(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Monte do Galiñeiro - Wikipedia, a enciclopedia libre

Monte do Galiñeiro

(Redirección desde «Monte Galiñeiro»)

O monte do Galiñeiro sitúase entre os concellos pontevedreses de Vigo e Gondomar, concretamente entre as parroquias de Zamáns e Vincios, con cumio nesta última a unha altura de 711 metros. Intégrase na serra do Galiñeiro, da cal tamén forma parte o parque natural do Monte Aloia.

Modelo:Xeografía físicaMonte do Galiñeiro
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
CordilleiraSerra do Galiñeiro Editar o valor en Wikidata
Petróglifo de Auga da Laxe.
Vista dende o cumio do Galiñeiro.

O segundo domingo de xullo acolle o curro do Galiñeiro ou de Vincios, no lugar de Auga da Laxe.

Etimoloxía

editar

O topónimo "Galiñeiro", habitual en Galiza, podería provir do termo celta *kal(l)- (de onde tamén provén Gallaecia, termo que evolucionou ás actuais Galiza/Galicia), co sentido de "rocha", "con", "penedo".[1]

Xeoloxía

editar

A orixe do monte remóntase á oroxénese alpina acontecida durante o Cenozoico, no período Terciario. A ladeira norte do monte, correspondente á parroquia viguesa de Zamáns é rica en gneis, formando parte do complexo ofiolítico denominado Complexo de Malpica-Tui. Tamén son numerosas as intercalacións de anfibolitas, verdes e escuras, adoitando aparecer os gneis sulcados de filóns de seixo con abundante magnetita.

Os lados sur e oeste compoñen o chamado contacto sur do gneis Galiñeiro, formado por rochas compostas por seixo, moscovita e turmalina negra e, na zona máis alta deste contacto, por xistos con mica e turmalina, ademais dunha potente pegmatita explotada antigamente para a extracción do feldespato.

Arqueoloxía

editar

Gran parte da sona do monte débese ao complexo arqueolóxico dos petróglifos de Auga da Laxe. Trátase dunhas representacións de máis de 25 armas, entre as que atopamos espadas curtas, puñais e alabardas, datadas no Calcolítico (entre o III e o II milenio a. C.).

  1. http://penadacataverna.blogspot.com.es/2014/11/a-moura-dos-gallos.html Estudio de etimología de "Gallos", "Galiñeiro" e similares

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Barciela, P. e Rey, E. (2000), Xacementos arqueolóxicos de Galicia, Edicións Xerais.
  • Mapa Topográfico Nacional de España (2002), Instituto Geográfico Nacional, Ministerio de Fomento.

Ligazóns externas

editar