(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Niki - Wikipedia, a enciclopedia libre

Niki (tamén escrito como NIKI ou flyNiki, oficialmente NIKI Luftfahrt GmbH) foi unha aeroliña austríaca subsidiaria de Air Berlin. Tiña a súa sede en Office Park I no Aeroporto de Viena-Schwechat. Niki operaba servizos regulares a cidades europeas e destinos de lecer ademais de voos chárter dende Viena, Salzburgo, Graz, Linz e Innsbruck. Niki cesou todas as súas operacións o 14 de decembro de 2017.[1] O 29 de decembro dese mesmo ano anunciouse que IAG mercara partes de Niki por 20 millóns de euros, incluídos 15 avións Airbus A320 e algúns dereitos de aterraxe. En xaneiro de 2018 a aeroliña foi mercada por Lauda.

Niki
IATA
HG
OACI
NLY
Indicativo
NIKI
Fundación2003
Fin das operacións14 de decembro de 2017
AlianzaOneworld (afiliada)
Frota23
Destinos50
HoldingVueling
Eslogan da compañíaThe Passenger Comes First
SedeSchwechat, Austria
Páxina web: http://www.flyniki.com/

Historia

editar

No ano 2003 Niki Lauda, expiloto de Fórmula 1 e fundador de Lauda Air, mercou as operacións de Aero Lloyd Austria. A aeroliña comezaría a voar o 28 de novembro dese mesmo ano.

O 9 de xaneiro de 2004 Niki anunciou a súa cooperación con Air Berlin. A finais de 2011 a aeroliña fusionouse completamente con esta, compartindo operacións, sistemas de reserva e avións. Dende o 20 de marzo de 2012 Niki é un membro afiliado da alianza Oneworld como compañía subsidiaria de Air Berlin.[2] Dende finais dese ano Niki foi repintando os seus avións coa librea de Air Berlin, usando só o seu logo no nariz.

En outubro de 2014 Niki anunciou a cancelación dos seus voos dende Viena ata Copenhague, Moscova e Frankfurt debido á baixada da demanda. No seu lugar en verán de 2015 abriranse novas rutas máis rendibles cara a destinos de lecer.[3]

Aínda que ás veces descríbese a Niki como unha aeroliña de baixo custo, esta proporciona servizos plenos, como refrixerios gratuítos, prensa e equipaxe. Ofrece un bocadillo ou un aperitivo frío, refrescos, té e café en todos os seus voos de curta distancia, ademais de nos voos chárter a Grecia, Tunisia e Turquía. Nos voos chárter de media distancia ás illas Canarias e Exipto a todos os pasaxeiros se lles proporciona un aperitivo quente. Tamén poden encargarse menús de gourmet de Demel antes do voo. Tamén teñen servizo de compra a bordo dos avións.[4]

Antes do cesamento de operacións en decembro de 2017 a frota de Niki estaba formada polos seguintes avións:[5]

Frota de Niki
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 2 3 180
Airbus A321-200 15 210/212
Boeing 737-700 5 144 Operados por TUI fly Deutschland
Boeing 737-800 8 186 Operados por TUI fly Deutschland
Total 30 3
  1. Austrian Aviation (ed.). "Grounding für Niki". Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  2. Niki (ed.). "Sobre nós". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  3. Austrian Aviation (ed.). "Niki: Air Berlin bestätigt Streckenstreichungen". Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  4. Niki (ed.). "Servizos a bordo". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  5. Planespotters (ed.). "Frota de Niki". Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar