(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Winixiso de Spoleto - Wikipedia, a enciclopedia libre

Winixiso de Spoleto

Winixiso ou Winichis (no latín da época Winigisus; morreu en 822) foi duque de Spoleto (dux Spolitanus) desde 789 ata a súa morte.

Modelo:BiografíaWinixiso de Spoleto
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Morte822 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuke of Spoleto (en) Traducir (789–822) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Posibelmente era un franco do círculo de Carlomagno cando foi enviado no 788 para guiar a Hildeprando de Spoleto e a Grimoaldo III de Benevento en cooperación coas tropas francas contra a invasión bizantina.

Nesta primeira acción na que é mencionado tivo éxito, ao derrotar aos gregos guiados por Teodoro en Apulia. Hildeprando, con todo, morreu na campaña e Carlomagno designou a Winixiso para sucedelo no ducado de Spoleto.

Winixiso foi designado por Carlomagno para que actuase como un missus dominicus seu no Ducatus Romae e estaba na basílica de San Pedro cando o papa León III foi asaltado o 25 de abril de 799. Foi el quen o levou á protección de Spoleto ata que puido volver a salvo a Roma.

Winixiso viuse envolto nunha guerra con Grimoaldo III de Benevento, con todo, e foi capturado no cerco de Lucera en 802. Estivo prisioneiro por un ano ata que foi liberado en 803.[1]

Mentres León III estaba próximo á morte en 815, os cidadáns de Roma rebeláronse, pero o rei Bernaldo mandou a Winixiso a Roma para reprimir a desorde.

En 822, Winixiso abandonou as súas obrigas mundanas e retirouse a un mosteiro, onde morreu non moito tempo despois (probabelmente nese mesmo ano).[2] sucedeuno Suppón I, Brixiæ civitatis comes ("Conde da cidade de Brescia").[3]

  1. Hodgkin, VIII, 256. de acordo con Einhardo, Grimaldus Beneventanorum dux capturou Winigisum comitem Spoletii en Luceria e "tívo[o] en honorábel cativerio" ata o ano seguinte. Segundo os Annales Fuldenses, foi cercado e capturado por Grimoldo en 803.
  2. Hodgkin, VIII, 51. Einhardo.
  3. Anais reais francos e Einhardo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar