Hidronimia
A hidronimia (do grego ὕ
Características
editarOs nomes dos ríos son palabras moi resistentes ao cambio lingüístico. Nese sentido, como formas lingüísticas, os hidrónimos considéranse formas moi conservadoras, sucedendo normalmente que os pobos que substitúen a outros nun asentamento conserven o nome dado aos recursos hídricos. Por exemplo o Guadiana orixinalmente foi o río Anas, ao que os árabes chamaron simplemente wadi ana 'río anas', conservando o nome usado polos seus habitantes anteriores, e posteriormente os seus sucesores cristiáns, ao conquistaren Al-Ándalus seguiron mantendo o nome na forma moderna Guadiana.
Esta pervivencia dos antigos hidrónimos é moi apreciada polos paleolingüistas, pois é un gran recurso para reconstruír linguas desaparecidas, as súas extensións ou posíbeis rutas migratorias[1].
Entre as linguas indoeuropeas os hidrónimos provenientes de linguas distintas comparten étimos comúns. Os ríos Danubio, Don, Dnister, Dniéper e Donets conteñen a raíz protoindoeuropea *danu-, (IEW 175), co significado de 'río, auga'. Estes topónimos son atribuídos ao antigo oseto ou escita.[2]. Na Europa occidental, a coincidencia nos nomes dos ríos levou o lingüista alemán Hans Krahe á hipótese dunha antiga lingua indoeuropea desaparecida, anterior a xermanos e celtas que foi denominada antigo europeo.
Notas
editar- ↑ Para un estudo de varios hidrónimos galegos é moi útil, entre outras este libro: Bascuas, Edelmiro, Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega, Verba, anexo 51, Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-9750-026-1.
- ↑ antigo oseto en linguae imperii
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Robert S. P. Beekes: "River", Encyclopedia of Indo-European Culture, pp. 486–87. (en inglés)
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |