Halterio
Non confundir con haltere aparello ximnástico.
Os halterios, tamén chamados balancíns, son pequenas estruturas en forma de maza, que son modificacións dun dos dous pares de ás nalgúns dos insectos alados.[1]
Nos diferentes grupos
editarA maioría dos insectos alados teñen dous pares de ás (aínda que algúns, como os coleópteros só utilicen para o voo as ás do segundo par, primeiro está endurecido e funciona como coiraza cando o insecto está pousado (os élitros).
Na orde dos dípteros (moscas e mosquitos) ás ás posteriores modificáronse en halterios.
Mentres que nos da orde dos estrepsípteros, pequenos insectos parasitos de abellas, avespas e cascudas son as ás anteriores as que se transformaron en halterios.
Función
editarEstas estruturas axítanse rapidamente durante o voo. Conteñen os chamados órganos cordotonais, sinxelos órganos posicionais que funcionan como xiroscopios, informando ao insecto sobre a rotación do corpo durante o voo e a súa posición espacial.
Etimoloxía
editarA palabra halterio provén do grego antigo ἁ
Estes ἁ
No salto, as halteras levábaas o atleta en ambas as mans para poder saltar a unha distancia maior. Talvez as deixaban caer tras o primeiro ou o segundo salto. Segundo evidencias arqueológxicas, o atleta balancearía os pesos cara a atrás e logo o botaba cara a adiante xusto antes do salto e faríaas pivotar cara a atrás xusto antes de liberalas e chegar ao chan. Desta manobra de balanceamento probabelmente deriven os sinónimos vulgares do galego e castelán balancín,[1][8] do portugués balancim,[9] e do catalán balancí,[10] para halterio, haltere e halteri, respectivamente. No italiano só se usa o termo bilanciere.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 halterio s m. ENTOM Par de apéndices, capitados e móbiles, que substitúen o segundo par de ás nos dípteros. OBS: Tamén se denominan balancín. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISNB 84-7680-504-7.
- ↑ ἁ
λ τ ῆρες - ↑ ἅλλομαι
- ↑ ἅ
λ μ α - ↑ Gardiner, Norman (2002). "Athletics in the Ancient World". Dover (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ Pearl, Bill (2005). "Getting Stronger: Weight Training for Sports" (en inglés). Shelter. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ Miller, Stephen G. (2006). "Ancient Greek Athletics" (en inglés). Yale University Press. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ balancín, 10ª acep., no DRAE.
- ↑ Klowden, M. J. (2007): Physiological systems in insects. Elsevier/Academic Press. pp. 497-499.
- ↑ balancí, 4ª ecep. No Diccionari da la llengua catalana. Barcelona / Palma de Mallorca / València: Institut d'estudis catalans, 1995, ISBN 84-2973-981-5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Yarger, AM; Fox, JL. "Dipteran Halteres: Perspectives on Function and Integration for a Unique Sensory Organ". Integr Comp Biol 56: 865–876. PMID 27413092. doi:10.1093/icb/icw086.
- Pringle, J. W. S. (1948). "The Gyroscopic Mechanism of the Halteres of Diptera". Phil. Trans. R. Soc. B. 233 (602): 347–384. doi:10.1098/rstb.1948.0007.
- Fraenkel, G.; Pringle, J. W. S. (1938). "Biological sciences: halteres of flies as gyroscopic organs of equilibrium". Nature 141: 919–920. doi:10.1038/141919a0.
- Dickinson, M. H. (1999). "Haltere–mediated equilibrium reflexes of the fruit fly, Drosophila melanogaster". Phil. Trans. R. Soc. B. 354 (1385): 903–916. PMC 1692594. PMID 10382224. doi:10.1098/rstb.1999.0442.
- Frye, M. A. (2009). "Neurobiology: fly gyro-vision". Curr. biol. 19 (24): 1119–1121. PMID 20064422. doi:10.1016/j.cub.2009.11.009.
- Frye, M (2015). "Elementary motion detectors". Curr. biol. 25 (6): 215–217. PMID 25784034. doi:10.1016/j.cub.2015.01.013.
- Graham, T. K.; Krapp, H. G. (2007). "Sensory Systems and Flight Stability: What do Insects Measure and Why?.". Adv. Insect Physiol 34: 231–316. doi:10.1016/S0065-2806(07)34005-8.