(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Cómodo - Wikipedia, a enciclopedia libre

Cómodo

emperador romano entre 161 e 192

Marcus Aurelius Commodus Antoninus, máis vulgarmente chamado Cómodo, nado en Lanuvio o 31 de agosto do 161 e finado en Roma o 31 de decembro do 192,[1] foi un emperador romano que gobernou de 180 a 192.

Infotaula de personaCómodo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Lucius Aelius Aurelius Commodus
(la) Marcus Aurelius Commodus Antoninus
(la) Lucius Aelius Aurelius Commodus Augustus Herculeus Romanus Exsuperatorius Amazonius Invictus Felix Pius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Lucius Aelius Aurelius Commodus Editar o valor en Wikidata
31 de agosto de 161 Editar o valor en Wikidata
Lanuvium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 192 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Roma Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, estrangulamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCastelo de Sant'Angelo Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
177 – 31 de decembro de 192
← Marco AurelioPertinax →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor en Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Greco-Roman Egypt (en) Traducir, Roman Egypt Era (en) Traducir, Cinco bos emperadores e principado romano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia nerva-antonina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBrútia Crispina (178–)
ParellaMarcia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisMarco Aurelio Editar o valor en Wikidata  e Faustina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarco Ânio Vero César (pt) Traducir, Annia Aurelia Galeria Faustina (en) Traducir, Víbia Aurélia Sabina (pt) Traducir, Fadila (pt) Traducir, Lucila (pt) Traducir, Ânia Cornifícia Faustina Menor (pt) Traducir, Titus Aurelius Fulvus Antoninus (en) Traducir e Domitia Faustina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1435436 WikiTree: Commodus-1 Find a Grave: 35047920 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era fillo de Marco Aurelio e de Faustina a Nova e foi o primeiro emperador, nunha serie de cinco, en ascender ao poder por lazos de sangue e non por adopción. A Cómodo sorprendeuno a morte do seu pai mentres completaba a submisión dos cuados. Firmou apresuradamente a paz cos cuados, marcomanos e buros e volveu a Roma. Este emperador era a antítese de Marco Aurelio. Cruel, caprichoso, corrupto e apaixonado dos combates dos gladiadores, nos que el mesmo participaba, ergueu as iras do Senado, alleouse do apoio do exército e non tardaron en se urdir conspiracións para o apartar do poder.

A estabilidade que oferecía o mecanismo sucesorio, e que tan bos resultados dera nos anos anteriores, entrou en crise. Estalaron motíns nas provincias e na mesma Roma, neste último caso pola carestía das subsistencias, e que se atribuíron aos manexos especulativos de Cleandro, favorito do emperador.

O sistema estaba canso, o que se traducía nunha progresiva ineficacia, e non sería xusto dicir que toda a responsabilidade era de Cómodo, pero non é menos certo que a súa desastrosa actuación agravou unhas condicións que terían necesitado dun gobernante enérxico, capaz e honrado para lle poñer freo.

Os derradeiros anos de Cómodo foron un auténtico delirio de extravagancias e crueldades da mais impúdica exhibición, dunha megalomanía que parecía non ter límites. O emperador presentouse como un deus e obrigou a adoptar o adxectivo de "comodiano" para designar todas as institucións. Incluso parece que pretendeu trocar o nome de Roma. Tramáronse numerosas conspiracións contra el mesmo, que eliminou con numerosas execucións nas que foron vítimas familiares e colaboradores. Nunha delas, tramada pola súa concubina Marcia, foi asasinado por un gladiador.

Tras o seu asasinato, o Senado votou a damniato memoriae, isto é, a condena da súa lembranza, polo que o seu nome foi borrado e omitido, e todos os seus decretos e disposicións, anulados.

editar

As películas A caída do Imperio Romano (1964) e Gladiator (2000) están baseadas parcialmente na vida de Cómodo, mais débese ter cautela na rigorosidade histórica das mesmas.

  1. Campbell (2007), p.1

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Imperio Romano

Segue a:
Marco Aurelio
Cómodo
Precede a:
Pertinax
Dinastía dos Antoninos