(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Congreso - Wikipedia, a enciclopedia libre

Congreso

reunión ou encontro de representantes de diferentes organizacións

Un congreso é unha xuntanza solemne ou asemblea de persoas competentes para debater unha cuestión

Cámara de Deputados, a cámara baixa, do Imperio do Brasil no 1830.

Antigas institucións xudiciais

editar

Na Idade Media e ata o comezo do século XVIII, o congreso era unha proba xudicial en xeral demandada pola esposa e ordenada en xustiza, que debía sufrir o seu marido para probar a súa impotencia sexual de cara a unha anulación do matrimonio ou dun divorcio. Reuníanse os esposos nunha cama en presenza de xuíces, oficiais, avogados e médicos expertos e correspondíalle a esta audiencia o ser testemuña da imposibilidade. Este procedemento foi progresivamente abandonado como non fiable debido á impresión causada pola solemnidade, manifestándose nalgúns casos os maridos como fecundos despois de volver casar.

Historia diplomática

editar

Chámaselles tamén congresos ás xuntanzas diplomáticas de monarcas ou plenipotenciarios, e nas que se ocupa de conciliar as diferenzas xurdidas entre nacións, ou para previr rupturas.

Política

editar

O congreso é unha institución política característica de réximes parlamentarios. No dereito constitucional, adoita ser o nome aplicado ó conxunto de cámaras dun parlamento, como sucede en Francia ou nos Estados Unidos. Nos sistemas bicamerais como o español, pode aplicarse só á cámara na que se reúnen os representantes elixidos mediante sufraxio directo, con funcións lexislativas e coexistencia co senado.

Ciencia

editar

Un congreso científico permite ós investigadores e enxeñeiros reunirse e expoñer os seus traballos. Con frecuencia é usado por empresas para darse a coñecer cos seus novos produtos no campo da bioloxía, química, farmacia...

Eventos profesionais

editar

Un congreso profesional xunta profesionais dunha área concreta (economía, ciencias sociais, industria, tecnoloxía...). Os Estados Unidos son o pais que organiza máis congresos e convencións, por diante de Alemaña, España, Reino Unido, Francia e Italia.[1]

Outros

editar

Reciben tamén o nome de congreso outro tipo de xuntanzas, como en xadrez, os 'Congresos da Federación internacional de Xadrez'[2][3] e en relixión, os 'Congresos eucarísticos'.[4]

  1. Paris, plus que jamais capitale des congrès La Tribune.fr, le 31 mai 2012
  2. Le Lionnais, François; Maget, Ernst (1967). Dictionnaire des échecs. Presses universitaires de France. p. 86-87. 
  3. Hooper, David; Whyld, Kenneth (1992). The Oxford Companion to Chess. Oxford University Press. p. 89. ISBN 0-19-866164-9. 
  4. Gregorio, Antonio; Suárez, Gilberto; Rodríguez, José Mª (2006). Ribadeo no tempo, a través das imaxes. O Tesón. p. 17. ISBN 84-6110861-2. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.