(Translated by https://www.hiragana.jp/)
American Airlines - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

American Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de febreiro de 2012 ás 03:05 por Beninho (conversa | contribucións) (básico de en.wiki)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Boeing 737-800 de American Airlines

American Airlines, Inc. (AA) é a terceira aeroliña máis grande do mundo en millas por pasaxeiro e en ingresos do mundo. American Airlines é unha subsidiaria de AMR Corporation e ten a súa sede en Fort Worth, Texas, ao lado do seu principal centro de actividade, o Aeroporto Internacional de Dallas/Fort Worth. A aeroliña ten unha extensa rede internacional e doméstica, con voos regulares a Norteamérica, o Caribe, Sudamérica, Europa e Asia e o Pacífico.

American Airlines ten cinco centros de operacións: Dallas/Fort Worth (DFW), Chicago (ORD), Miami (MIA), New York (JFK) e Los Angeles (LAX). Dallas/Fort Worth e o seu centro máis grande, operando AA e American Eagle, a aeroliña rexional de AMR, o 85% do seu tráfico no aeroporto e viaxando a máis destinos que dende calquera dos seus outros centros. Na actualidade American ten bases de mantemento en Tulsa (TUL) e Fort Worth Alliance (AFW), e ten dous afilaidos, American Eagle e AmericanConnection.