Albanel: Diferenzas entre revisións
traducido de es:Albañil |
m bot Engadido: it:Muratore, pl:Murarz, scn:Mastru muraturi |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
[[fi:Muurari]] |
[[fi:Muurari]] |
||
[[fr:Maçon]] |
[[fr:Maçon]] |
||
[[it:Muratore]] |
|||
[[nl:Metselaar]] |
[[nl:Metselaar]] |
||
[[pl:Murarz]] |
|||
[[pt:Pedreiro]] |
[[pt:Pedreiro]] |
||
[[scn:Mastru muraturi]] |
|||
[[sv:Murare]] |
[[sv:Murare]] |
Revisión como estaba o 18 de xaneiro de 2010 ás 07:26
Albanel (do árabe vulgar al-banní, e este do árabe clásico al-banna’, "o que constrúe ou edifica") é un operario que realiza indistintamente traballos básicos de construción, como alzado de muros, paredes e tapias, colocación de cubertas e canalizacións de fluídos sen presión, enchido e nivelado de encofrados con formigón, preparación de cemento e outras tarefas de obra non especializadas.
Tamén se refire ao que se adica a traballo forzado. Ata o século XIX o oficio de albanelería era un oficio gremial. Para pertencer a el, o candidato debía ser presentado por un membro e ser aceptado formalmente como aprendiz. Unha vez dentro do gremio podía conseguir distintos graos ata chegar a mestre, que xa tiña unha consideración social importante. O Mestre de Albanelería era o responsable da execución das obras, supervisado unicamente polo arquitecto.
O 3 de maio celébrase o día do albanel (ao igual que o día da Santa Cruz), conmemorándose coa construción dunha cruz a partir dos sobrantes da obra, que se coloca na parte superior e máis alta. Ese mesmo día faise unha celebración á que se invitan aos familiares e amigos dos albaneis, onde o padriño é o propietario da edificación ou no seu defecto os enxeñeiros ou residentes da obra.
A tradición practícase en Europa desde a Idade Media.
A albanelería está considerada un dos traballos de maior risco.