Freimut Börngen
Freimut Börngen, nado o 17 de outubro de 1930, e finado o 19 de xuño de 2021, foi un astrónomo alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1930 Halle (Saale), Alemaña |
Morte | 19 de xuño de 2021 (90 anos) Isserstedt, Alemaña (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | astrónomo , descobridor de asteroides (pt) |
Empregador | Karl Schwarzschild Observatory (en) |
Lingua | Lingua alemá |
Premios |
Traxectoria
editarBörngen estudou as galaxias cun telescopio Schmidt do Observatorio Karl Schwarzschild en Tautenburg, Turinxia, Alemaña. Retirouse en 1995, aínda que continúa o seu traballo de astrónomo como afeccionado.
Froito do seu traballo descubriu un gran número de asteroides (519 ata xullo de 2006). A procura dos asteroides realizouna fóra do seu tempo de traballo, xa que na antiga República Democrática de Alemaña (RDA) non se consideraba un asunto de prestixio suficiente. Durante o tempo en que existiu o estado da RDA, os nomes que deu aos asteroides foron neutros, como lugares de Turinxia, pero tras a reunificación de Alemaña empregou outros referidos a feitos históricos ou relixiosos.
Froito do seu traballo, a Unión Astronómica Internacional puxo o seu nome a un asteroide: (3859) Börngen, descuberto por Edward Bowell. En 2006 foi homenaxeado no seu país ao outorgárselle a Bundesverdienstkreuz am Bande (Cruz ao Mérito) polo Presidente alemán Horst Köhler.