(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Cariño: Diferenzas entre revisións - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cariño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
sustitución del escudo anterior por el escudo oficial del ayuntamiento de Cariño
Elisardojm (conversa | contribucións)
restauro escudo svg correcto
Liña 2: Liña 2:
{{Coordenadas|43|44|29|N|07|52|09|W|display=title}}
{{Coordenadas|43|44|29|N|07|52|09|W|display=title}}
{{Concello|
{{Concello|
escudo=Escudo_Cariño.jpg |
escudo= Escudo de Cariño.svg|
imaxe= [[Ficheiro:Casa do Concello de Cariño.JPG|320px]]|
imaxe= [[Ficheiro:Casa do Concello de Cariño.JPG|320px]]|
pé= Casa do Concello de Cariño|
pé= Casa do Concello de Cariño|

Revisión como estaba o 15 de maio de 2018 ás 08:42

Cariño
Bandeira de Cariño
Escudo de Cariño
Casa do Concello de Cariño
Situación
Xentilicio[1]cariñés/cariñesa
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Ortegal
Poboación3.769 hab. (2023)[2][3]
Área46,8 km²[3]
Densidade80,53 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias[4]
Capital do concelloCariño
Política (2015)
AlcaldeJosé Miguel Alonso Pumar (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 4
Outros: AECA 1
Eleccións municipais en Cariño
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes39,47%
Na rede
www.concellodecarino.com
editar datos en Wikidata ]

Cariño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.241 habitantes (4.590 no 2009, 4.700 no 2006, 4.788 no 2005, 4.798 no 2004, 4.812 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cariñés[6].

Xeografía

Cariño.

O punto xeográfico máis importante do Concello é a Punta dos Aguillóns (Cabo Ortegal).

A serra da Capelada elévase na parte occidental do Concello e descende cara ó Océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales, o de Herbeira, é considerado o máis alto da Europa continental. Os montes máis destacados da Capelada son o monte Herbeira (613 m), monte Limo (558 m) e Monte Miranda.

A zona oriental do Concello está formada polo descenso dos montes, de forma suave, cara á Ría de Ortigueira. Nesta zona sitúanse todos os núcleos de poboación do Concello, a maior parte dos cales preto da ría.

Os cinco ríos máis importantes do concello son o río Soutullo, Maguleiro, Sagrón, Lourido, Seixo e río de Barreiros. Todos eles nacen na Serra da Capelada e descenden cara ó leste. Trátase de ríos de augas polo xeral rápidas, e moi curtos.

Demografía

Censo total 2014 4.241 habitantes
Menores de 15 anos 393 (9.27 %)
Entre 15 e 64 anos 2.502 (59 %)
Maiores de 65 anos 1.346 (31.74 %)

Clima

Dentro do concello, hai dúas áreas ben diferenciadas. Na cima dos montes da Serra da Capelada, as precipitacións son elevadas todo o ano (2000 mm); debido á protección destes mesmos montes, as chuvias redúcense lixeiramente na zona oriental do Concello (aproximadamente uns 1000 mm). A temperatura media anual sitúase entre os 13º e os 14º.

Comunicacións

A principal estrada de Cariño (CP-6121) conéctao con Ponte de Mera, en Ortigueira, e transcorre case a carón da costa, a través das parroquias de Feás, Landoi, Sismundi, A Pedra e, finalmente, Cariño. Dende aquí, pódese continuar cara ó Cabo Ortegal por unha estrada local; de igual forma pódese subir á Serra da Capelada mediante dous ramais, un que parte de Feás e o outro, de A Pedra.

Historia

Os restos atopados na Serra da Capelada evidencian que o concello estaba xa poboado na época prehistórica: no monte do Limo acháronse lascas de sílex, e hai cinco dolmens (No Coto de Lodeiro, na Cova da Fornela, no Coto da Zarza e dous no monte de Herbeira).

O concello continuou a ser poboado varios milenios máis tarde, a xulgar polos castros da Moura, da Punta do Castro e da Cancela. En San Xiao de Trebo, un pequeno núcleo de poboación situado ó norte de Cariño, atopáronse restos dunha vila romana baixo unha capela.

Da Alta Idade Media coñécense varias construcións, entre elas A Pena do Castelo de Cariño (na parroquia da Pedra), do que só se conservan algúns restos.

Xa máis adiante, Cariño foise convertendo nunha vila pesqueira. No ano 1584, o padrón rexistra "39 veciños e 124 almas". A partir do século XVII, Cariño convértese en parte do condado de Santa Marta de Ortigueira.

O papel pesqueiro de Cariño reforzouse entre o último cuarto do século XIX e o principio do XX coa implantación de fábricas de conserva por parte de inmigrantes procedentes de Cataluña, unha nova burguesía local á que se sumaron familias da comarca e doutros puntos de Galicia.

Especialmente traumáticos para o porto foron a galerna de 1887, que ocasionou a desfeita de varias fábricas e barcos, e unha revolta popular acontecida en 1897 con tráxicas consecuencias ao cargar a Garda Civil contra os manifestantes, a práctica totalidade da poboación.

As mudanzas económicas proletarizaron o sector mariñeiro, conlevaron o acceso das mulleres ao traballo asalariado e propiciaron o medre dunha pequena burguesía local. O nome de Cariño non tardou en sumarse, baixo as siglas da CNT e outras, á emerxencia do sindicalismo mariñeiro ao ritmo dos outros enclaves pesqueiros do país.

A represión fascista (asasinatos, prisión, exilio...) foi especialmente dura na comarca do Ortegal tras o golpe de Estado do 36.

A industria pesqueira e conserveira conseguiron recuperarse unha vez pasada a posguerra e as fortes correntes migratorias entre os anos 40-60. Unha nova xeración de mariñeiros con vocación empresarial explorou novos caladoiros. A frota medrou e modernizouse e o rendemento vinculado ás especies de altura (pescada, bonito etc.) permitiu notorios avances sociais. A pesar de todas as conserveiras iren pechando paulatinamente, nesa mesma época chegou un período de prosperidade para Cariño que se acentuou coa extracción e exportación de dunita a partir da década dos oitenta.

Xurdiron tamén daquela iniciativas culturais e incrementouse o asociacionismo. Organizouse o Festival de Teatro de Cariño -que acabou sendo dos de maior renome no circuíto nacional- e logrouse o consenso social e político para conseguir dous centros de ensino oficiais e, máis tarde, a proclamación do Concello independente o 21 de xaneiro de 1988 tras aprobarse oficialmente a súa segregación de Ortigueira. Cariño é o Concello número 313 de Galicia.

Economía

O Concello de Cariño é economicamente activo. O sector de maior importancia é o da pesca, tanto polos empregos que crea de forma directa como polas industrias conserveiras que se sitúan en Cariño. Na parroquia de Santiago de Landoi hai unha mina de dunita.

Goberno municipal

Trala segregación de Ortigueira das parroquias que constituirían o concello de Cariño, en 1988, o socialista José Luis Armada pasou a ser o seu alcalde, unha condición que revalidaría nos comicios locais de 1991. Abriríanse despois dous mandados (de 1995 a 2003) con Fernando Tallón (PPdG) como novo alcalde.

Porén, en 2003 e 2007 Armada volvería ser alcalde, nunha corporación que, en ámbalas dúas citas, estivo composta por 5 edís do PSdeG-PSOE, 4 do PP e 2 do BNG. Situación que abocou a senllos gobernos de coalición entre socialistas e nacionalistas.

En 2011 é elixida alcaldesa Mª Purificación Seixido Gómez, do Bloque Nacionalista Galego (BNG). A corporación municipal completábase con 3 concelleiros do BNG,4 do PP e 3 do PSdeG-PSOE.

En 2015, José Miguel Alonso Pumar (PSdeG-PSOE), é elixido novo alcalde, ao contar os socialistas con 4 concelleiros por 3 do PP, outros 3 de BNG, e 1 de AECA.

  • Meu señor San Andresiño/ póñano-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traémo-la vela rota [7].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cariño.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño

Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo)

Lugares de Cariño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cariño vexa: Lugares de Cariño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Cariño".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. Santo André de Teixido é unha parroquia do concello de Cedeira, concello que linda ó leste co de Cariño.

Véxase tamén

Outros artigos