(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Carballa da Rocha - Wikipedia, a enciclopedia libre

Carballa da Rocha

árbore senlleira e monumento natural

A Carballa da Rocha é un carballo, e varías parcelas arredor deste, situado na Saínza de Abaixo, en Rairiz de Veiga, no concello ourensán de Rairiz de Veiga, que foi declarada árbore senlleira e Monumento natural o 1 de marzo do ano 2007.[1][2][3] Esas parcelas engloban seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha.

Modelo:Xeografía físicaCarballa da Rocha
Tipoespazo natural protexido
monumento natural de España Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRairiz de Veiga, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°06′N 7°48′O / 42.1, -7.8
Características
Superficie0,62943 ha Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 389351 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación2007 Editar o valor en Wikidata

Esta formación arbórea atópase á beira do río Limia preto da antiga Lagoa de Antela e na contorna do ZEC da Veiga de Ponteliñares. A Carballa da Rocha atópase tamén dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.[2]

Historia e características

editar

O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular no que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela. O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cm[4], bifúrcase aos 7 m de altura en dúas pólas de grandes dimensións chegando aos 33 m de altura. Consérvase en bo estado, esmoucouse por última vez nos anos 50 do século XX, e calcúlase que ten 500 anos[5]. Na carballeira celébrase todos os 24 de setembro a Romaría da Saínza, unha das poucas festas que representan a loita entre cristiáns e musulmáns en Galicia[6].

  1. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Martes, 17 de abril de 2007). Xunta de Galicia, eds. "Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.". DOG (Núm. 74): Páx. 6.136. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Venres, 23 de marzo de 2007). Xunta de Galicia, eds. "Decreto 45/2007, do 1 de marzo, polo que se declara monumento natural A Carballada Rocha, no concello de Rairiz de Veiga.". DOG (Núm. 59). 
  3. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia, eds. "Monumentos Naturais". 
  4. Joaquín Araujo et al. Árboles singulares de España. Mundi-Prensa Libros, 2004, páxina 198
  5. Joaquín Araujo et al. Ob. cit.
  6. Delfín Caseiro Romaría da Saínza: Mouros e Cristiáns. Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2003