Rosalynn Carter
Eleanor Rosalynn Carter (de solteira Smith), nada en Plains (Xeorxia) o 18 de agosto de 1927 e finada na mesma localidade o 19 de novembro de 2023, foi a Primeira Dama dos Estados Unidos de América entre 1977 e 1981 como a esposa de Jimmy Carter. Durante décadas foi voceira de numerosas causas.
Carter estivo politicamente activa durante os seus anos na Casa Branca, sentando nas reunións do gabinete. Foi a conselleira máis próxima ao seu marido. Tamén serviu como enviada no estranxeiro, particularmente en Latinoamérica.
Traxectoria
editarOrfa de pai dende os trece anos,[1] axudou a súa nai no seu traballo de modista[2] para afrontar os seus estudos elementais. No Plains High School, Rosalynn traballou duro para facer realidade o soño do seu pai de que fose á facultade.[2] Matriculouse no Georgia Southwestern College, mais despois abandonouno.[3] Tiña aspiracións de saír de Plains, mais tivo que deixar a facultade debido á falta de diñeiro e por ter obrigas coa súa nai e irmáns.[4]
Casou con Jimmy Carter en 1946 e dende que este abandonou a Armada dos Estados Unidos colaborou na empresa familiar dedicada ao cultivo e comercialización de cacahuetes, no departamento de contabilidade.
Cando en 1962, Jimmy Carter foi elixido senador polo estado de Xeorxia, Rosalynn dedicouse a apoiar a carreira política do seu esposo. En 1970 converteuse na primeira dama de Xeorxia e decidiu centrarse na saúde mental.[5] Máis tarde fixo campaña para a candidatura de Carter á Presidencia dos Estados Unidos. Ao final do mandato incorporouse ao proxecto do Centro Carter, onde é codirectora.
Participou activamente nas tarefas preparatorias para a asistencia da fundación ao Referendo presidencial de Venezuela de 2004 a petición de todas as partes.
Vida privada
editarRosalynn e Jimmy Carter casaron en Plains o 7 de xullo de 1946. O matrimonio cancelou os plans de Rosalynn de acudir ao Georgia State College for Women, onde planeaba estudar deseño de interiores.[6] A parella tivo catro fillos: John William "Jack" (nado en 1947), James Earl "Chip" III (nado en 1950), Donnel Jeffrey "Jeff" (nado en 1952) e Amy Lynn (nada en 1967).
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Carter, Rosalynn (1994). First Lady from Plains. University of Arkansas Press. ISBN 978-1557283559.
- Lindsay, Rae (2001). The Presidents' First Ladies. Gilmour House. ISBN 978-0965375337.
- O'Brien, Cormac (2005). Secret Lives of the First Ladies: What Your Teachers Never Told You About the Women of the White House. Quirk Books. ISBN 978-1594740145.
- Marton, Kati (2002). Hidden Power: Presidential Marriages That Shaped Our History. Anchor. ISBN 978-0385721882.
- Ronayne, Peter (2001). Never Again?: The United States and the Prevention and Punishment of Genocide since the Holocaust. Rowman & Littlefield Publishers. ISBN 978-0742509221.
- Ryan, Bernard (2006). Jimmy Carter: U.S. President and Humanitarian. Ferguson Pub. ISBN 978-0816059034.
- Coleman, Earl Clark (2004). Welcome Back, Carter: 2004 Democratic Presidential Poll Winner. 1st Book Library. ISBN 978-1414032009.
- Watson, Robert P. (2005). Laura Bush: The Report to the First Lady: 2005. Nova Science Publishers. ISBN 978-1594542909.
- Gherman, Beverly (2003). Jimmy Carter. Lerner Pub Group. ISBN 978-0822508168.
- Carter, Jimmy (2008). Beyond the White House: Waging Peace, Fighting Disease, Building Hope. Simon & Schuster. ISBN 978-1416558811.
- Godbold, E. Stanley (2010). Jimmy and Rosalynn Carter: The Georgia Years, 1924–1974. Oxford University Press.
- Levin, Bruce Lubotsky (2010). A Public Health Perspective of Women's Mental Health. Springer. ISBN 978-1441915252.
- Carter, Jimmy (2010). White House Diary. Farrar, Straus and Giroux. ISBN 0374280991.
Ligazóns externas
editar- The Carter Center
- National First Ladies Library Arquivado 09 de maio de 2012 en Wayback Machine.
- New Georgia Encyclopedia Arquivado 21 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
- Rosalynn Carter Institute for Caregiving