En Galilibros, o Wikibooks en galego.
Galilibro
MANUAL DE LINGUA VASCA (Índice gramatical)
modificar
Introdución : Presentación xeral do vasco e dos capítulos.
Tema 01 : Pronuncia
Tema 02 : Artigos
Tema 03 : Demostrativos (singular e plural)
Tema 04 : Pronomes (persoais e interrogativos); facer preguntas
Tema 05 : Declinación: preposicións ("en", "de", "con"), partitivo e xenitivo-partitivo
Tema 06 : Declinación: destino, dirección e procedencia
Tema 07 : Verbos: auxiliares ("ser", "estar" e "haber/ter") e negación
Tema 08 : Verbos: clasificación e verbos básicos
Tema 09 : Conxugación verbal: tempos básicos (pasado, presente e futuro)
Tema 10 : Conxugación verbal: formas analíticas e sintéticas
Tema 11 : Conxugación verbal: nominalización (substantivación) e modo (finalidade)
Tema 12 : Cortesía e expresións comúns
Tema 13 : Vocabulario: os números e léxico básico
Tema 14 : Vocabulario: o tempo (as horas, os días, os meses, as datas)
Tema 15 : Vocabulario: o ser humano (as partes do corpo e a familia)
Tema 16 : Dous textos e despedida
Suplemento á versión orixinal
En vasco tódalas letras se pronuncian e non existe o acento tónico. Porén, algunhas letras non se pronuncian coma en francés [e cómpre dar estes detalles tamén para o galego]:
e pronúnciase coma e pechado ;
g pronúnciase [sempre] coma en gato ;
j pronúnciase coma o ll en galego ou mesmo o i [ou o y nalgúns estranxeirismos];
u pronúnciase coma o u en galego;
s pronúnciase coma o x en galego;
x pronúnciase coma o x en galego;
z pronúnciase coma o s en galego;
Ir ó tema seguinte