Conservadorismo
O conservadorismo[1] é unha filosofía política e social que defende o mantemento das institucións sociais tradicionais no contexto da cultura e da civilización. En filosofía política, denomínase conservadorismo en sentido amplo ao conxunto de doutrinas e movementos políticos que favorecen o uso do poder político ou a forza do Estado para conservar ou restaurar tradicións —crenzas ou costumes— dun pobo ou nación, que poden ser de tipo relixiosas, culturais ou políticas. Nestes casos o termo conservadorismo é entendido como un tradicionalismo en política ou manter intacto unha orde política presente ou como reaccionarismo ou restauración dunha orde política perdida.[n. 1]
No espectro político, pola valoración favorable que os conservadores teñen da orde xerárquica e da desigualdade social con frecuencia considérase que están dentro da dereita política, con todo tamén poden atoparse, en menor medida, conservadores na esquerda política.[n. 2][n. 3][n. 4]
Segundo algunhas definicións, os conservadores procuraron varias veces preservar as institucións, incluíndo a relixión, a monarquía, o goberno parlamentario,[6] os dereitos de propiedade e a xerarquía social, enfatizando a estabilidade e a continuidade, mentres que os elementos máis extremos chamados reaccionarios opóñense ó modernismo e buscan unha volta á "maneira como eran as cousas".[7][6]
O primeiro uso estabelecido do termo nun contexto político orixinouse con François-René de Chateaubriand en 1818, durante o período de restauración borbónica que procurou reverter as políticas da Revolución Francesa. O termo, historicamente asociado coa política de dereita, dende entón foi usado para describir unha ampla gama de puntos de vista.[8]
Non hai un único conxunto de políticas que sexan universalmente consideradas como conservadoras, porque o significado de conservadorismo depende do que é considerado tradicional nun determinado lugar e tempo. Deste xeito, conservadores de diferentes partes do mundo, cada un mantendo as súas respectivas tradicións, poden discordar nunha ampla gama de cuestións. Edmund Burke, un político do século XVIII que se opuxo á Revolución Francesa, mais apoiou a Revolución Americana, é acreditado como un dos principais teóricos do conservadorismo na Gran Bretaña da década de 1790.[9] De acordo con Quintin Hogg, Presidente do Partido Conservador británico (Partido Conservador) en 1959, "o conservadorismo non é tanto unha filosofía senón unha actitude, unha forza constante, desempeñando unha función intemporal no desenvolvemento dunha sociedade libre e correspondente a unha esixencia profunda e permanente da propia natureza humana".[10] En contraste coa definición de conservadorismo baseada na tradición, teóricos políticos como Corey Robin definen o conservadorismo principalmente en termos dunha defensa xeral da desigualdade social e económica. Nesa perspectiva, o conservadorismo é menos unha tentativa de defender as institucións tradicionais e máis "unha meditación sobre, e unha interpretación teórica, da experiencia sentida de ter poder, velo ameazado e tentar recuperalo".[11][12]
Crenzas e principios
editarOs estudosos tentaron definir o conservadorismo como un conxunto de crenzas ou principios. Andrew Heywood sostén que as cinco crenzas centrais do conservadorismo son a tradición, a imperfección humana, a sociedade orgánica, a autoridade/xerarquía e a propiedade.[13] Russell Kirk desenvolveu cinco canons de conservadorismo en The Conservative Mind (1953):
- A crenza nunha orde transcendente, que Kirk describe como baseada na tradición, a revelación divina ou a lei natural;
- Un afecto pola «variedade e o misterio» da existencia humana;
- Unha convicción de que a sociedade require ordes e clases que salienten as distincións naturais;
- A crenza de que a propiedade e a liberdade están estreitamente vinculadas;
- Unha fe no costume, a convención, e a prescrición, e un recoñecemento de que a innovación debe estar ligada ás tradicións e costumes existentes, o que implica un respecto polo valor político da prudencia.[14]
Algúns politicólogos, como Samuel P. Huntington, consideraron que o conservadorismo é situacional. Segundo esta definición, considérase que os conservadores defenden as institucións establecidas do seu tempo.[15] Segundo Quintin Hogg, presidente do Partido Conservador británico en 1959: «O conservadorismo non é tanto unha filosofía como unha actitude, unha forza constante, que desempeña unha función intemporal no desenvolvemento dunha sociedade libre, e que corresponde a unha esixencia profunda e permanente da propia natureza humana.»[16] O conservadorismo utilízase a miúdo como termo xenérico para describir un «punto de vista de dereitas que ocupa o espectro político entre o liberalismo [clásico] e o fascismo».[17]
Noël O'Sullivan cualificou o conservadorismo de «filosofía da imperfección humana», que reflicte entre os seus partidarios unha visión negativa da natureza humana e pesimismo sobre a posibilidade de mellorala mediante plans «utópicos».[18] Thomas Hobbes, o «padriño intelectual da dereita realista», sostiña que o estado de natureza para os humanos era «pobre, desagradable, bruto e breve», e requiría unha autoridade centralizada con soberanía real para garantir lei e orde.[19] Edmund Burke, a miúdo chamado o pai do conservadorismo moderno, cría que os seres humanos están impregnados de pecado orixinal e que, por tanto, a sociedade necesita institucións tradicionais, como unha igrexa establecida e unha aristocracia terratenente, para funcionar.[20]
Tradición
editarA pesar da falta dunha definición universal, pódense recoñecer certos temas comúns a todo o pensamento conservador. Segundo Michael Oakeshott:
Ser conservador [...] é preferir o familiar ao descoñecido, preferir o probado ao non probado, os feitos ao misterio, o real ao posible, o limitado ao ilimitado, o próximo ao distante, o suficiente ao superabundante, o conveniente ao perfecto, a risa presente á dita utópica.[21]
Este tradicionalismo pode ser un reflexo da confianza en métodos de organización social probados polo tempo, que dan «votos aos mortos». As tradicións tamén poden estar impregnadas dun sentido de identidade.[22]
Xerarquía
editarEn contraste coa definición do conservadorismo baseada na tradición, algúns teóricos políticos de esquerdas como Corey Robin definen o conservadorismo principalmente en termos dunha defensa xeral da desigualdade social e económica.[23] Desde esta perspectiva, o conservadurismo é menos un intento de defender institucións antigas e máis "unha meditación sobre -e unha interpretación teórica- da experiencia sentida de ter o poder, velo ameazado e tentar recuperalo".[24] Noutra ocasión, Robin defende unha relación máis complexa:
O conservadorismo defende as xerarquías establecidas, pero tamén as teme. Ve na súa seguridade no poder a fonte da corrupción, a decadencia e o declive. Os réximes gobernantes necesitan algún tipo de irritante, un gran de area na ostra, para reactivar os seus poderes latentes, para exercitar os seus músculos atrofiados, para facer as súas perlas.[25]
En Conservatism: A Rediscovery (2022), o filósofo político Yoram Hazony sostén que, nunha comunidade conservadora tradicional, os membros teñen importancia e influencia na medida en que son honrados dentro da xerarquía social, o que inclúe factores como a idade, a experiencia e a sabedoría.[26]Os conservadores adoitan glorificar as xerarquías, como demostra un aforismo do filósofo conservador Nicolás Gómez Dávila: «As xerarquías son celestiais. No inferno todos son iguais».[27] A palabra xerarquía ten raíces relixiosas e tradúcese como «goberno dun sumo sacerdote».[28]
Autoridade
editarA autoridade é un principio básico do conservadorismo.[29][30][31] Máis concretamente, os conservadores tenden a crer na autoridade tradicional. Segundo Max Weber, esta forma de autoridade «descansa nunha crenza establecida na santidade das tradicións inmemoriais e na lexitimidade de quen exercen a autoridade baixo elas».[32][33] Alexandre Kojève distingue entre dúas formas diferentes de autoridade tradicional:
- A autoridade do pai, representada polos pais reais e os pais conceptuais, como os sacerdotes e os monarcas.
- A autoridade do amo, representada polos aristócratas e os xefes militares.[34]
Robert Nisbet recoñece que o declive da autoridade tradicional no mundo moderno está en parte relacionado co retroceso de antigas institucións como o gremio, a orde, a parroquia e a familia-institucións que antes actuaban como intermediarias entre o Estado e o individuo.[35][36] Hannah Arendt sostén que o mundo moderno sofre unha crise existencial cunha «dramática quebra de todas as autoridades tradicionais», necesarias para a continuidade dunha civilización establecida.[37][38]
Orixes
editarMalia que os conservadores ás veces reivindican filósofos tan antigos como Aristóteles e Cicerón como seus devanceiros, o primeiro teórico político moderno explicitamente conservador é xeralmente considerado Edmund Burke.[39][40][6] Burke foi secretario privado de marqués de Rockingham e panfletista oficial da rama Rockingham do partido whig,[41] que xunto cos torys, eran os conservadores do Reino Unido de finais do século XVIII.[42]
As opinións de Burke eran unha mestura de conservadorismo e republicanismo. Apoiou a Revolución Americana de 1775-1783, pero aborrecía a violencia da Revolución Francesa de 1789-1799. Aceptaba os ideais conservadores de propiedade privada e a economía de Adam Smith, pero pensaba que o capitalismo debía permanecer subordinado á ética social conservadora e que a clase empresarial debía estar subordinada á aristocracia.[43] Insistía nas normas de honra derivadas da tradición aristocrática medieval e vía á aristocracia como os líderes naturais da nación.[44] Iso implicaba limitar os poderes da Coroa, xa que consideraba que as institucións do Parlamento estaban mellor informadas que as comisións nomeadas polo executivo. Era partidario dunha Igrexa establecida, pero permitía certo grao de tolerancia relixiosa.[45] En última instancia, Burke xustificaba a orde social baseándose na tradición: a tradición representaba a sabedoría da especie, e valoraba a comunidade e a harmonía social por encima das reformas sociais.[46]
En 1790, cando a Revolución Francesa aínda parecía prometer unha utopía sen sangue, Burke preveu na súa obra Reflections on the Revolution in France - e non por sorte, mais por unha análise do rexeitamento da tradición e dos valores herdados - que a revolución decaería no terror e na ditadura. No seu desprezo racionalista polo pasado, el acusou ós revolucionarios de estaren destruíndo as institucións testadas polo tempo sen ningunha garantía de que poderían substituílas por algo mellor.[6]
Outra forma de conservadorismo desenvolveuse en Francia paralelamente ao conservadorismo en Gran Bretaña. Estivo influída polas obras de filósofos da Contrailustración como Joseph de Maistre e Louis de Bonald.[47] Moitos conservadores continentais non apoian a separación da Igrexa e o Estado, e a maioría apoia a cooperación do Estado coa Igrexa católica, como a que existira en Francia antes da Revolución. Os conservadores tamén foron os primeiros en abrazar o nacionalismo, que antes se asociaba co liberalismo e a Revolución en Francia.[48] Outro dos primeiros conservadores franceses, François-René de Chateaubriand, propugnou un romántico contra a modernidade, contrastando o seu baleiro co «corazón cheo» da fe e a lealdade tradicionais.[49] Noutros lugares do continente, os pensadores alemáns Justus Möser e Friedrich von Gentz criticaron a declaración dos dereitos do home e do cidadán xurdida da Revolución. Tamén se manifestaron en contra Idealistas alemáns como Adam Müller e Georg Wilhelm Friedrich Hegel, este último inspirou a seguidores tanto de esquerdas como de dereitas.[50]
Tanto Burke como Maistre criticaban a democracia en xeral, aínda que as súas razóns diferían. Maistre era pesimista sobre a capacidade dos seres humanos para seguir normas, mentres que Burke era escéptico sobre a capacidade innata dos seres humanos para crear normas. Para Maistre, as regras tiñan unha orixe divina, mentres que Burke cría que xurdían do costume. A falta de costume para Burke, e a falta de guía divina para Maistre, significaba que a xente actuaría de formas terribles. Ambos crían tamén que a liberdade equivocada conducía ao desconcerto e á desintegración política. As súas ideas fluirían xuntas nunha corrente de conservadorismo romántico antirracionalista, pero seguirían estando separadas. Mentres que Burke estaba máis aberto á argumentación e ao desacordo, Maistre quería fe e autoridade, o que conduciu a unha corrente de pensamento máis antiliberal.[51]
Para o conservador, as tradicións son a base de calquera actuación política e social, pois elas ofrecen ó axente algo sobre o cal a sociedade pode operar, criticar e, consecuentemente, mudar. Sendo así, é preciso respectar un principio seguro de conservación e un principio seguro de transmisión, sen excluír un principio de melloría.[52] Ó non crer na "bondade natural do home",[53] os conservadores consideran que son as restriccións introducidas polos hábitos e tradicións que permiten o funcionamento das sociedades,[54][55] polo que calquera réxime duradeiro e estable só poderá funcionar se se asenta nas tradicións.
Polo tanto, de acordo coa visión conservadora, non ten sentido elaborar proxectos universais de sociedade ideal - non só tal sociedade será inalcanzable (debido á suposta imperfección intrínseca da natureza humana), como, debido a diferentes pobos teren diferentes historias e tradicións, o modelo social máis axeitado a un pobo non será o máis apropiado a outro[56] - criticando os revolucionarios franceses, Joseph de Maistre escribiu:
- "A Constitución de 1795 (...) foi feita para o home. Ora, non existe home no mundo. Teño visto na miña vida franceses, italianos, rusos, etc., mais en canto ó homem declaro nunca o ter encontrado na miña vida"[57][58]
Ou Metternich acerca da revolucióno napolitana:
- "Un pobo que non sabe ler nin escribir, cuxa última palabra é o puñal - belo material para principios constitucionais!... A constitución inglesa é a obra de séculos... Non hai unha receita universal para constitucións."[59]).
Variantes ideolóxicas
editarConservadorismo autoritario
editar- Véxase tamén: Ultradereita.
O conservadorismo autoritario refírese aos réximes autocráticos que presentan a autoridade como absoluta e incuestionable.[31][60][61] Os movementos conservadores autoritarios mostran unha forte devoción cara á relixión, a tradición e a cultura, á vez que expresan un fervente nacionalismo afín a outros movementos nacionalistas de extrema dereita.[62][63] Algúns exemplos de ditadores conservadores autoritarios son o mariscal Philippe Pétain en Francia,[64] o rexente Miklós Horthy en Hungría,[65] o xeneral Ioannis Metaxas en Grecia,[66] o rei Alexandre I en Iugoslavia,[67] o primeiro ministro António de Oliveira Salazar en Portugal,[68] o chanceler Engelbert Dollfuss en Austria,[69] o Generalisimo Francisco Franco en España,[70] o rei Carlos II en Romanía,[71] e o tsar Boris III en Bulgaria.[72]
Os movementos conservadores autoritarios destacaron na mesma época que o fascismo, co que ás veces chocou.[73] Aínda que ambas as ideoloxías compartían valores fundamentais como o nacionalismo e tiñan inimigos comúns como o comunismo, existía un contraste entre a natureza tradicionalista e elitista do conservadorismo autoritario e a natureza revolucionaria e populista do fascismo, polo que era habitual que os réximes conservadores autoritarios reprimisen os movementos fascistas e nazis nacentes.[71] A hostilidade entre ambas as ideoloxías queda patente na loita polo poder en Austria, que estivo marcada polo asasinato do ditador ultracatólico Engelbert Dollfuss a mans dos nazis austríacos. Así mesmo, fascistas croatas asasinaron o rei Alexandre I de Iugoslavia.[74] En Romanía, mentres a Garda de Ferro fascista gañaba popularidade e a Alemaña nazi avanzaba na escena política europea, o rei Carlos II ordenou a execución de Corneliu Zelea Codreanu e outros fascistas romaneses de alto rango.[75] O emperador alemán no exilio Guillerme II era inimigo de Adolf Hitler e declarou que o nazismo fixoo avergoñarse de ser alemán por primeira vez na súa vida.[76] O seminarista católico António de Oliveira Salazar, que foi ditador de Portugal durante 40 anos, denunciou o fascismo e o nazismo como un «cesarismo pagán» que non recoñecía límites legais, relixiosos nin morais.[77]
O politicólogo Seymour Martin Lipset examinou a base de clase da política de extrema dereita na época 1920-1960. Informa:
Os movementos conservadores ou de extrema dereita xurdiron en distintos períodos da historia moderna, desde Horthyites en Hungría, o Partido Social Cristián de Dollfuss en Austria, Der Stahlhelm e outros nacionalistas na Alemaña prehitleriana, e Salazar en Portugal, até os movementos gaullistas anteriores a 1966 e os monárquicos na Francia e Italia contemporáneas. Os extremistas de dereita son conservadores, non revolucionarios. Pretenden cambiar as institucións políticas para preservar ou restaurar as culturais e económicas, mentres que os extremistas de centro [fascistas/nazis] e de esquerda [comunistas/anarquistas] buscan utilizar os medios políticos para a revolución cultural e social. O ideal do extremista de dereitas non é un gobernante totalitario, senón un monarca, ou un tradicionalista que actúe como tal. Moitos movementos deste tipo en España, Austria, Hungría, Alemaña e Italia foron explicitamente monárquicos [...] Os partidarios destes movementos difiren dos centristas, xa que tenden a ser máis ricos e máis relixiosos, o que é máis importante en termos de potencial de apoio das masas.[78]
Edmund Fawcett afirma que o fascismo é totalitario, populista e antipluralista, mentres que o conservadorismo autoritario é algo pluralista pero sobre todo elitista e antipopulista. Conclúe: «O fascista é un non conservador que leva o antiliberalismo ao extremo. O autoritario de dereitas é un conservador que leva ao extremo o medo á democracia.»[79]
Durante a Guerra fría, as ditaduras militares da dereita foron prominentes en América Latina, coa maioría das nacións baixo goberno militar a mediados da década de 1970.[80] Un exemplo diso foi o xeneral Augusto Pinochet, que gobernou Chile de 1973 a 1990.[81] Segundo Erik von Kuehnelt-Leddihn, as ditaduras militares xorden nos sistemas democráticos para impedir que os partidos de esquerda vólvanse totalitarios.[82] O caso máis recente ocorreu en Bolivia en 2024, cando o xeneral Juan José Zúñiga deu un golpe de estado para derrocar ao presidente de extrema esquerda Luis Arce.[83]
No século XXI, o estilo autoritario de goberno experimentou un renacemento mundial con estadistas conservadores como o presidente Vladimir Putin en Rusia, o presidente Recep Tayyip Erdoğan en Turquía, o primeiro ministro Viktor Orbán en Hungría, o primeiro ministro Narendra Modi na India e o presidente Donald Trump nos Estados Unidos.[84]
Conservadorismo liberal
editarO conservadorismo liberal é unha variante do conservadorismo que está fortemente influenciado por posturas liberais.[85] Incorpora a visión liberal clásica do intervencionismo económico mínimo, o que significa que os individuos deben ser libres de participar no mercado e xerar riqueza sen a interferencia do goberno.[86] Con todo, non se pode confiar plenamente en que os individuos actúen de forma responsable noutras esferas da vida; por tanto, os conservadores liberais cren que é necesario un Estado forte para garantir a lei e a orde, e que as institucións sociais son necesarias para fomentar o sentido do deber e a responsabilidade cara á nación.[86] Orixinalmente oposto ao capitalismo e á revolución industrial,[87][88] a ideoloxía conservadora en moitos países adoptou o liberalismo económico, especialmente en Estados Unidos, onde esta ideoloxía se coñece como conservadorismo fiscal.[89][90]
Nacionalconservadorismo
editarO nacionalconservadorismo dá prioridade á defensa nacional e a identidade cultural, a miúdo baseándose nunha teoría da familia como modelo de Estado.[91] O nacionalconservadorismo oriéntase cara á defensa da soberanía nacional, o que inclúe unha inmigración limitada e unha defensa nacional forte.[92] En Europa, os nacionalconservadores adoitan ser euroescépticos.[93][94] Yoram Hazony defendeu o nacionalconservadorismo na súa obra The Virtue of Nationalism (A virtude do nacionalismo) (2018).[95]
Conservadorismo paternalista
editarO conservadorismo paternalista é unha corrente do conservadorismo que reflicte a crenza de que as sociedades existen e desenvólvense orgánicamente e que os seus membros teñen obrigacións entre si.[96] Faise especial fincapé na obrigación paternalista (noblesse oblige -nobreza obriga-) daqueles que son privilexiados e ricos cara ás partes máis pobres da sociedade, o que é coherente con principios como o deber, a organicismo e a xerarquía.[97] Os seus defensores adoitan subliñar a importancia dunha rede de seguridade social para facer fronte á pobreza, apoiando unha redistribución da riqueza limitada xunto coa regulación gobernamental dos mercados en interese tanto dos consumidores como dos produtores.[98]
O conservadorismo paternalista xurdiu por primeira vez como ideoloxía diferenciada no Reino Unido baixo o «One Nation» do primeiro ministro Benjamin Disraeli. Toryismo.[99] No Reino Unido houbo diversos gobernos conservadores uninacionais, con expoñentes como o Primeiro Ministro Disraeli, Stanley Baldwin, Neville Chamberlain, Winston Churchill, e Harold Macmillan.[100]
Na Alemaña do século XIX, o chanceler Otto von Bismarck adoptou un conxunto de programas sociais, coñecidos como socialismo de Estado, que incluían seguros para os traballadores contra enfermidade, accidente, incapacidade e vellez. O obxectivo desta estratexia conservadora de construción do Estado era conseguir que os alemáns do montón, e non só a aristocracia Junker, fosen máis leais ao Estado e ao Emperador.[20] O chanceler Leo von Caprivi promoveu un programa conservador denominado «Novo Rumbo».[101]
Conservadorismo progresista
editarNos Estados Unidos, o presidente Theodore Roosevelt foi identificado como o principal expoñente do conservadorismo progresista. Roosevelt declarou que «sempre crera que o sabio progresismo e o sabio conservadorismo van da man».[102] A administración Republicana do presidente William Howard Taft foi conservadora progresista, e el mesmo describiuse como un crente no conservadorismo progresista.[103] O presidente Dwight D. Eisenhower tamén se declarou defensor do conservadorismo progresista.[104]
Notas
editar- ↑ "O conservadorismo é un grupo de ideoloxías políticas e sociais que promove as institucións sociais e políticas tradicionais, o gradualismo na acción política e a oposición aos movementos políticos e sociais radicais. Como movemento intelectual e político internacional identificable, o conservadorismo orixinouse na oposición á Revolución francesa, e nos seus primeiros anos estivo moi influído polo ensaio de Edmund Burke Reflexións sobre a Revolución francesa, publicado por primeira vez en 1790. Despois da revolución, o conservadorismo estendeuse por gran parte da Europa occidental e tivo influencia nas ideoloxías dos principais diplomáticos e intelectuais do século XIX, incluídos Klemens von Metternich, Joseph de Maistre e Juan Donoso Cortés.[2]
- ↑ «Uns dos personaxes principais dese proceso na posguerra foron, precisamente, os cristianodemócratas, a á do conservadorismo (aínda que nin sequera todos os académicos están de acordo en situalo no marco dos conservadores) máis flexibles. Dominaron Europa, deseñaron o proxecto europeo, entre cuxos pais fundadores hai numerosos democristiáns como Robert Schuman, Alcide de Gasperi ou Konrad Adenauer, e foron actores cruciais ata que no setenta víronse desprazados por outras tendencias conservadoras.[...] Houbo tres elementos que facilitaron o crecemento dos cristianodemócratas na Europa occidental e democrática a partir de 1945. E un deles foi fundamental: sinxelamente non eran fascistas. “Eran o único tipo de conservadores que quedaron (tras a guerra) e que tiñan credenciais antifascistas. Emerxeron da segunda guerra mundial como un brazo do conservadorismo que non tiña a sombra da colaboración”, explica Duranti. E ser o único partido conservador en pé e ser o suficientemente flexibles como para establecer coalicións e pactos con liberais, socialistas e comunistas fixo que partisen con vantaxe. Os outros dous puntos cruciais foron que se converteron no partido anticomunista por excelencia en tempos da guerra fría, o cal lles deu moitos votos, e doutra banda que se situaron como o centro entre as outras dúas visións dominantes, os liberais capitalistas e os socialistas, cunha visión na que o Estado tiña un rol moi importante que xogar, e ao mesmo tempo desconfiábase del.» [3]
- ↑ "A Democracia Cristiá ten as súas orixes remotas, non na vertente liberal do catolicismo, como se adoita crer, senón nas correntes máis conservadoras, aquelas que, no século XIX, identificábanse cos postulados do integrismo, da intransigencia e da contrarrevolución. Para facerlle fronte aos avances do “modernismo”, a Igrexa católica, liderada por Pío IX, despregou unha contraofensiva para asegurar a presenza da relixión en todos os aspectos da vida. Nesa tarefa, acompañárona, por igual, o catolicismo intransixente, o catolicismo social e a Democracia Cristiá." [4]
- ↑ "O conservadorismo social cristián formouse nos anos 30 na mesma conxuntura de crise da sociedade liberal que o conservadorismo integrista. Ambos son críticos do capitalismo, ambos reivindican o aspecto corporativo e comunitario da sociedade medieval. Pero ambos entenden de forma moi distinta a democracia [] A clave foi fundar un novo diálogo entre o catolicismo e a cultura secular." [5]
- Referencias
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para conservadorismo.
- ↑ " Que es el conservadurismo? [Resumo do ensaio sobre conservadorismo da Enciclopedia do Pensamento Político, editada por Gregory Claeys, e publicada por CQ Press (2013).]. Ryan McMaken. Instituto Mises.
- ↑ Cambios en las corrientes conservadoras. La resaca del Covid-19, ¿la nueva ‘happy hour’ de los democristianos?. Nacho Alarcón. El Confidencial (2020)
- ↑ La Democracia Cristiana en Colombia (1959-1960). Observaciones preliminares. Ricardo Arias Trujillo. Revista Historia Crítica (2009)
- ↑ Conservadurismo y democracia cristiana en Chile. Sol Serrano. Publicado en Diario El Mercurio, año 2000
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Britannica.com (ed.). "Conservatism (political philosophy)". Consultado o 1 de novembro de 2009.
- ↑ Iain McLean and Alistair McMillan, "Conservatism", Concise Oxford Dictionary of Politics, Third Edition, "Ás veces, (conservadorismo) foi unha oposición absoluta, baseada nun modelo de sociedade existente que é considerado certo para todos os tempos. Pode asumir unha forma "reaccionaria", ó reencontrar e tentar reconstruír formas de sociedade que existiron nun período anterior.", Oxford University Press, 2009, ISBN 978-0-19-920516-5
- ↑ Jerry Z. Muller (1997). Conservatism: An Anthology of Social and Political Thought from David Hume to the Present (en inglés). Princeton U.P. p. 26. ISBN 0691037116.
Os termos relacionados co "conservador" encontraron primeiro o seu camiño no discurso político no título do semanario francés, "Le Conservateur", fundado en 1818 por François-René de Chateaubriand coa axuda de Louis de Bonald.
- ↑ Frank O'Gorman (2003). Edmund Burke: His Political Philosophy. Routledge. p. 171. ISBN 9780415326841.
- ↑ Quintin Hogg Baron Hailsham of St. Marylebone (1959). The Conservative Case. Penguin Books.
- ↑ Rooksby, Ed (15 de xullo de 2012). "What does conservatism stand for?". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077.
- ↑ Robin, Corey (8 de xaneiro de 2012). "The Conservative Mind". The Chronicle of Higher Education.
- ↑ Heywood 2017, pp. 65–73.
- ↑ Scruton, Roger (2017). Conservatism: Ideas in Profile. Profile Books. pp. 137–138. ISBN 9781782833109.
- ↑ Winthrop, Norman (1983). Liberal Democratic Theory and Its Critics. Croom Helm Ltd. pp. 163–166. ISBN 978-0-7099-2766-2.
- ↑ Hogg Baron Hailsham of St. Marylebone, Quintin (1959). The Conservative Case. Penguin Books.
- ↑ Hamilton, Andrew (2019). "Conservatism". Stanford Encyclopedia of Philosophy.
- ↑ Heywood 2017, p. 67.
- ↑ Fawcett & 20, p. 48.
- ↑ 20,0 20,1 Encyclopædia Britannica.
- ↑ Heywood 2004, p. 346.
- ↑ Heywood 2017, p. 66.
- ↑ Robin, Corey (8 de xaneiro de 2012). "The Conservative Reaction". The Chronicle of Higher Education. Consultado o 6 de setembro do 2024.
- ↑ Finseraas, Henning (2010). "What if Robin Hood is a social conservative? : How the political response to increasing inequality depends on party polarization". Socio-Economic Review 8 (2). pp. 283–306. ISSN 1475-1461. doi:10.1093/ser/mwp012.
- ↑ Farrell, Henry (1 de febreiro de 2018). "Trump is a typical conservative". The Washington Post. Consultado o 6 de setembro do 2024.
- ↑ Hazony, Yoram (2022). Conservatism: A Rediscovery. Swift Press. pp. 125–133. ISBN 9781800752344.
- ↑ Gómez Dávila, Nicolás (2004) [1977]. "Escolios a un Texto Implicito". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2006.
- ↑ "hierarchy". Online Etymology Dictionary.
- ↑ Giubilei 2019, pp. 18–19.
- ↑ Ashford, Nigel; Davies, Stephen, eds. (2011). A Dictionary of Conservative and Libertarian Thought. Routledge. pp. 14–17. ISBN 978-0-415-67046-3.
- ↑ 31,0 31,1 Heywood 2017, p. 72.
- ↑ Weber, Max (1922). Economy and Society. p. 215.
- ↑ Reinhard, Bendix (1977). Max Weber: An Intellectual Portrait. University of California Press. p. 295. ISBN 978-0-520-03194-4.
- ↑ Kojève 2020, pp. 14–28.
- ↑ Nisbet, Robert A. (1993). The Sociological Tradition. Nova York: Routledge. ISBN 978-1-56000-667-1.
- ↑ Kojève 2020, p. xvii.
- ↑ Arendt, Hannah (1954). Between Past and Future: Six Exercises in Political Thought. Viking Press. pp. 91–92.
- ↑ Kojève 2020, pp. xviii–xix.
- ↑ Heywood, Andrew (2003). Political Ideologies: An Introduction (3 ed.). Palgrave Macmillan. p. 74. ISBN 978-0-333-96178-0.
- ↑ Lock, F. P. (2006). Edmund Burke. Volume II: 1784–1797. Clarendon Press. p. 585.
- ↑ Stanlis, Peter J. (2009). Edmund Burke: Selected Writings and Speeches. Transaction Publishers. p. 18.
- ↑ Auerbach 1959, p. 33.
- ↑ Kopalyan, Nerses (2010). In Defense of Edmund Burke's Aristocratic Order. Lambert Academic Publishing. ISBN 9783843375436.
- ↑ Auerbach 1959, pp. 37-40.
- ↑ Auerbach 1959, pp. 52-54.
- ↑ Auerbach 1959, p. 41.
- ↑ Neill 2021, pp. 38-43.
- ↑ Adams, Ian (2002). Political Ideology Today (2 ed.). Manchester University Press. p. 46.
- ↑ Fawcett 2020, p. 20.
- ↑ Fawcett 2020, pp. 25–30.
- ↑ Fawcett 2020, pp. 5-7.
- ↑ Coutinho, João Pereira (2014). As ideias conservadora. Três Estrelas. p. 72. ISBN 9788565339254. Consultado o 14 de febreiro de 2017.
- ↑ Jaime Nogueira Pinto (1983). "Direita". En Editorial Verbo. POLIS - Enciclopédia Verbo da Sociedade e do Estado 2. pp. 278–290.
- ↑ Touchard, vol. III, capítulo XI - Secção I - O repúdio dos princípios da Revolução, p. 44
- ↑ Nisbet 1987, capítulo "Poder e Autoridade"
- ↑ Jaime Nogueira Pinto (1983). "Conservadorismo". POLIS - Enciclopédia Verbo da Sociedade e do Estado 1. Editorial Verbo. pp. 1142–1150.
- ↑ De Maistre, Joseph (1814). Considérations sur la France.
- ↑ Touchard, vol. III, capítulo XII - Secção II - Tradicionalismo e tradições, p. 107
- ↑ Campbell 2010, p. 104
- ↑ Pinto, António; Kallis, A. (2014). Rethinking Fascism and Dictatorship in Europe. Springer. ISBN 978-0-7190-2354-5.
- ↑ Lewis, David (1987). Illusions of Grandeur: Mosley, Fascism, and British Society, 1931-81. Manchester University Press. p. 218.
- ↑ Freeden, Sargent & Stears 2013, pp. 294–297.
- ↑ Kater, Michael H. (2008). Never Sang for Hitler: The Life and Times of Lotte Lehmann, 1888–1976. Cambridge University Press. p. 167. ISBN 978-0521873925.
- ↑ Hoffmann, Stanley (1974). "The Vichy Circle of French Conservatives". Decline or Renewal? : France since 1930s. Viking Press. pp. 3–25. ISBN 0670262358.
- ↑ Lojkó, Miklós (2005). Meddling in Middle Europe: Britain and the 'Lands Between, 1919–1925. Central European University Press. p. 180. ISBN 9637326235.
- ↑ Sørensen, Gert; Mallett, Robert (2002). International Fascism,1919-45 (1st ed.). Routledge. p. 159. ISBN 978-0714682624.
- ↑ Graham, Malbone W. (1929). "The "Dictatorship" in Yugoslavia". American Political Science Review 23 (2). pp. 449–459. JSTOR 1945227. doi:10.2307/1945227.
- ↑ Howard J. Wiarda, Margaret MacLeish Mott. Catholic Roots and Democratic Flowers: Political Systems in Spain and Portugal. Westport, CT: Greenwood Publishing Group, 2001. p. 49
- ↑ Bischof 2003, p. 26.
- ↑ Stanley G. Payne. Fascism in Spain, 1923–1977. Madison: Wisconsin University Press, 1999. pp. 77–102.
- ↑ 71,0 71,1 Blamires, Cyprian (2006). World Fascism: A Historical Encyclopedia, Volume 1. ABC-CLIO. p. 21. ISBN 1576079406.
- ↑ Pashanko, Dimitroff (1993). King of Mercy: Boris III of Bulgaria, 1894–1943. Wexford and Barrow. p. 243. ISBN 9781879593695.
- ↑ Blinkhorn 1990, p. 10.
- ↑ Tomasevich, Jozo (2001). War and Revolution in Yugoslavia, 1941–1945: Occupation and Collaboration. Stanford University Press. pp. 33–34. ISBN 978-0-8047-3615-2.
- ↑ Butnaru, Ion C., The Silent Holocaust: Romania and Its Jews (1992), Praeger/Greenwood: Westport, pp. 62–63
- ↑ Balfour, Michael (1964). The Kaiser and his Times. Houghton Mifflin. p. 409.
- ↑ Kay, Hugh (1970). Salazar and Modern Portugal. Hawthorn Books. p. 68. ISBN 0413267008
|isbn=
incorrecto: invalid character (Axuda). - ↑ Seymour M. Lipset, "Social Stratification and 'Right-Wing Extremism British Journal of Sociology 10#4 (1959), pp. 346–382 on-line Arquivado April 22, 2022, en Wayback Machine.
- ↑ Fawcett 2020, p. 263.
- ↑ Remmer 1989, p. 10.
- ↑ Remmer 1989, pp. 5-6.
- ↑ von Kuehnelt-Leddihn, Erik (1 de abril de 1968). "Latin America In Perspective". Foundation for Economic Education.
- ↑ Vock, Ido. "Bolivia: Soldiers storm presidential palace in apparent coup attempt". BBC. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2024. Consultado o 10 de setembro do 2024.
- ↑ Rachman, Gideon (2022). The Age of The Strongman. Vintage Publishing. ISBN 9781847926418.
- ↑ Grigsby, Ellen (2008). Analyzing Politics. Cengage Learning. pp. 108–109, 112, 347. ISBN 978-0-495-50112-1.
- ↑ 86,0 86,1 McAnulla, Stuart (2006). British Politics: A Critical Introduction. A&C Black. p. 71. ISBN 978-0-8264-6155-1.
- ↑ Giubilei 2019, p. 21.
- ↑ Nisbet 2002, pp. 28–31.
- ↑ Ribuffo, Leo P. (14 de xaneiro de 2011). "Twenty Suggestions for Studying the Right Now that Studying the Right Is Trendy". Historically Speaking 12 (1). p. 6. doi:10.1353/hsp.2011.0013.
- ↑ Freeman, Robert M. (1999). Correctional Organization and Management: Public Policy Challenges, Behavior, and Structure. Elsevier. p. 109. ISBN 978-0-7506-9897-9.
- ↑ Heywood 2017, p. 92.
- ↑ Freeden, Sargent & Stears 2013, pp. 465–469.
- ↑ Heywood 2017, p. 90.
- ↑ Mandal, V.C. (2007). Dictionary of Public Administration. Sarup & Sons. p. 306. ISBN 978-81-7625-784-8.
- ↑ "In Defense of Nations". National Review. 13 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2022. Consultado o 11 de setembro do 2024.
- ↑ Heywood, Andrew (2013). Politics. Palgrave Macmillan. p. 34. ISBN 978-1-137-27244-7.
- ↑ Heywood 2017, pp. 76–77.
- ↑ Dunleavy, Patrick; et al. (2000). British Political Science: Fifty Years of Political Studies. Wiley-Blackwell. pp. 107–108.
- ↑ Robert Blake (1967). Disraeli (2 ed.). Eyre & Spottiswoode. p. 524.
- ↑ Russel, Trevor (1978). The Tory Party: Its Policies, Divisions and Future. Penguin. p. 167.
- ↑ John Alden Nichols. Germany after Bismarck, the Caprivi era, 1890–1894: Issue 5. Harvard University Press, 1958. p. 260
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome«:0»
- ↑ Jonathan Lurie. William Howard Taft: The Travails of a Progressive Conservative. New York, New York, US: Cambridge University Press, 2012. p.196
- ↑ Bischof, Günter, ed. (1995). Eisenhower: A Centenary Assessment. LSU Press. p. 98. ISBN 9780807119426.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conservadorismo |
Bibliografía
editar- Auerbach, M. Morton (1959). The Conservative Illusion. Columbia University Press. ISBN 978-0-598-37476-9.
- Campbell, Heather M., ed. (2010). "2: Conservatism". The Britanica Guide to Political and Social Movements That Changed the Modern World. Turning Points in History (en inglés). Britannica Educational Publishing. ISBN 9781615300167.
- Dagger, Richard; Ball, Terence; Minogue, Kenneth; Viereck, Peter. "Conservatism". Encyclopædia Britannica (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2017.
- Fawcett, Edmund (2020). Conservatism: The Fight for a Tradition. Princeton University Press. ISBN 978-0-691-17410-5.
- Freeden, Michael; Sargent, Lyman Tower; Stears, Marc; et al. (2013). Oxford Handbook of Political Ideologies. OUP Oxford. ISBN 978-0199585977.
- Giubilei, Francesco (2019). The History of European Conservative Thought. Simon and Schuster. ISBN 9781621579090.
- Heywood, Andrew (2004). Political Theory: An Introduction (3 ed.). Palgrave Macmillan. ISBN 9780333961803.
- Heywood, Andrew (2017). Political Ideologies: An Introduction. Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-137-60604-4.
- Kirk, Russel (2001). The Conservative Mind from Burke to Eliot (en inglés) (7 ed.). Regnery Publishing. ISBN 0-89526-171-5.
- Kojève, Alexandre (2020) [1942]. The Notion of Authority: A Brief Presentation. Verso Books. ISBN 9781788739610.
- Neill, Edmund (2021). Conservatism. Polity. ISBN 978-1-5095-2705-2.
- Nisbet, Robert (1987). O Conservadorismo (PDF). Editorial Estampa. ISBN 9789723301526.
- Touchard, Jean. História das Ideias Políticas da Revolução Americana ao marxismo III. Publicações Europa América.
- Touchard, Jean. História das Ideias Políticas do Liberalismo aos Nossos Dias IV. Publicações Europa América.