(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Río Salween - Wikipedia, a enciclopedia libre

O río Salween, coñecido na China oficialmente como río Nu, é un río duns 2815 km que flúe dende o altiplano do Tíbet ata o mar de Andaman en Asia do sueste.

Modelo:Xeografía físicaRío Salween
Imaxe
Tiporio internacional (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaTíbet, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar de Andamán Editar o valor en Wikidata
Mapa
 31°50′42″N 91°32′05″L / 31.845, 91.5347
16°09′02″N 97°33′26″L / 16.15064, 97.55719
Afluente
Pai River (en) Traducir, Moei River (en) Traducir, Gyaing River (en) Traducir, Nam Pang River (en) Traducir, Teng River (en) Traducir, Nam Hka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaSalween River basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño2.815 (lonxitude) km
AtravesaRepública Popular da China, Tailandia e Myanmar Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica325.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal4.876 m³/s Editar o valor en Wikidata

Drena unha estreita e montañosa conca dun 324 000 km2 que se estende pola China, Myanmar e Tailandia. A súa conca contén unha biodiversidade comparábel coa do río Mekong e é o fogar de sete millóns de persoas. En 2003, áreas clave da rexión foron declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade xunto coas Áreas Protexidas dos Tres Ríos Paralelos de Yunnan.[1]

Os pobos que viven no río Salween están relativamente illados do resto do mundo. O río só é navegábel nos primeiros 90 km dende a súa desembocadura, e tan só na estación das chuvias.

No século XX comezou a explotación forestal nas montañas arredor do Salween e danou a ecoloxía do río. Houbo tamén numerosas propostas de construír encoros no río, tanto na parte chinesa como na de Myanmar, que provocaron protestas sociais e ambientais e unha ampla oposición.[2][3]

Salween, oficialmente río Thanlwin,[4] é unha transcrición do birmano birmano: သံလွင်မြစ် (|θしーたàɰ̃lwɪ̀ɰ̃ mjɪʔ|). O nome do río noutras linguas locais é en tailandés: แม่น้ำสาละวิน, en phlone: (en birmano); en S'gaw Karen ဃိၣ်လီၤကျိ; e en mon: သာန်လာန် (|san lon|).

Na China, o río coñécese como río Nu ou Nujiang (chinés: いかこう,Nù Jiāng), polo pobo nu que vive na rexión.[5] Entre os tai de Yunnan, é o río Hong (lingua tai nuea: ᥑᥨᥒᥰ xoong; lingua tai long: ၶူင်း xuung). A parte alta no Tíbet coñécese como Nagqu (tibetano: ནག་ཆུ, Wylie: nag chu, ZYPY: Nagqu), "río negro" (chinés: きょく).

Historia

editar

A ruta de Birmania foi construída entre 1937 e 1938 durante a segunda guerra chinesa-xaponesa e cruzaba o río na ponte Huitong. A ponte foi destruída polo exército chinés en retirada e o río converteuse en liña de fronte entre 1942 e 1944.

A campaña do Salween durante a segunda guerra mundial lanzouse para liberar a parte ocupada da China e abrir de novo a ruta de Birmania e conectala coa ruta de Ledo.

  1. Yanfei Sun and Dingxin Zhao, "Environmental Campaigns," in Kevin O'Brien ed. Popular Protest in China, Harvard University Press, 2008.
  2. Buckley, Michael (30 de marzo de 2015). "The Price of Damming Tibet's Rivers". New York Times (Nova Deli). p. A25. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2015. Consultado o 1 de abril de 2015. Two of the continent’s wildest rivers have their sources in Tibet: the Salween and the Brahmaputra. Though they are under threat from retreating glaciers, a more immediate concern is Chinese engineering plans. A cascade of five large dams is planned for both the Salween, which now flows freely, and the Brahmaputra, where one dam is already operational. 
  3. Yeophantong, Pichamon (2017). "River activism, policy entrepreneurship and transboundary water disputes in Asia". Water International 42 (2): 163–186. doi:10.1080/02508060.2017.1279041. 
  4. "Eighth United Nations Conference on the Standardization of Geographical Names" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2018. Consultado o 10 de agosto de 2020. 
  5. Chellaney, Brahma (15 de setembro de 2011). Water: Asia's New Battleground. Georgetown University Press. pp. 260–. ISBN 978-1-58901-771-9. Consultado o 29 de setembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Phoel, Cynthia M., "Bargaining Power", en Oxfam Exchange, outono de 2004.

Ligazóns externas

editar