(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Felix Bloch - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Felix Bloch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 22 de novembro de 2022 ás 19:37 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «Segunda Guerra Mundial»)

Modelo:Científico Felix Bloch, nado en Zúric (Suíza) o 23 de outubro de 1905 e finado en San Francisco (E.U.A.) o 10 de setembro de 1983, foi un físico norteamericano de orixe suíza, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1952.

Traxectoria

Naceu nunha familia de orixe xudía. Estudou na Escola Politécnica Federal de Zúric (Eidgenössische Technische Hochschule Zürich) da Universidade de Zúric. Aínda que iniciou estudos en Enxeñería, pronto cambiou aos estudos de Física. Graduado en 1927, proseguiu os seus estudos de Física na Universidade de Leipzig, doutorándose en 1928. Permaneceu en Alemaña, onde estudou xunto a Werner Heisenberg, Wolfgang Pauli, Niels Bohr e Enrico Fermi.

En 1933 abandonou Alemaña por marchar á universidade norteamericana de Stanford, converténdose en profesor desta universidade en 1934 e acadando a nacionalidade estadounidense en 1939.

Investigacións científicas

Durante a segunda guerra mundial traballou ao redor da enerxía nuclear no Laboratorio Nacional Los Álamos dos Estados Unidos no Proxecto Manhattan xunto a Robert Oppenheimer, Edward Teller, Otto Frisch, Enrico Fermi, David Bohm, James Chadwick, James Franck, Emilio Gino Segrè, Niels Bohr, Eugene Wigner, Leo Szilard e Klaus Fuchs entre outros. Posteriormente dimitiu para pasar a formar parte do proxecto radar da Universidade Harvard.

Interesado na indución nuclear e a resonancia magnética nuclear, en 1952 foi galardoado, xunto co norteamericano Edward Mills Purcell, co Premio Nobel de Física polos seus estudos, por separado, sobre a medición de campos magnéticos no núcleo atómico, resonancia magnética nuclear.

Entre 1954 e 1955 foi o primeiro director do CERN situado en Xenebra.

Véxase tamén

Ligazóns externas