(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Alcoa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alcoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de outubro de 2012 ás 02:45 por ZéroBot (conversa | contribucións) (r2.7.1) (Bot: Engado: ko:알코아)
Alcoa

Editar o valor en Wikidata
TipoEmpresa Pública
Fundación1888 Pittsburgh, Pennsylvania Estados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónLever House

New York City, New York Estados Unidos de América Estados Unidos

Pittsburgh, Pennsylvania Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorCharles Martin Hall
Persoas claveKlaus Kleinfeld (Director)
IndustriaAluminio
ProdutosAluminio
Alúmina
Número de empregados61.000 (Decembro de 2011)
Na rede
http://www.alcoa.com
Facebook: alcoa Twitter: alcoa Youtube: UCiWfTm0EoruOGN6OTQcJnTQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]


Espolón do porto da factoría e a zona da factoría en terreo de San Cibrao.
Zona da factoría en terreo de Xove.

Alcoa Inc. (acrónimo de Aluminum Company of America) é unha empresa multinacional de base estadounidense fundada en 1888, que na actualidade ten dúas factorías en Galicia, na Coruña e na Mariña lucense, nos concellos de Xove e Cervo. Esta factoría é coñecida como Alcoa-San Cibrao, por estar a entrada no lugar de San Cibrao (Cervo), pero tributa en Xove por estar en terreo dese concello a administración.

Alcoa é terceiro maior produtor mundial de aluminio, xunto con Río Tinto Alcan e Rusal.

Historia

En 1886, Charles Martin Hall, graduado no Ohio's Oberlin College, descubriu o proceso de produción do aluminio, case simultáneamente con Paul Héroult en Francia. Deuse conta que ao facer pasar unha corrente eléctrica a través dun baño de criolita e óxido de aluminio, a continuación, o metal de aluminio obtíñase como un subproduto. Este descubrimento, agora chámase proceso Hall-Héroult, e segue sendo o único proceso empregado para producir aluminio.

The Aluminum Company of America", foi o novo nove da empresa en 1907. O acrónimo "Alcoa" foi empregado en 1910, tenendo en conta como un nome a dous dos principais lugares onde sitúanse as instalacións das empresas (aínda que un deles xa non é tal), en 1999 foi adoptado como o nome oficial da empresa.

Alcoa en España

En 1998 mercou parte das instalacións da INI adicadas á fabricación de aluminio Inespal, con centros de producción en San Cibrao, A Coruña, Avilés, Amorebieta, Alacant, Sabiñánigo e Noblejas.


Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas