Pavo
O pavo[2] (Meleagris gallopavo) é unha especie de ave galiforme da familia Phasianidae.
Pavo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un pavo (Meleagris gallopavo) durante a tempada de apareamento. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Meleagris gallopavo' L., 1758 | |||||||||||||||
Distribución do pavo salvaxe en América do Norte.
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
(Véxase no texto.) |
É orixinario de América do Norte, mais introduciuse como ave doméstica en case todo o mundo. A súa poboación no momento da chegada dos europeos calcúlase en 40 millóns de exemplares, sendo fortemente cazada ou domesticada. Na actualidade estímase que hai 4 millóns en estado salvaxe e moitos millóns máis en estado doméstico.
Características biolóxicas
editarOs pavos habitan o norte de América, desde os Estados Unidos até o sur de México; as subespecies atópanse nunha ampla gama de hábitats incluíndo chairas e montes, necesitando abeiro para os niños e de árbores para se pousar e evadir os depredadores. Pasan gran parte do día a procurar alimento polo chan e só voan curtas distancias sen chegar a migrar.
Polo xeral son omnívoros e aliméntanse de pequenos insectos, sementes e plantas. O peso e o talle varía considerabelmente dunha subespecie a outra e son de comportamento diúrno pousándose á noite nas pólas das árbores.
Comportamento
editarOs pavos organízanse nunha sociedade xerárquica e comunícanse mediante chamadas e contacto físico sumándose a estes os cortexos sexuais. Segundo a estación, os machos e as femias compórtanse de xeito distinto formando grupos de tamaño e funcións variábeis.
Fóra da época de reprodución os machos e as femias viven en grupos separados, mais chegando a primavera créanse "pavadas de cortexo", grupos de machos adultos e femias de maior tamaño. Neses momentos os machos fixan territorios e os grupos de femias desarticúlanse, provocando que as femias transiten solitarias con total liberdade polos territorios; os machos que conseguiron fixar o seu dominio sobre un territorio tratarán de atraer femias con chamadas sonoras e realizando movementos complexos. En grupos de machos novos só o máis dominante é o que se aparea e comunmente un grupo pequeno de machos dominantes ten total dominio sobre un gran número de individuos.
Cando o macho e maila femia consumaron o acto sexual empezan a construción do niño podéndose aparear diariamente até o momento de chocar. Polo regular as femias forman grupos para aniñar e criar os seus pitos no mesmo niño. A nai pavo depositará de 5 a 8 ovos e chocaraos arredor de 28 días; a seguir os pitos ficarán no niño até os 6 ou 7 meses. Se o apareamento non provoca o nacemento de crías as femias forman pavadas sen niñada. Polo inverno os machos mailas femias sepáranse formando "pavadas invernais" e os pitos machos deixan o niño e forman as súas propias "pavadas invernais".
Subespecies
editarCoñécense seis subespecies de Meleagris gallopavo :[3][4]
- Meleagris gallopavo silvestris - centro e leste dos Estados Unidos.
- Meleagris gallopavo osceola - Florida (localizado)
- Meleagris gallopavo intermedia - do norte de Texas ao centro-leste de México. No Estado de Chihuahua, coñécese tamén coma "Cócono".
- Meleagris gallopavo merriami - oeste dos Estados Unidos.
- Meleagris gallopavo mexicana - montañas da meseta leste e central de México.
- Meleagris gallopavo gallopavo - sur de México (de Xalisco a Veracruz e polo sur até Guerrero).
Notas
editar- ↑ BirdLife International 2008. Meleagris gallopavo Arquivado 07 de xullo de 2009 en Wayback Machine.. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.1
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pavo.
- ↑ Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
- ↑ "Meleagris gallopavo". ITIS. Consultado o 20 de setembro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pavo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Pavo Común Meleagris gallopavo en Damisela.com