(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Gustau Biosca - Wikipedia, a enciclopedia libre

Gustau Biosca

futbolista español

Gustau Biosca Pagés, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 29 de febreiro de 1928 e finado en Barcelona o 1 de novembro de 2014,[1] foi un futbolista catalán. Xogaba de defensa e xogou a práctica totalidade da súa carreira no FC Barcelona.

Modelo:BiografíaGustau Biosca

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de febreiro de 1928 Editar o valor en Wikidata
L'Hospitalet de Llobregat, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Barcelona (España) Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 1979 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1948–1949 Club Deportivo Condal
1949–1958   FC Barcelona 137(3)
1958–1959 Club Deportivo Condal 7(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Cataluña
1951–1954   España 11(0)
1956–1956   España B 1(0)

FIFA: 46613 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi defensa do FC Barcelona entre 1950 e 1958, debutou o 8 de outubro de 1950 fronte ó Valencia CF. Até a tempada 57-58, ano no que deixou o fútbol, completou 139 encontros en primeira división, sempre coa camisola azulgrana, nos que anotou tres goles, e 11 encontros internacionais coa selección española. Coma adestrador, liderou a equipos coma o Pontevedra CF, ou o Real Valladolid e foi axudante de Ladislao Kubala en varios clubs e na selección de Romanía.

Porén, Biosca, que participou coma actor nalgunhas películas ao longo dos anos 50, acadou sona polo seu romance coa diva flamenca Lola Flores.

No libro de Vizcaíno Casas Las anécdotas del cine español (2000) aparece no seguinte relato:

"Lola Flores foi na súa xuventude tan apaixoada no amor coma no cante. Un dos seus romances máis intensos o mantivo co futbolista do Barcelona Gustavo Biosca. Cando o rapaz lle comunicou que, sentíndoo moito, tiñan que remata-la súa relación porque decidira endereza-la súa vida, Lola (que se namoraba profundamente dos seus homes, aínda que o arrebato lle duraba pouco) rogoulle que, ó menos, tivesen un encontro de despedida"[Cómpre referencia]

.