Xaneiro
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
Xaneiro é o primeiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días.
A súa orixe está no nome latino para o undécimo mes do ano (primeiro a partir da reforma de Xulio César) Ianuarius, que viña sendo o mes dedicado ó deus Xano.
Acontecementos en xaneiro
editar- O primeiro de xaneiro celébrase a Independencia de Haití.
- O 6 de xaneiro é o Día dos Reis Magos.
- O 26 de xaneiro é o aniversario da República India.
O terceiro domingo de xaneiro celébrase o Día Mundial da Neve, co obxectivo de promocionar os deportes brancos[1][2]
O último domingo de xaneiro celébrase o Día Mundial contra a Lepra [3].
Xaneiro na cultura popular
editar- Artigo principal: Xaneiro na cultura popular galega.
As sortes son os primeiros doce días do mes de xaneiro e prognostican o que vai acontecer durante cada mes do ano. Así, o tempo que fai o día 1 será o tempo que fará en xaneiro, o do día 2 corresponderá a febreiro etc.
A lúa de xaneiro, chamada lúa morta, é a mellor para matar o porco. A lúa crecente seguinte será a adecuada para salgalo se se quere que medre a carne na artesa. Nunca debe matarse con lúa chea porque o touciño se aluaría.
Notas
editar- ↑ "Día Mundial de la Nieve (World Snow Day)" (en castelán). Consultado o 2024.01.22.
- ↑ "Día Mundial de la Nieve" (en castelán). Consultado o 2024.01.22.
- ↑ "Día Mundial Contra la Lepra" (en castelán). Consultado o 28.11.2022.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xaneiro |