Liquidámbar
Liquidámbar (xénero Liquidambar) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Liquidámbar oriental (Liquidambar orientalis) in Franz Eugen Köhler, Medizinal-Pflanzen, 1897 | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
véxase texto. |
Os liquidámbar (nome científico Liquidambar) é un xénero de fanerógamas pertencente á familia Altingiaceae, que ás veces é considerada como unha parte de Hamamelidaceae. Comprende 4 especies. O autor do xénero, Linné, clasificábao preto dos Platanaceae.
En Galicia atopámolos principalmente nas cidades coma ornamentais.
Descrición
editarSon árbores grandes, caducifolias, 25 a 40 m de altura, con follas palmadas, lobuladas, en arranxo espiralado nas pólas. As flores son miúdas e producen unha inflorescencia globular e mesta de 1 a 2 cm de diámetro e pénsiles a 3 a 7 cm da póla. O froito é unha cápsula lígnea, múltiple, de 2 a 4 cm de diámetro, con numerosas sementes.
Especies
editar- Liquidambar californicum Lesquereux, 1878 - Fósil.
- Liquidambar europaeum AL Braun in Buckland, 1888 - Fósil.
- Liquidambar changii Pigg, K. B., S. M. Ickert-Bond, & J. Wen, 2004
- Liquidambar acalycina H.T.Chang[1] - Centro e sueste da China - Fósil.
- Liquidambar formosana Hance[2] - Liquidámbar da China, centro e sueste da China, sueste de Corea, Taiwán, Laos, nordés do Vietnam)
- Liquidambar orientalis Mill.[3] - Liquidámbar oriental, suroeste de Turquía, Grecia: Rodas)
- Liquidambar styraciflua L.[4] - Liquidámbar americano, leste de América do Norte de Nova York a Texas e leste desde México, Guatemala, O Salvador, Honduras e Nicaragua.
O xénero estaba moito máis espallado no Terciario, porén desapareceu de Europa por mor da extensa e intensa glaciación no norte e nos Alpes, que sirviu como parede contra a migración do sur. Desapareceu do oeste de América do Norte por mor de variacións climáticas, e por condicións demasiado frías na estepa rusa. Hai numerosas especies fósiles de Liquidambar que amosan ese status de relictismo actual.
Usos
editarÉ unha popular árbore ornamental, particularmente en áreas temperadas con veráns calorosos. Plántase principalmente pola súa follaxe, xa que no outono tórnase a fermosas cores amarelas e arroibadas.
En Galicia plántase moito en xardíns e rúas urbanas.
As árbores producen unha goma coñecida coma storax, usada na menciña tradicional. Esta goma contén unha pequena cantidade dun hidrocarburo aromático o estireno; o estudo do estireno extraído da goma do Liquidambar orientalis deu por resultado a síntese en 1925 do primeiro polímero poliestireno, por parte da industria petroquímica alemá.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Hsu, E. & Andews, S. (2005). Árbore do Ano: Liquidámbar
Libro do Ano da Sociedade Internacional de Dendroloxía 2004: 11-45
- Extinción determinística Plio-Pleistocénica da flora arbórea da Europa temperada-fría. Ecology Letters 6 (7): 646-653; xullo de 2003
- Posíbel ligazón entre o froito do Liquidámbar e a Gripe Aviar; Avances da Sociedade Americana de Química, en Atlanta, American Chemical Society, marzo de 2006
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liquidámbar |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Liquidámbar |