(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Río Lagares - Wikipedia, a enciclopedia libre

Río Lagares

curso fluvial galego

O río Lagares, ou río Gandariña, tamén chamado antigamente río Sárdoma,[1] é o principal curso fluvial do concello de Vigo, na provincia de Pontevedra.

Modelo:Xeografía físicaRío Lagares
Imaxe
Tiporío
curso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónA Retorta Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónría de Vigo Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°12′16″N 8°46′49″O / 42.204444, -8.780278
Afluentes
Características
Dimensións18 (lonxitude) km

Descrición

editar

Nace na Lagoa Mol, entre o lugar da Retorta na parroquia de Cabral (Vigo) e a parroquia de Vilar de Infesta (Redondela).

Esténdese por todo o sur do termo municipal de Vigo, de leste a suroeste, a través das parroquias de Candeán, Lavadores, Sárdoma, Castrelos, Matamá e Santo André de Comesaña, até a súa desembocadura na ría de Vigo, a nivel do extremo sur da praia de Samil.

Os seus derradeiros sete quilómetros están percorridos por un parque-paseo de corenta mil metros cadrados que se prolonga dende a zona industrial da avenida de Madrid até as marismas da Carrasqueira, entre as parroquias de Coruxo e Navia.

Afluentes pola esquerda son o Eifonso, á altura de Sárdoma, e o Barxa (ou Barxas), á altura de Castrelos.

Patrimonio

editar

A ponte medieval de Sárdoma é unha das pontes vellas que cruza o río. Despois este atravesa o Parque de Castrelos, onde se atopa o Pazo de Castrelos. Pasando o parque, o leito do río foi desviado nos anos 1970 pola urbanización da cidade e deixou de pasar baixo a ponte medieval de Castrelos. O curso do río segue por baixo do Estadio de Balaídos, sede do Real Club Celta de Vigo, para rematar acompañado dun paseo fluvial antes da foz na praia de Samil onde forma un grande esteiro.

Galería de imaxes

editar
  1. Besadío, D. (13 de marzo de 2015). "De cando o Lagares se chamaba río Sárdoma". DUVI. Consultado o 14 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar