Tinakula
Tinakula é un volcán cónico que forma unha illa ao norte de Nendo na provincia de Temotu, nas Illas Salomón. Atópase no extremo norte da Illas Santa Cruz. Ten ao redor de 3´5 km de ancho e elévase 851 metros sobre o nivel do mar, pero elévase de tres ou catro quilómetros por encima do fondo do mar. Entra en erupción aproximadamente cada hora cunha columna de cinza e rocas. A primeira erupción do volcán rexistrouse en 1595, cando Álvaro de Mendaña navegaba preto na súa volta ó redor do mundo.
Tinakula | |
---|---|
Vista desde o espazo | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Illas Salomón |
Provincia | Temotu |
Arquipélago | Illas Santa Cruz |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 11°23′S 165°48′L / -11.383, -165.800 |
Xeografía | |
Superficie | 8 km² |
Longura máxima | 3´6 km. |
Largura máxima | 3´1 km. |
Punto máis alto | 851 m. Tinakula |
Demografía | |
Capital | Temateneni (abandonada) |
Poboación | Deshabitada |
Densidade | hab./km² hab./km² |
Ocupación
editarA illa está deshabitada. Unha poboación anterior foi erradicada cando o volcán entrou en erupción ao redor de 1840 e o fluxo piroclástico varreu todos os lados da illa. En 1951, polinesios de Nukapu e Nupani establecéronse na illa, que alcanzou un pico de poboación de 130 habitantes, antes de que tivese que ser evacuada coa erupción de 1971. O pobo de Temateneni atópase na costa sueste. A finais de 1980, dúas familias (menos de 10 persoas) de Nupani fixeron outro intento de colonización.
A illa está cuberta de selva, agás a parte occidental, que está cuberta de cinza. Foi arrasada por deslizamentos de terra en 1965. Cando o volcán entra en erupción, é posible observar grandes rocas rodando pola ladeira da montaña.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tinakula |