(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Vitelio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Vitelio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 23 de marzo de 2013 ás 10:59 por KLBot2 (conversa | contribucións) (Bot: Retiro 56 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q1417)
Busto de Vitelo (R.A.B.A.S.F., Madrid).

Aulus Vitellius Germanicus foi un emperador romano.

Vitelio era comandante das lexións do Rhin, cando foi nomeado emperador Marco Salvio Otón por parte dos pretorianos. As lexións baixo o seu mando rebeláronse e o nomeárono tamén emperador, e marchando este sobre Roma, venceu a Otón e foi recoñecido polo Senado como o novo Emperador.

Pero á vez que se facía este recoñecemento, as lexións de Oriente proclamaban emperador a Tito Flavio Vespasiano, quen nese intre estaba a sulagar unha rebelión dos xudeos. De inmediato recibiu o apoio dos gobernadores de Siria e Exipto, así como das lexións acantonadas na fronteira do Danubio, que con anterioridade apoiaran o nomeamento de Otón.

Vitelio nun sestercio

O xefe desas lexions, Marco Antonio Primo, marchou sobre Roma, derrotou a Vitelio, quen pereceu no combate, e no ano 69 ocupou a cidade e forzou ao Senado a que recoñecesen a Vespasiano como Emperador. Estamos no ano 69, e nese ano foron nomeados catro emperadores

Véxase tamén

Outros artigos

Imperio Romano

Segue a:
Otón
Vitelio
(69-69)

Precede a:
Vespasiano
Ano dos catro emperadores