Subversion
Subversion ─a miúdo abreviado coma “SVN”─, é un sistema de control de versións creado en 2000 por CollabNet que permite que os usuarios sigan as modificacións feitas en calquera tipo de datos electrónicos, normalmente código fonte, páxinas web ou documentos de deseño.
Parches
[editar]Antes de vermos como xestionar parches nun repositorio de Subversion, cómpre explicar en que consiste o concepto de “parche” no contexto da informática. Un parche é un ficheiro de texto simple que contén información sobre os cambios realizados a un ficheiro concreto. Contén as liñas que se borraron e as que se engadiron. Por exemplo, se actualizas a tradución dun programa, podes enviarlle aos seus desenvolvedores un parche cos cambios que fixeches en vez de mandarlle a tradución completa.
Para o caso dos cambios no código fonte de programas, isto resulta moi importante, xa que os parches poden case sempre ser aplicados sobre ficheiros que mentres o autor do parche os modificaba, tamén os modificaba outro desenvolvedor (noutra parte do código fonte), de xeito que os cambios feitos polo desenvolvedor non se ven alterados ao aplicar o parche, dado que cada cambio afectou a partes distintas do código fonte.
Os parches tamén permiten que desenvolvedores alleos a un proxecto de software escriban cambios para os programas, e que posteriormente os desenvolovedores do proxecto podan revisar eses cambios e aplicalos ou non ao programa que están a desenvolver.
Crear un parche
[editar]Crear un parche para un repositorio SVN é moi doado. O primeiro será descargarmos a última versión do código fonte do repositorio Subversion mediante a orde «svn co
».
Logo teremos que realizar os cambios necesarios no código.
Unha vez rematados estes, dende o directorio principal do proxecto teremos que executar unha orde que xerará o parche, e deberemos indicar o lugar onde queremos que este se garde. Asemade, cómpre lembrarmos darlle un nome descritivo ao parche. A orde é a seguinte:
svn diff > /ruta/na/que/gardar/o/parche.diff
A extensión ou sufixo do ficheiro será «.diff
», que ven de “differences”, «diferencias» en inglés. Esta extensión recoñécena moitos editores de texto, de xeito que os que contan coa funcionalidade de salientar a sintaxe automaticamente poderán facelo de acorde coa sintaxe dos parches.
Agora xa temos o parche na ruta indicada na orde ─a única parte da orde que cada usuario debe personalizar─. É hora de enviarlle o parche aos desenvolvedores orixinais ─mediante un correo electrónico ou calquera outro medio─. O autor revisará os cambios, e probablemente os aplique ao código fonte.
Véxase tamén
[editar]- Documentación oficial (en inglés)