(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Concello de Teis - Wikipedia, a enciclopedia libre

Concello de Teis

antigo concello da provincia de Pontevedra

Teis foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1821 e 1823 e novamente entre 1936 e 1937.[1]

Modelo:Xeografía políticaConcello de Teis

Localización
Mapa
 42°14′51″N 8°41′58″O / 42.247558, -8.699519
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Sucedido porLavadores Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Comprendía a parroquia de Teis.

Historia

editar
 
... segregación de la parroquia de Teis ... para constituir en Municipio independiente... Gaceta de Madrid 13/12/1935.

Primeira etapa

editar

No Repartimento xeral de 1821 figuran os concellos de Vigo, Teis, Cabral, Lavadores, Bouzas e Valadares. O concello de Teis desapareceu en 1823 e pasou a Vigo. En 1849 Teis separouse de Vigo e integrouse no concello de Lavadores.

Segunda etapa

editar

O concello de Teis creouse en 1935 ao independizarse do concello de Lavadores. O proceso iniciouse en maio coa solicitude de escisión polo abandono no que se encontraba, pois sendo a parroquia que máis achegaba economicamente, as inversións que o concello de Lavadores realizaba eran escasas. O alcalde de Lavadores, veciño de Teis, deu o visto e prace para a separación, e a Deputación de Pontevedra concedeu a independencia en outubro.

 
Ós alcaldes de Teis: Manuel Martínez Ramos e Julio Quirós Estévez 1936-1937 e a tódolos que con eles colaboraron na defensa de Teis. Os veciños de Teis, decembro, 1997.

O 7 de xaneiro de 1936 constituíuse a primeira corporación, foi elixido alcalde Manuel Martínez Ramos e José Martínez Covelo primeiro tenente de alcalde.[2] Esta corporación puxo en marcha a construción do mercado, a dotación de saneamento e a creación de grupos escolares. Manuel Martínez dimitiu en febreiro de 1936 e o 28 dese mes tomou posesión a Comisión xestora nomeada polo gobernador civil, que elixiu alcalde a Julio Quirós Estévez.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a principios de setembro, o gobernador civil nomeou unha comisión xestora que presidiu Honorato Fernández Míguez.[4] En febreiro de 1937 o Goberno anulou o proceso de independencia por un defecto de forma, pois a escisión non fora comunicada ao Goberno Civil.

  1. "La independencia de Teis", La Voz de Galicia, 5-12-1997, p. 34.
  2. El Pueblo Gallego, 9-1-1936, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 29-2-1936, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 3-9-1937, p. 5.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Giráldez Rivero, Xesús (2007). O antigo concello de Lavadores. Unha aproximación histórica. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-281-1. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar