁ Aurigae), mirando por riba de Orión.

  1. "auriga". Real Academia Galega. Consultado o 2023-07-05. 
  2. "Auriga" (en castelán). Consultado o 4 de julho de 2015. 
  3. Jocelyne Nelis-Clément (2002). "Les métiers du cirque, de Rome à Byzance : entre texte et image". Cahiers du Centre Gustave Glotz 13 (13): 273. 
  4. "AURIGA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2023-07-05. 
  5. École Française de Rome, ed. (1993). Spectacles sportifs et scéniques dans le monde étrusco-italique. p. 29. 
  6. Sherk, Robert K. (1988-07-14). The Roman Empire: Augustus to Hadrian (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-33887-5. 
  7. Kamm, Antony (1995). The Romans: An Introduction (en inglés). Psychology Press. ISBN 978-0-415-12039-5. 
  8. Cuomo, Serafina (2001). Ancient Mathematics (en inglés). Routledge. ISBN 978-0-415-16494-8. 
  9. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar