Cristiano Ronaldo
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e en 2023, Cristiano Ronaldo deixou de mutuo acordo o Manchester United da Premier League inglesa e asinou con o Al-Nassr FC na Saudi Professional League. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación de masas.[1][2] Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos. O seu notable desempeño na Premier League na tempada 2007–08 fíxolle acredor da Bota de Ouro,[3] o Balón de Ouro,[4] e o FIFA World Player en 2008.[5] Nos anos 2013 e 2014 conseguiu de novo o FIFA Balón de Ouro, converténdose no primeiro xogador de fútbol portugués en lograr o galardón dúas veces ou máis.
Comezou a súa carreira a curta idade no CD Nacional da súa localidade para logo incorporarse ao Sporting de Lisboa, club co que debutou na máxima categoría do fútbol portugués en 2001. Tras observalo nun amigable en 2003, o Manchester United inglés contratouno por 12,24 millóns de libras esterlinas. Despois de longas negociacións a mediados de 2009 foi traspasado ao club español Real Madrid CF por 80 millóns de libras esterlinas (94 millóns de euros, 132 millóns de dólares), converténdose no traspaso máis caro na historia do fútbol. Realizou a súa primeira aparición coa selección portuguesa en 2003 e desde 2008 é o capitán desta. No Mundial de 2022 tornou o primeiro xogador en marcar en cinco Mundiais e na Eurocopa 2024 en Alemaña, converteuse no primeiro xogador en participar en seis Eurocopas.[6]
Traxectoria
editarO seu primeiro club foi o Clube Futebol Andorinha de Santo António, onde espertou axiña a atención dos olladores do Nacional da Madeira.
En 1995 ficha polos infantís do CD Nacional. Na súa primeira época, o futbolista gaña o campionato conquistado así o seu primeiro título coma xogador de fútbol.
Aos 11 anos de idade marcha de Madeira para Lisboa, fichando polos xuvenís do Sporting de Lisboa. Debuta co primeiro equipo en setembro de 2002, con só dezasete anos de idade. Naquela tempada chegaría a xogar 25 encontros, anotando 3 goles.
Nun encontro de competición europea contra o Manchester United destaca de tal xeito que os propios xogadores da escuadra inglesa, no voo de volta a Inglaterra pídenlle ao adestrador Alex Ferguson a súa fichaxe para substituír a David Beckham, que marchaba transferido ao Real Madrid.
Dende o ano 2003 até o 2009 xogou para o Manchester United, na Premier League. En 2009 foi transferido ao Real Madrid por 94 millóns de euros. De 2018 a 2022 xogou coa Juventus F.C. Voltou ao Manchester United en 2021 e en 2023 chegou a un acordo co Al Nassr para xogar na liga saudita.
Selección nacional
editarEn 2003 Cristiano Ronaldo guiou a Portugal ao título do Torneo Esperanzas de Toulon, para xogadores sub-21. Xa naquel momento falábase do "Novo Eusébio", e a gran promesa do fútbol mundial. Uns meses despois do seu éxito no Toulon, o 20 de agosto de 2003 foi convocado para un partido ante Casaquistán e logo para representar a súa selección nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004. Pero onde deu o paso á primeira liña do fútbol mundial foi defendendo Portugal na Eurocopa 2004, onde foi reclamado, tanto pola prensa como polos seareiros, cando nos primeiros partidos non contaba para o seleccionador no once titular, e acabou sendo unha das figuras da selección portuguesa no torneo, quen rematou subcampioa por detrás de Grecia ao perder na final por marcador de 1–0. Na seguinte gran cita da súa selección, a Copa Mundial de Fútbol de 2006 de Alemaña, xogou a un gran nivel, como case o resto da súa selección, o que lle serviu para subir á cuarta posición final, caendo nas semifinais ante Francia, e no partido polo terceiro e cuarto posto ante Alemaña.
Durante a etapa clasificatoria á Eurocopa 2008 anotou un total de oito goles. Xa na Eurocopa 2008, durante o segundo partido da fase de grupos, contra a República Checa, anotou o segundo gol do partido, ademais de dar a asistencia para o terceiro gol marcado por Ricardo Quaresma. Con esa vitoria de 3–1 o equipo luso asegurou a súa clasificación para os cuartos de final, instancia na cal sería eliminada por Alemaña. A pesar da súa curta idade, Cristiano Ronaldo tamén foi distinguido como segundo capitán da súa selección, despois de Nuno Gomes, durante o mencionado certame. Logo da Eurocopa, foi nomeado capitán absoluto da Selección de fútbol de Portugal.
Participou na Copa Mundial de Fútbol de 2010 en Suráfrica, anotando un só gol en todo o torneo, na fase de grupos contra Corea do Norte na goleada por 7–0.[7] Caeu eliminado nos oitavos de final por España, que finalmente sería a campioa do certame.[8] Despois da eliminación chegáronlles fortes críticas sobre a súa reacción pola caída de Portugal no Mundial.[9]
Actividade empresarial
editarAdemais da súa carreira deportiva, Cristiano Ronaldo mantén unha intensa actividade empresarial. É propietario do 30% de Medialivre, unha empresa que xunto con Altri formaba parte do conglomerado Cofina, a través da súa compañía CR7 S.A.[10][11] A súa faceta como empresario expandiuse en diversos campos, incluíndo a moda, hoteis e ximnasios baixo a marca CR7.[12]
Cristiano Ronaldo foi condenado por fraude fiscal en España en 2019. Aceptou un acordo coas autoridades fiscais, que incluía unha multa duns 18.8 millóns de euros e unha sentenza de cárcere de 23 meses, que non tivo que cumprir. O caso xurdiu porque Ronaldo foi acusado de usar empresas en paraísos fiscais para ocultar ingresos xerados polos seus dereitos de imaxe entre 2011 e 2014.[13][14]
Vida privada
editarCristiano Ronaldo é católico. O 7 de setembro de 2005 seu pai, Dennis Aveiro, morreu por unha crise renal.[15] Horas despois Ronaldo reuniuse co seleccionador de Portugal para comunicarlle a súa intención de xogar o partido contra Rusia para a clasificación ao Mundial de Fútbol de 2006, aínda que o técnico Alex Ferguson permitiulle regresar á súa cidade natal para o enterro, polo que perdeu o partido contra o Manchester City.
En outubro de 2006 foi interrogado pola policía británica por acoso sexual, pero a acusación foi retirada por falta de probas.[16] Despois de dous partidos para a cualificación á Copa Mundial de Fútbol viaxa a Indonesia para recadar fondos polo tsunami que arrasou días antes. Reuniuse co vicepresidente Jusuf Kalla e o presidente de Timor Oriental, Xanana Gusmão para dar unha contribución de 120.000 dólares.
Despois de ser contratado polo Real Madrid vendeu a súa casa en Manchester por 6,5 millóns de euros.[17] O 4 de xullo de 2010 poucos días despois da derrota do equipo de Portugal na Copa Mundial de Fútbol de 2010 anunciou por Twitter e Facebook que era pai dun neno. Acordouse coa nai que a súa identidade manteríase en segredo e o neno quedaría baixo a súa tutela.[18]
Mantivo unha relación con Irina Shayk[19] e, desde 2016 con Georgina Rodríguez. Cristiano Ronaldo anunciou en 2021 que agardaba xemelgos coa súa parella, aínda que tristemente un dos bebés faleceu ao nacer. Xuntos teñen outros catro fillos.[20]
Palmarés e estatísticas
editarClub
editar- Manchester United
- Premier League (3): 2006–07, 2007–08, 2008–09
- FA Cup (1): 2003–04
- Football League Cup (2): 2005–06, 2008–09
- FA Community Shield (1): 2007
- UEFA Champions League (1): 2007–08
- Copa Mundial de Clubs da FIFA (1): 2008
- Real Madrid
- Primeira División Española (2): 2011–12, 2016–17
- Copa do Rei (2): 2010–11, 2013–14
- Supercopa de España (2): 2012, 2017
- UEFA Champions League (4): 2013–14, 2015–16, 2016–17, 2017–18
- Supercopa de Europa (2): 2014, 2017
- Copa Mundial de Clubs da FIFA (3): 2014, 2016, 2017
Internacional
editar- Portugal
- Cuarto posto (1): 2006
Individual
editar- 2º mellor xogador xove do Mundial 2006.
- Xogador xove do ano segundo a FIFPro (2005).
- Incluído no Equipo do ano segundo a UEFA (2004).
- Balón de Ouro nos anos 2008, 2013, 2014.
- Bota de Ouro da Premier League no ano 2008.
- Bota de Ouro europea no ano 2008.
- Trofeo Pichichi en 2011.
- FIFA Balón de Ouro no ano 2013.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Club | Tempada | Liga | Copa | Copa da Liga / Supercopa | Continental | Outros | Total | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
División | Xogos | Goles | Xogos | Goles | Xogos | Goles | Xogos | Goles | Xogos | Goles | Xogos | Goles | ||
Sporting CP B | 2002–03 | Segunda Divisão B | 2 | 0 | — | — | — | — | 2 | 0 | ||||
Sporting CP | 2002–03 | Primeira Liga | 25 | 3 | 3 | 2 | — | 3 | 0 | 0 | 0 | 31 | 5 | |
Manchester United | 2003–04 | Premier League | 29 | 4 | 5 | 2 | 1 | 0 | 5 | 0 | 0 | 0 | 40 | 6 |
2004–05 | Premier League | 33 | 5 | 7 | 4 | 2 | 0 | 8 | 0 | 0 | 0 | 50 | 9 | |
2005–06 | Premier League | 33 | 9 | 2 | 0 | 4 | 2 | 8 | 1 | — | 47 | 12 | ||
2006–07 | Premier League | 34 | 17 | 7 | 3 | 1 | 0 | 11 | 3 | — | 53 | 23 | ||
2007–08 | Premier League | 34 | 31 | 3 | 3 | 0 | 0 | 11 | 8 | 1 | 0 | 49 | 42 | |
2008–09 | Premier League | 33 | 18 | 2 | 1 | 4 | 2 | 12 | 4 | 2 | 1 | 53 | 26 | |
Total | 196 | 84 | 26 | 13 | 12 | 4 | 55 | 16 | 3 | 1 | 292 | 118 | ||
Real Madrid | 2009–10 | La Liga | 29 | 26 | 0 | 0 | — | 6 | 7 | — | 35 | 33 | ||
2010–11 | La Liga | 34 | 40 | 8 | 7 | — | 12 | 6 | — | 54 | 53 | |||
2011–12 | La Liga | 38 | 46 | 5 | 3 | — | 10 | 10 | 2 | 1 | 55 | 60 | ||
2012–13 | La Liga | 34 | 34 | 7 | 7 | — | 12 | 12 | 2 | 2 | 55 | 55 | ||
2013–14 | La Liga | 30 | 31 | 6 | 3 | — | 11 | 17 | — | 47 | 51 | |||
2014–15 | La Liga | 35 | 48 | 2 | 1 | — | 12 | 10 | 5 | 2 | 54 | 61 | ||
2015–16 | La Liga | 36 | 35 | 0 | 0 | — | 12 | 16 | — | 48 | 51 | |||
2016–17 | La Liga | 29 | 25 | 2 | 1 | — | 13 | 12 | 2 | 4 | 46 | 42 | ||
2017–18 | La Liga | 27 | 26 | 0 | 0 | — | 13 | 15 | 4 | 3 | 44 | 44 | ||
Total | 292 | 311 | 30 | 22 | — | 101 | 105 | 15 | 12 | 438 | 450 | |||
Juventus | 2018–19 | Serie A | 31 | 21 | 2 | 0 | — | 9 | 6 | 1 | 1 | 43 | 28 | |
2019–20 | Serie A | 33 | 31 | 4 | 2 | — | 8 | 4 | 1 | 0 | 46 | 37 | ||
2020–21 | Serie A | 33 | 29 | 4 | 2 | — | 6 | 4 | 1 | 1 | 44 | 36 | ||
2021–22 | Serie A | 1 | 0 | — | — | — | — | 1 | 0 | |||||
Total | 98 | 81 | 10 | 4 | — | 23 | 14 | 3 | 2 | 134 | 101 | |||
Manchester United | 2021–22 | Premier League | 30 | 18 | 1 | 0 | 0 | 0 | 7 | 6 | — | 38 | 24 | |
2022–23 | Premier League | 10 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 6 | 2 | — | 16 | 3 | ||
Total | 40 | 19 | 1 | 0 | 0 | 0 | 13 | 8 | — | 54 | 27 | |||
Al Nassr | 2022–23 | Saudi Pro League | 16 | 14 | 2 | 0 | — | — | 1 | 0 | 19 | 14 | ||
2023–24 | Saudi Pro League | 31 | 35 | 4 | 3 | — | 9 | 6 | 7 | 6 | 51 | 50 | ||
Total | 47 | 49 | 6 | 3 | — | 9 | 6 | 8 | 6 | 70 | 64 | |||
Total da carreira | 700 | 547 | 76 | 44 | 12 | 4 | 204 | 149 | 29 | 21 | 1,021 |
- Inclúen datos das competicións nacionais ou estatais como a Taça de Portugal, FA Cup, Copa del Rey, Coppa Italia e a Copa de Arabia, e tamén da Football League Cup. As aparicións en competicións europeas como a UEFA Champions League, UEFA Europa League e a Supercopa da UEFA están especificadas, ademais de partidos clasificatorios e o FIFA Club World Cup. Tamén se menciona un gol non atribuído a Ronaldo por La Liga e a UEFA nun partido contra a Real Sociedad en 2010. Tamén se inclúe aparicións na Supercopa de España, na Supercoppa Italiana, na Saudi Super Cup, na AFC Champions League, e na Arab Club Champions Cup.
Internacional
editarSelección | Ano | Oficiais | Amistosos | Total | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogos | Goles | Xogos | Goles | Xogos | Goles | ||
Portugal Sub15 | 2001 | 2 | 1 | 7 | 6 | 9 | 7 |
Portugal Sub17 | 2001 | — | 3 | 2 | 3 | 2 | |
2002 | 4 | 3 | 0 | 0 | 4 | 3 | |
Total | 4 | 3 | 3 | 2 | 7 | 5 | |
Portugal Sub20 | 2003 | — | 5 | 1 | 5 | 1 | |
Portugal Sub21 | 2002 | 0 | 0 | 1 | 1 | 1 | 1 |
2003 | 7 | 2 | 2 | 0 | 9 | 2 | |
Total | 7 | 2 | 3 | 1 | 10 | 3 | |
Portugal Sub23 | 2004 | 2 | 1 | 1 | 1 | 3 | 2 |
Portugal
Selección absoluta |
2003 | — | 2 | 0 | 2 | 0 | |
2004 | 11 | 7 | 5 | 0 | 16 | 7 | |
2005 | 7 | 2 | 4 | 0 | 11 | 2 | |
2006 | 10 | 4 | 4 | 2 | 14 | 6 | |
2007 | 9 | 5 | 1 | 0 | 10 | 5 | |
2008 | 5 | 1 | 3 | 0 | 8 | 1 | |
2009 | 5 | 0 | 2 | 1 | 7 | 1 | |
2010 | 6 | 3 | 5 | 0 | 11 | 3 | |
2011 | 6 | 5 | 2 | 2 | 8 | 7 | |
2012 | 9 | 4 | 4 | 1 | 13 | 5 | |
2013 | 6 | 7 | 3 | 3 | 9 | 10 | |
2014 | 5 | 3 | 4 | 2 | 9 | 5 | |
2015 | 4 | 3 | 1 | 0 | 5 | 3 | |
2016 | 10 | 10 | 3 | 3 | 13 | 13 | |
2017 | 10 | 10 | 1 | 1 | 11 | 11 | |
2018 | 4 | 4 | 3 | 2 | 7 | 6 | |
2019 | 10 | 14 | — | 10 | 14 | ||
2020 | 4 | 2 | 2 | 1 | 6 | 3 | |
2021 | 11 | 11 | 3 | 2 | 14 | 13 | |
2022 | 12 | 3 | 0 | 0 | 12 | 3 | |
2023 | 9 | 10 | 0 | 0 | 9 | 10 | |
2024 | 4 | 0 | 2 | 2 | 6 | 2 | |
Total | 157 | 108 | 54 | 22 | 211 | 130 | |
Total na carreira | 172 | 115 | 73 | 33 | 245 | 148 |
Notas
editar- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ "Cristiano Ronaldo gana la Bota de Oro"
- ↑ ""Cristiano Ronaldo, Ballon d'Or 2008"". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2011.
- ↑ ""El FIFA World Player, para Cristiano Ronaldo"". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2011.
- ↑ Diario, Nós (2024-06-05). "'Nós Diario' lanza a súa guía da Eurocopa 2024". Nós Diario. Consultado o 2024-07-02.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Los-dueños-de-Altri-entre-el-eucalipto-los-periodicos-y-los-negocios-con-Cristiano-Ronaldo". economiadigital.es (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "OFICIAL: Cristiano Ronaldo, com 30%, destaca-se como novo ‘patrão’ da CMTV e Correio da Manhã". paginaum.pt (en portugués). Consultado o 2024-07-02.
- ↑ "Pestana CR7 Lifestyle Hotels - Conheça os nossos Hotéis!". www.pestanacr7.com. Consultado o 2024-07-02.
- ↑ "Ronaldo accepts plea deal in tax fraud case – DW – 01/22/2019". dw.com (en inglés). Consultado o 2024-07-02.
- ↑ "Cristiano Ronaldo pays fine for tax evasion to avoid jail sentence". euronews (en inglés). 2019-01-22. Consultado o 2024-07-02.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2011.
- ↑ http://www.elmundo.es/elmundodeporte/2005/10/19/futbol_internacional/1129735838.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2011.
- ↑ http://www.elpais.com/articulo/gente/tv/Cristiano/Ronaldo/padre/sorpresa/elpepugen/20100704elpepuage_1/Tes
- ↑ http://www.europapress.es/chance/gente/noticia-irina-shayk-nueva-novia-cristiano-ronaldo-20100531131352.html
- ↑ "Cristiano Ronaldo's Partner Georgina Rodriguez Shares Name of Twin Daughter After Son's Death". E! Online. 2022-05-07. Consultado o 2024-07-02.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cristiano Ronaldo |
Ligazóns externas
editar- Website Oficial Cristiano Ronaldo apoiado polo xogador.
- Cristiano Ronaldo Profile & Stats en FootballDatabase.
- Cristiano Ronaldo Profile en Topforward (en inglés).