Herodes Ático
Tiberio Claudio Herodes Ático, en lingua grega Ἡρώδης ὁ Ἀττικός, nado en Maratón no ano 101 e finado en Atenas no 177, foi un político e orador grego.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Λούκιος Βιβούλλιος Ίππαρχος Τιβέριος Κλαύδιος Αττικός Ηρώδης (la) Lucius Vibullius Hipparchus Tiberius Claudius Atticus Herodes ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 101 ![]() Maratona, Grecia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 177 ![]() Maratona, Grecia (pt) ![]() ![]() |
Senador romano | |
![]() | |
Arconte epónimo | |
![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Ática ![]() |
País de nacionalidade | Roma Antiga ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , militar , retórico , filósofo ![]() |
Período de tempo | Alto Imperio Romano ![]() |
Movemento | Segunda sofística ![]() |
Profesores | Secundus (pt) ![]() ![]() ![]() |
Alumnos | Élio Aristides (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Grego antigo ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Appia Annia Regilla |
Fillos | Atticus Bradua (en) ![]() ![]() |
Pais | Tiberius Claudius Atticus Herodes (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Tiberius Claudius Atticus Herodianus (en) ![]() ![]() ![]() |
![]() |
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1c/Herodes_Atticus_-_bust_-_Athens_Museum.jpg/200px-Herodes_Atticus_-_bust_-_Athens_Museum.jpg)
Traxectoria
editarHerodes Ático sobresaíu como retórico e sofista. Ensinou retórica en Atenas, onde empregou a súa enorme fortuna para a construción de edificios: recubriu de mármore o estadio de Atenas, construíu piscinas de mármore nas Termópilas, un ninfeo en Olimpia, o estadio de Delfos, o teatro Odeón etc. Dicíase que o seu pai achara o tesouro que os persas agocharan en Maratón. Foi procónsul en Asia, pontífice das Panateneas en Atenas, cónsul en Roma (143) e senador.
O Odeón construíuno no 161 en memoria da súa muller, Apia Annia Regila, á morte da cal mandou pintar de negro mesmo a casa. Disque en certa ocasión o seu amigo sofista Lucio, vendo un servo que pelaba ravos, burlouse de que cometese "unha inxustiza contra a memoria de Regilla comendo ravos brancos nunha casa completamente negra".
Herodes Ático foi un aticista rigoroso, gabado polos seus contemporáneos e axiña considerado un clásico. Foi mestre do emperador romano Marco Aurelio. Produciu unha obra extensa composta de diatribas, diarios literarios e efemérides, mais só sobreviviron unha declamación (Tratado de Herodes sobre o estado) e a tradución latina dunha fábula.