(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Kawhi Leonard - Wikipedia, a enciclopedia libre

Kawhi Leonard

baloncestista estadounidense

Kawhi Anthony Leonard, nado o 29 de xuño de 1991 en Riverside, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).

Infotaula de personaKawhi Leonard

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Riverside, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRiverside Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Diego (2007–)
Martin Luther King High School (en) Traducir
Universidade Estatal de San Diego Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso104 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo2 Editar o valor en Wikidata
Convocado porIndiana Pacers, 15º (2011) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2009-2011 San Diego State Aztecs men's basketball (en) Traducir
2018-2019 Toronto Raptors (Ala)
2019- Los Angeles Clippers Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKishele Shipley (2014–)
Premios

IMDB: nm6571003 Twitter: kawhileonard Editar o valor en Wikidata

Traxectoria profesional

editar

O 23 de xuño de 2011, Leonard foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Indiana Pacers. Foi traspasado pouco despois aos San Antonio Spurs, xunto cos dereitos de Erazem Lorbek e a 42ª eleccións do Draft de 2011 Davis Bertans a cambio de George Hill.[1] Leonard e o seu compañeiro de equipo Tiago Splitter foron seleccionados para xogar o Rising Stars Challenge de 2012 coma membros do Team Chuck, pero non puido xogar por lesión.[2] Ó remate da súa primeira tempada na NBA, foi elixido no mellor equipo de rookies da NBA, e foi cuarto na votación ó Rookie do Ano.

O 26 de outubro de 2012, os Spurs exerceron a opción de equipo do contrato de Leonard, e renováronno ata a tempada 2013-14.[3] Na tempada 2012-13, Leonard foi seleccionado de novo para xogar o Rising Stars Challenge, onde anotou 20 puntos e capturou 7 rebotes.[4] Nesta tempada xogou por primeira vez unhas Finais da NBA, onde fixo 14.6 puntos e 11.1 rebotes por partido na derrota dos Spurs en sete partidos contra os Miami Heat.

Na tempada 2013-14 rematou con 12.8 puntos, 6.2 rebotes, 2.0 asistencias por partido e 1.7 roubos de balón por partido, cunha porcentaxe de tiros de campo dun 52.2%. Todo isto fixo que fora escollido no mellor quinteto defensivo do ano por primeira vez na súa carreira.[5] Os Spurs enfrontáronse de novo ós Heat nas Finais da NBA, pero desta vez San Antonio foi capaz de gañar á franquía de Florida por 4-1.[6] Leonard acadou 17.8 puntos por partido, cunha porcentaxe dun 61% en tiros de campo, e foi elixido MVP das Finais.[7]

O 18 de xullo de 2018, Leonard foi traspasado xunto a Danny Green ós Toronto Raptors, a cambio de Jakob Pöltl e unha elección da primeira rolda do Draft de 2019.[8]

O 9 de xullo de 2019, Leonard asinou cos Los Angeles Clippers.[9]

  1. "NBA Draft trades: Pacers deal Leonard to San Antonio for George Hill". SportingNews.com. 23 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2013. Consultado o 21 de decembro de 2011. 
  2. "All-Star notebook: Calf strain keeps Leonard out of Rising Stars game". MySanAntonio.com. 24 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 
  3. "Spurs Exercise Team Options on Cory Joseph and Kawhi Leonard". NBA.com. 26 de outubro de 2012. Consultado o 26 de outubro de 2012. 
  4. "Team Shaq at Team Chuck". NBA.com. 15 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2013. 
  5. Kawhi Leonard Named to 2013–14 NBA All-Defensive Second Team
  6. Price, Tom (16 de xuño de 2014). "Notebook: Spurs 104, Heat 87". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2014. 
  7. "Kawhi Leonard named Finals MVP". ESPN.com. Associated Press. 16 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2014. 
  8. "Spurs obtain DeMar DeRozan, Jakob Poeltl and first round pick from Raptors in exchange for Kawhi Leonard and Danny Green". NBA.com. July 18, 2018. Consultado o July 18, 2018. 
  9. "L.A. Clippers Sign Two-Time Finals MVP Kawhi Leonard" (Nota de prensa). Los Angeles Clippers. 10 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar