(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Pirolusita - Wikipedia, a enciclopedia libre

A pirolusita[1][2] é un mineral do grupo dos óxidos. Quimicamente é dióxido de manganeso, que pode presentar unha gran cantidade de hábitos cristalinos, aínda que en xeral preséntase en forma de agregados cristalinos fibrosos.

Pirolusita
Fórmula químicaMnO2
ClaseÓxidos
Sistema cristalinoTetragonal
CorGris metalizado, gris-ferro ou gris azulado
BrilloSubmetálico
Dureza6 a 6,5, 2 se é masiva (escala de Mohs)
FracturaConcoidal
ExfoliaciónNon
RaiaNegra
Densidade4,4 a 5,1 g/cm³

O nome procede do grego, piro é lume e lousis é lavadura, xa que na antigüidade usábase para quitar a cor verdosa que lle daba ó vidro a presenza de compoñentes de ferro.

Ambiente de formación

editar

O máis normal é que a pirolusita teña unha orixe sedimentaria, formada por deposición de manganeso nun ambiente de sedimentación lacustre ou en pantanos.

Tamén noutras ocasións fórmase como produto da oxidación por factores climáticos doutros minerais do manganeso. Por iso, é frecuente atopalo asociado a limonita, hematita, cuarzo, manganita, psilomelana e outros minerais óxidos de ferro e manganeso.

Localización e extracción

editar

Moi común en todo o mundo e, xunto coa rodocrosita, son a principal mena do manganeso. A extracción de manganeso da pirolusita lévase a cabo por electrólise.

O manganeso é un metal moi valorado estratexicamente, pois é un compoñente do aceiro e outras aliaxes tales como o bronce-manganeso. Como é un axente oxidante úsase para a fabricación de cloro e desinfectantes (permanganatos). Tamén se usa para a decoloración do vidro, pois cando se mestura co vidro fundido oxídase o ferro ferroso a ferro férrico, co que desaparecen as cores verdosas e marróns que tería o vidro.

Úsase tamén como material colorante na fabricación de pinturas verde e violeta e en tinguiduras para teas, así como para dar cores violeta ou ámbar a azulexos e cerámica.

A variedade polianita adóitase extraer en Centroeuropa. Enormes depósitos de pirolusita están a explotarse en Xeorxia, no Decán (India), Brasil, Ghana e Suráfrica. En España hai importantes xacementos en Asturias e Huelva.

 
Pirolusita dendrítica.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pirolusita.
  2. "pirolusita". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar